25 de out. de 2012

Podemos viaxar ao centro da Terra?

por Noelia G. (1º  ESO)

O outro día comezamos a clase propoñéndonos unha pregunta: podemos chegar ao centro da Terra? Con este video recordamos o libro de Julio Verne, Viaxe ao Centro da Terra, que entre tantos libros que el escribiu  foi o único que o home non deu levado á realidade. E como mostra o vídeo que nos ensinaron na clase, non vai ser posible cumprir este obxectivo.
A parte de que tardaríamos 58 anos en chegar, as temperaturas alí son moi altas. Temos traxes que soportan 1100 graos centígrados, pero só no Manto atínxense os 2500 graos centígrados. Sen contar que o manto non o daríamos pasado xa que é rocha en estado sólido. Tamén temos que reparar no aire, que para un día nos fan falta 24 tanques e para 58 anos 500.000 tanques!



O ser humano con todas as súas probas polos camiños da ciencia demostrou que o soño de Julio Verne nunca se fará realidade.

1 comentario:

  1. Como é que o núcleo interno da Terra está en estado sólido e o núcleo externo que está a menos temperatura e está en estado líquido? non o entendo...

    ResponderEliminar