Dentro do conxunto de actividades que se desenvolveron no noso centro con motivo do Día da Paz, achegámonos á situación de esclavitude que viven aínda hoxe en día moitas mullleres no mundo. Grazas a colaboración de Médicos sen Fronteiras, tivemos uns días un burka no instituto, a peza de roupa coa que tapan rostro e corpo as mulleres doutras sociedades nas que a ostentación de dereitos básicos segue a ser unha utopía.
Esta actividade tivo a súa semente no artigo A Loita de Malala, escrito por dúas compañeiras de 2º da ESO, no que quixemos apoiar o traballo deste rapaza paquistaní a favor do dereito á educación no seu país.
Enmarcamos a actividade nun contexto especialmente sobrio, sen vídeos nin fotografías, para que de maneira voluntaria, alumnado e profesorado puxera esta prenda e compartira as sensacións que lles produciu esta experiencia.
Esta táboa recolle a estatística cos resultados obtidos:
Estes datos dan lugar á seguinte nube de palabras, que dá testemuña do que sentimos ao poñer o burka.
Agradecemos a todas as persoas que participaron nesta actividade a súa implicación, pero especialmente mandamos un grande saúdo a Amaia de Médicos sen Fronteiras. Ela fixo posible que nos achegaramos un pouquiño a este drama humano contra o que nos rebelamos dende Palas de Rei.
Amosando publicacións coa etiqueta Malala b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Malala b>. Amosar todas as publicacións
8 de feb. de 2013
23 de out. de 2012
Malala´s Fight [English Version]
Malala
Yousuzfai is a 14-year-old Pakistani girl who was shot on the ninth of October
last because of her fight in favour of civil rights,especially for women who
were not allowed to access education. Malala was very brave and fair for society. Was
what she did so serious? I don´t think so. What was her crime? Just trying to
help the women of her country? Anyway, I have always thought that going to school
was awful, but I realise now that it is something unachievable for thousands of
girls like Malala. I look around and what can I see? Textbooks, homework,
learning... things that Malala fights for and so many people in The First World
reject, curse or even hate. Nobody stops to think about the people who fight
for this and can lose their lives. I think the Taliban were terribly unfair and
cowardly to attack in such a violent way a girl who didn´t do anything wrong. Now, because
of them, she was seriously injured, which she will remember for the rest of her
life. And we,as girls and boys of the same age, want to tell you that you must
be strong and keep on fighting for the things you really believe in. At
present, we are concious about the fact that we have the privilege of being able
to attend the school without any difficulty.
Malala, you
are a special girl who can undoubtedly achieve all you want to. We support
you.
We
encourage you to continue forward.
Andrea L. & Fátima C.
2ºESO's Representatives
of Palas de Rei High School
Note: Student's messages in favour of Malala in Galician version post.
Thanks to Bela for her help!
19 de out. de 2012
A loita de Malala
Malala Yousuzfai é unha nena paquistaní de 14 anos que o pasado 9 de outubro foi agredida cunha bala por defender os dereitos civís, especialmente os das mulleres ás que lles prohibían a educación. Malala foi moi xusta e moi valente coa sociedade. Foi tan grave o que ela fixo? Penso que non. Que delito cometeu? Intentar axudar ás mulleres do seu país? Vaia, sempre pensei que ir ao instituto era moi cargante, pero agora doume conta que é algo inalcanzable para miles de rapazas como Malala. Miro o meu redor e ... que vexo? Libros do instituto, deberes, aprendizaxe... cousas polas que loita Malala e que tanta xente do primeiro mundo rexeita, maldice e ata odia. Ninguén se para a pensar nas persoas que loitan por isto e que chegan ata a perder a vida. Creo que os talibáns foron moi inxustos e á vez cobardes por agredir desa forma tan violenta a unha nena que non fixo nada malo. E agora por culpa deles, recibiu un golpe duro que recordará toda a súa vida. E nós, como nenos e nenas da túa idade, queremos dicirche que sexas forte como fuches ata o de agora, que loites polo que de verdade queres. Agora dámonos conta de que somos moi privilexiados ao poder ir ao instituto sen ningunha dificultade.
Malala, es unha rapaza que sen dúbida algunha conseguirás todo o que te propoñas. Apoiámoste.
Ánimo e adiante! :-)
Malala, es unha rapaza que sen dúbida algunha conseguirás todo o que te propoñas. Apoiámoste.
Ánimo e adiante! :-)
Andrea L. e Fátima C.
en representación do grupo
de 2º da ESO do IES de Palas de Rei
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

