10 de out. de 2012

Repaso do Tema da Célula con Nubes de Tags

Deseñamos unha sesión de repaso para o primeiro tema da materia de Ciencias Naturais de 2º da ESO: "A Célula".

Cada alumn@ tivo que encher un formulario no seu computador consistente en cumprimentar un campo co seu nome e cinco campos cada un cunha palabra, un concepto, un proceso,... que tivera que ver co que acabábamos de traballar na aula.

Este formulario foi desenvolvido usando os webforms de Drupal da web corporativa do centro. Os resultados poden ser visualizados e descargados a unha folla de cálculo. A seguir, cópiase a listaxe dos conceptos e cólanse na web Wordle, que nos volve unha imaxe coa nube conceptual creada polo alumnado.

Unha alternativa máis popular que a de botar man de Drupal son os formularios de Google Docs, con mesmas funcionalidades, mais con dependencia de elementos exteriores.

A nosa nube foi a seguinte:


Grazas a esta imaxe e á PDI puidemos relacionar estes conceptos, clasificalos por temas, nomealos en determinados procedementos ... e reparar no que o grupo considerou que era "o importante".

Exercicio. Cos conceptos reflicitidos na nube de tags, elabora por parellas frases que conteñan (sinaladas en MAIÚSCULA) polos menos 3 desas palabras:

Exemplo:  As MITOCONDRIAS son os ORGÁNULOS encargados da RESPIRACIÓN da CÉLULA EUCARIOTA




8 comentarios:

  1. Andrea Ayaso e Fátima Castro.19 de out. de 2012, 13:55:00

    Os CLOROPLASTOS e os VACÚOLOS son ORGÁNULOS da CÉLULA VEXETAL.

    ResponderEliminar
  2. Andrea López e Clara19 de out. de 2012, 13:55:00

    Hai dous tipos de NUTRICIÓN: AUTÓTROFA e HETERÓTROFA.

    ResponderEliminar
  3. Os CLOROPLASTOS son os ORGÁNULOS que se encargan de facer a FOTOSÍNTESE.

    ResponderEliminar
  4. Hai dous tipos de CÉLULAS: EUCARIOTAS e PROCARIOTAS.

    ResponderEliminar
  5. Víctor e Mario Vecino19 de out. de 2012, 21:21:00

    As MITOCONDRIAS son ORGÁNULOS que se encargan da RESPIRACIÓN celular.

    ResponderEliminar
  6. Temos dous tipos de NUTRICIÓN, nutrición HETERÓTROFA e AUTÓTROFA.

    ResponderEliminar
  7. Tanto as CÉLULAS ANIMAIS coma as VEXETAIS son EUCARIOTAS.

    ResponderEliminar
  8. Hai dous tipos de CÉLULAS, celulas ANIMAIS E VEXETAIS.

    ResponderEliminar