Amosando publicacións coa etiqueta Xeoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeoloxía. Amosar todas as publicacións

7 de abr. de 2014

A Cabeceira de The Big Bang Theory

Nicolás  Sánchez (1º da ESO)

The Big Bang Theory é unha serie  protagonizada por dous físicos chamados Leonard e Sheldon, un enxeñeiro espacial chamado Howard, un físico hindú chamado Rajesh e unha camareira chamada Penny. Tamén hai personaxes secundarios como Amy, a moza de Sheldon e Bernadette, a muller de Howard. Esta serie bótana no canal Neox todas as tardes de 4:35 a 6:00. A min esta serie gústame, e declárome seguidor.

Na súa cabeceira aparecen 109 diapositivas, reproducidas nuns 35 segundos, todas elas relacionadas coa historia da vida.
       
Na clase de Ciencias Naturais, durante o mes de xaneiro, cada un de nós elaborou un timeline biolóxico (Historia da Vida) e un timeline xeolóxico (Historia da Terra). Daquela decidimos investigar cales destas 109  imaxes foron as identificadas por nós e cales non o foron. As identificadas foron as seguintes:
             
  • A aparición dos anfibios.
  • A aparición dos réptiles.
  • Os dinosaurios.
  • A evolución do home.
  • A invención da roda.
  • As pinturas rupestres.
  • A bombilla.
                          
Pero nós tamén identificamos outras que non aparecen na cabeceira. Algunhas son:

  • A orixe da atmosfera da Terra.
  • Explosión Cámbrica.
  • Extinción dos dinosaurios.
  • Primeiros homínidos.
  • A aparición da agricultura.
  • A Imprenta (Gutenberg).
  • A Explosión Demográfica.

Aí vos deixamos a famosa cabeceira!


Tamén achegamos esta versión extendida, subtitulada e debuxada:


17 de feb. de 2014

Máis Mostras de Cuarzo


Moito temos falado nas aulas da abundancia do Cuarzo nas terras da Ulloa. Mesmo houbo quen escribiu un artigo sobre o tema.

Aquí deixamos outro bon exemplo vía Noel Gavieiro (1º A).

Trátase dunha mostra de Cuarzo atopado no lugar de A Escrita, parroquia de Mosteiro. Noel pousou un bolígrado sobre a pedra para dar fe do seu tamaño.

Grazas Noel!


18 de dec. de 2013

Falando dos Minerais

1º ESO


Se tiveras un minuto para describir un mineral, presentar a súa localización minas e xacementos e explicar os seus usos tecnolóxicos, medicinais, etc... pensarías que che había faltar moito tempo.

Pois un minuto dá para moitas cousas, e se non o cres, repara no seguinte exercicio.


Material recompilado no curso de 1º B

Exercicio: Achega un dato, característica, anécdota da exposición feita por algún dos teus compañeiros/as.

Exemplo: No Balneario de Pambre hai fontes de augas SULFUROSAS.

17 de out. de 2013

O campo magnético terrestre

1º da ESO

Entre as características do noso planeta, hai unha que nos chamou especialmente a atención polo pouco que sabíamos dela. Trátase do campo magnético, unha envoltura invisible que nos protexe das radiacións do exterior e que fai apuntar as brúxulas cara o Norte.

Este artigo do blogue Francis (th)E mule News explica de onde provén o campo magnético terrestre e fálanos de que algún día as brúxulas apuntaron cara o Sul. O artigo está baseado na intervención do autor do blogue, o profesor Francis Villatoro, no programa de radio La Rosa de los Vientos.


Exercicio. Achega un dato ou característica que captaras do programa de radio escoitado na clase.

Exemplo: O núcleo da Terra é do tamaño de Marte e núcleo interno é do tamaño da Lúa


TimeLine Xeolóxico

1º ESO

Os primeiros temas da materia de Ciencias Naturais de 1º da ESO tratan da situación da Terra no Universo e da súa composición. Para ter unha idea en perspectiva de como se formou o noso planeta, como foi evolucionando ata os nosos días, e o futuro que lle espera desde un punto de vista xeolóxico visionamos este vídeo sobre a Orixe da Terra e construímos un TimeLine coa súa Historia.

Debuxo realizado por Claudia Neyra

Exercicio: Achega na sección de comentarios un dato ou un acontecemento dos explicados no vídeo.

Exemplo: Hai 250M de anos, un cataclismo xeolóxico provocou a extinción do 95% das especies que habitaban a Terra.

20 de xuño de 2013

Petróleo!

por Paula García (2º da ESO)

. QUE É?

O petróleo é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra, consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos. Tamén está formado por metais como o níquel e o vanadio.

 . COMO SE FORMA O PETRÓLEO?

Hai varias teorías que falan da formación do petróleo, a máis destacada é a teoría orgánica que di que o petróleo se formou a partir de restos de animais e algas acumulados no fondo das lagoas e no curso inferior dos ríos. Esta materia orgánica foise cubrindo en capas que en determinadas condicións de presión, temperatura e tempo tranformáronse lentamente en hidrocarburos, que xunto con outros gases e metais formaron unha mezcla. Esta mezcla constitúe o petróleo cru.

 . ONDE SE ENCONTRA O PETRÓLEO?

O petróleo encóntrase en formacións rochosas nas profundidades da Terra. As rochas porosas do interior da Terra reteñen cantidades de petróleo. O país do mundo onde se atopa máis petróleo é en Arabia Saudita, o 22,2% da cantidade do petróleo mundial.

. PARA QUE USAMOS O PETRÓLEO?

O petróleo úsase para:

- A industria: plásticos, aceiros, electrodos, fibra óptica…
- A alimentación: latas, envasados de alimentos, botellas…
- A fabricación textil: sola de zapatos, fibras sintéticas, tratamento de peles…
- A limpeza: productos de limpeza…
- A medicina: implantes de odontoloxía, gafas…
- Combustibles: calefacción, automóbiles, avións…
- Construcións: estradas, formigón, pinturas…
- A fabricación de mobles: aglomerados, produtos laminados…
- O papel: libros, tratamentos de papeis e cartóns… 

. PROBLEMAS DE ESCASEZ DO PETRÓLEO.

O petróleo é unha enerxía non renovable, o aumento da súa demanda implica a explotación excesiva do mesmo. Ao haber menos petróleo, suben os prezos. Estímase que a humanidade consumiu en cen anos, case a metade do petróleo existente inicialmente, co cal se necesitaron millóns de anos para a súa formación no subsolo. Algúns estudos veñen dicindo dende fai décadas, que unha vez consumida a métade do petróleo, o ritmo de extración comezaría a decaer. Isto implica que no século XXI baixou moito o recurso esencial para a economía e para o sistema de vida actual. Prodúcese un gran problema, xa que non se coñece outro recurso coas mesmas características có petróleo. As reservas do petróleo baixaron tanto, de xeito que no ano 1900 (s. XIX) dispoñíase do 100% das reservas mundiais do petróleo e no ano 2000 (s. XX) tan só se dispoñía do 55% das reservas mundiais.


15 de maio de 2013

Aquí é Hoxe (Here is Today)

por Valentina Hornos (1º ESO)

Todos nos preguntamos alguna vez como sería se alguén resumira o día de hoxe comparándoo ao mes, ano, século… Pois eso e exactamente o que vou facer eu.

O día que fixen o traballo foi un martes entón imos resumir ese mesmo día. Como pode pasar un día tan longo a convértese nun día tan insignificante?

Se comparas ese día co mes de marzo verás que ese día diminúe cada vez máis, como se fora una mazá, cada vez que a vas comendo vaise quedando máis pequena, pois é exactamente o mesmo.

Agora imos a comparar ese mesmo día cun ano…

Ese día vai a disminuir cada vez máis ata que non nos demos conta de que existe, pero hai unha diferenza en canto o comparamos co mes de marzo, esta vez tamén disminúe o mes e o día en torno ao ano 2013.

Despóis imos comparar ese día co 1º Milenio, 2º Milenio, e 3º Milenio, e a continuación, hai 11500 anos, a chamada Época Helocénica. Despois o Periodo Cuaternario hai 2,5 millóns de anos, a Era Cenozoica hai 66 millóns de anos, o Eón Phanerozoico hai 542 millóns de anos e a formación da Terra hai 4540 millóns de anos.

A seguir imos facer a conta artás: nace a vida hai 3600 millóns de anos, primeira fotosíntese hai 2500 millóns de anos, nacemento do primeiro peixe hai 500 millóns de anos, creación dos insectos hai 400 millóns de anos, formación dos réptiles hai 360 millóns de anos, nacen os mamíferos hai 200 millóns de anos, aparición das aves hai 150 millóns de anos, formación do ser humano (homo sapiens sapiens) hai 200,000 anos e finalizamos na creación do universo hai 13700 millóns de anos.

Toda a información que empreguei para facer este traballo busqueina na web de “Here is today” alí, senón entendiches algo de aquí, aparéceche moi ben explicado.



30 de abr. de 2013

Canto de Altas Poden Ser as Montañas?

por Ángel Morandeira (2º ESO)

O monte máis alto do noso sistema solar é o Monte Olimpo con 21.000m de altura e está en Marte.

Poderíamos ter unha montaña tan alta no planeta Terra?

1-Se nos baseamos na gravidade e a resistencia as rochas si poderíamos pero...

2-Non, porque a esa altura non terías osíxeno para respirar, necesitaríamos un traxe espacial.

3-A codia está formada por placas continentales que flotan nas rocas semisólidas do manto. Unha montaña de 45 km de altura ten moito peso e fundiriase e derreteríase coa calor deste, quedando a montaña con só 15 km de altitude.

4-Por outro lado, dúas placas que chocan entre elas para formar a montaña fracturan e fenden a súa estructura. Tamén, os aires e as choivas debilitan o soporte da montaña ao cabo de millóns de anos. A erosión pode arrincar os anacos no cumio da montaña e así diminuír a súa altura. Tamén pode afectar o afundimento no manto terrestre.

Conclusión: No planeta Terra non pode haber montañas tan altas.


Vídeo feito por Minute Earth traducido por Ever Salazar.

Terremotos en Galicia

por Adrián Rúa (2º ESO)

Na clase de Ciencias Naturais estamos dando o tema da dinámica interna do planeta e, un dos seus apartados son os terremotos.

Ollade o seguinte mapa que mostra a actividade sísmica en Galicia:

Como vemos, un dos lugares con máis sismos en Galicia é Triacastela (Lugo). Esta zona foi o epicentro de moitos sismos, pero preguntarédesvos, por qué precisamente este lugar?

Pois esta pregunta non ten unha resposta exacta, pero segundo uns datos recollidos entre os anos 1999 e 2002 din que a abundancia de sismos rexistrados en Triacastela débese a un marco tectónico situado no interior da codia terrestre, a pouca distancia da superficie.

O día 1 de xaneiro de 2013 produciuse un sismo que alcanzou unha intensidade de 3,4 graos, pero un dos máis importantes foi o ocurrido no ano 1997, que tivo unha intensidade de 5,1 graos.

Fóra de Galicia, tamén houbo importantes terremotos en España como o de Lorca (2011), que tivo unha intensidade de 5,1 graos e en Lisboa (1775), que é o terremoto máis destructivo da Península Ibérica, cunha intensidade de graos na escala de Richter (ver mapa).


15 de abr. de 2013

O Raio da Terra

por Richard Teixeira (2º da ESO)

"Isto é Matemática" é un programa de divulgación matemática de cadea portuguesa SIC Noticias. Emítese todos os sábados ás 20:50h e condúceo Rogério Martins.

Este capítulo ten como obxectivo averiguar o raio da Terra. Rocío Pérez, a compañeira de 1º da ESO, xa contou como Eratóstenes resolvera este problema. Como fixeron para calculalo esta vez?

Escolleron dúas cidades portuguesas Lisboa e Sagres. Rogério andou en bicicleta desde Sagres a Lisboa e comprobou que había 200 km. entre ambas as dúas cidades. Despois chantou dous paus e mediu o ángulo que formaban os paus coas raxeiras dos sol. En Sagres medía 7 graos e en Lisboa 8,8 graos. Polo tanto había unha diferenza de 1,8 graos. Fixen este debuxo para entendelo mellor:



Para calcular o raio da Terra (un volta completa son 360 graos) temos que resolver un problema de proporcionalidade directa como xa fixemos este ano na clase. Faremos esta Regra de 3:

Ángulo (graos)          Lonxitude (km)

         1,8  ------------------------- 200
        360  --------------------------  x

Polo tanto x=360*200/1,8=40000 km.

Así obtivemos que a Terra ten un perímetro de 40000 km aproximadamente.

Para calcular o raio temos que dividir por 2π e obtemos 6366 km.

Aquí deixamos o capítulo íntegro:


12 de mar. de 2013

Eratóstenes e o Pozo sen Sombra

por Rocío Pérez (1º da ESO)


Carl Sagan foi autor, co-autor e editor de máis de 20 libros de divulgación científica. Tamén publicou numerosos artigos e tamén foi un grande astrónomo. Se queredes saber máis del, e da súa carreira como astrónomo podedes mirar o traballo “Grandes astrónom@s”, que fixemos na primeira avaliación. Neste artigo fálanos dun grego que mediu a Terra.

Eratóstenes, o protagonista principal deste vídeo, foi astrónomo, poeta, xeógrafo e filósofo do século III a. de C., xa que el posuía unha grande variedade de coñecemento e aptitudes para o estudo. Neste vídeo Carl Sagan explica o grande descubrimento de Eratóstenes, saber que a Terra era redonda e ao mesmo tempo saber canto era o perímetro terrestre. Antes, todos pensaban que a Terra era plana, pero Eratóstenes demostrou que non era así, este home cambiou a forma de ver a Terra, demostrou que era redonda.

Sagan conta como nesta epoca se sabía que nun día do ano, ao mediodía, e nun pozo da cidade de Siena os raios do Sol alumaban o fondo, é dicir, incidian perpendicularmente. Nese momento, Eratóstenes observou que en Alexandría (a 800 km de Siena) un pau facía unha sombra de 7º.

A única resposta era que a superficie da Terra era redonda. Co seguinte problema de proporcionalidade numérica, que resolvemos por unha regra de tres como aprendimos este ano en clase, Eratóstenes calculou cal era o perímetro da Terra:

Angulo(º)                                      Distancia(km)

      7          --------------------------------      800

   360         ---------------------------------      X

X= 800 x 360/7 = 4143 km

Tendo en conta que o perímetro da Terra, medida cos GPS de hoxe en día é 40467 km hai que recoñecer que foi  unha excelente aproximación.

 

Eratóstenes cambiou o mundo. Fíxoo redondo!





8 de mar. de 2013

Our Story in 2 Minutes

E como todas as entradas non podían ser do alumnado de Palas, aquí deixamos este vídeo que ten moito que ver co artigo de Silvia e Valentina.

Realizouno un rapaz americano de secundaria e conseguiu máis de 8 millóns de visitas no youtube!



28 de feb. de 2013

Marta, Cóntoche a Vida?

 texto Silvia Viña,  debuxo Valentina Hornos (1º ESO)

- Ola Silvia!

- Ola Marta!

- Cando ía camiñando pensei: ”Como pode ser que exista o universo, como existimos nós?”… E cando vin a túa casa decidín virche preguntar se o sabías.

- Pois mira que sorte tiveches, nós na clase de ciencias naturais estámolo dando.

- Poderíasmo contar?

- Claro, senta naquel banco que cho conto. Todo empezou cunha grande explosión chamada “Big Bang”. Grazas a esa explosión formouse o universo e o Sol. O Sol empezou a formar o Sistema Solar onde había 8 planetas. Un dos 8 planetas era a Terra que se formou hai 4.500 millóns de anos.
Marta sabes que é una célula?

- Si, é como un bichiño  microscópico que está no noso organismo.

- Exacto, Marta. Pois é que fai 3.700 millóns de anos apareceu a primeira célula. Despois  desta célula foron aparecendo máis células. Tamen apareceron unhas células que producían osíxeno. Grazas a ese osíxeno empezouse a formar a vida, como esponxas, fungos, algas,medusas…Pero….

- Que emocionante, pero como sigue!

- Hai 450 millóns de anos houbo una extinción masiva.

- Pero  acabou con todo?

- Non, algunha vida non morreu e esa vida evolucionou e apareceron as plantas, insectos, anfibios e réptiles. Aos 400 millóns de anos os dinosaurios, aves, mamíferos....

- Como mola! Pero eran dinosaurios, dinosaurios?

- Non, eran dinosaurios pequenos. Os grandes apareceron hai 100 millóns de anos. Pero depois de existiren os dinosaurios, os 65 millóns de anos hai una extinción masiva.

- Cantas extincións!

- Si, pero grazas a está extinción hai outra evolución da vida a chimpancés,  cabalos, gorilas e felinos. E sobre todo aos 4 millóns de anos aparecen os primeiros australopythecus.

- E que eran os australopythecus?

- Os australopythecus eran monos que parecían homes moi peludos que andaban a dúas patas.

- Que guay!

- Despois desas criaturas foron evolucionando hasta chegar os homo sapiens sapiens, que somos nós. Chegou tamen hai 30.000 anos a arte rupestre, a metalurxía, as táboas sumerias, os xeoglificos e a roda. Tamen apareceu o latín, que as nosas linguas derivan del. E cara os 100 anos apareceu a luz eléctrica.

- Dígoche que o noso pasado é moi emocionante.

- Espero que te sigas interesando pola ciencia.

- Despois disto, si que me seguirei interesando pola ciencia. Gracias, por contarmo.

- De nada Marta. Adeus!





Traballo baseado neste espectacular TimeLine de John Kirk

17 de xan. de 2013

O Cuarzo de Carteire


por José C. (1º da ESO)

Cerca da miña casa na parroquia de Carteire en Palas de Rei está o terreo da Costa parte desbrozado para pasto e parte para plantar carballos. Entre os montes de Carteire e Mosteiro hai un xacemento de cuarzo/seixo apreciable a simple vista aínda que ao andar vese tamén soterrado. Despois de o arar aínda se ve moito máis.

Tamén hai pizarra aínda que abunda máis o cuarzo. As pedras sacámolas dos prados de pasto porque senón estragan a maquinaria. Nesta terra hai moito fondo e tamén é unha terra moi húmida. Despois de tratar o tema dos minerais na clase, achegueime ao terreo da Costa e saquei unhas fotos para enseñarllellas aos meus compañeiros.

Nesta foto vemos algunhas pedras extraídas das fincas, a maioría cuarzo, só que algún está soterrado.


Nesta outra vemos algunhas pedras levantadas, a maioría, cuarzo:


E por último vemos tamén bastante cuarzo, despois do desbrozado das fincas:

14 de xan. de 2013

O Ciclo das Rochas


redacción conxunta 1º ESO


Existen 3 tipos de rochas: sedimentarias, magmáticas e metamórficas. A diferenza do que nós pensabamos non permanecen estables senón que están nun continuo cambio de estado que dura millóns de anos. O proceso é o seguinte:

As rochas metamórficas poden sufrir dúas trasformacións:
  • Fundirse en magma debaixo da codia terrestre. (Melting no diagrama)
  • Separarse en sedimentos pola acción do clima e a erosión (Weathering and Erosion) formando, miles de anos despois, rochas sedimentarias.
Co paso do tempo as rochas fundidas do magma arrefecen (Cooling) de dúas posibles maneiras: No interior (plutónicas como o granito) ou no exterior (volcánicas como o basalto). A estes dous tipos de rochas chámanselles ígneas ou magmáticas.

As rochas magmáticas poden a súa vez volverse a fundir en magma (Melting), separarse en sedimentos (Weathering and Erosion) ou por efecto da presión e a calor (Heat and Pressure) tránsformanse de novo en rochas metamórficas como por exemplo lousa e mármore.
Por último os sedimentos compáctanse (Compacting) formando un tipo de rochas estratificadas chamadas sedimentarias (xeso, carbón, arxila, arenita, ...) que co paso de millóns de anos poden formar novos sedimentos ou compactarse dando lugar a outras rochas metamórficas.

Podes acceder ao diagrama interactivo da imaxe premendo aquí.

Aínda que os procesos que compoñen este ciclo duran centos de miles de anos, podemos visualizar unha parte deles na erupción dun volcán (enfriamento de magma no exterior). A máis espectacular que encontramos é esta do volcán Maroum no arquipiélago de Vanuatu obtida do blog Fogonazos:






20 de dec. de 2012

Os Minerais

O alumnado de 1º da ESO desenvolveu na última semana antes das vacacións de Nadal a seguinte presentación de diapositivas consistente nunha compilación de Fichas de Minerais. Podes seguir os detalles técnicos do proceso neste artigo. Cada parella presentou as súas fichas de minerais e os resto de compañeiros/as deberán engadir nos comentarios as súas características máis sorprendentes.

Presentación Colaborativa Esquivando Google Docs/Drive

Neste artigo debullamos os pasos seguidos para o desenvolvemento da presentación Os Minerais, consistente nunha compilación de fichas homoxéneas cumprimentadas polo alumnado de 1º da ESO.

A principio de curso realizaramos un traballo cunha técnica semellante que evitaba actuar sobre Google Docs/Drive. Podes consultalo na ligazón Grandes Astrónomos. Os hábitos adquiridos axudaron a axilizar o desenvolvemento da presentación, que tivo lugar nunha aula Abalar, con equipos funcionando baixo Ubuntu e aplicacións libres e gratuitas.

Os pasos seguidos foron os seguintes:

- Usando o software libre Gimp, deseñouse un fondo para as diapositivas da presentación. Con lixeiras nocións pódese crear algo parecido a esta imaxe:
 

- Co software libre Libre Office Impress, encheuse unha diapositiva a modo de exemplo e distribuiuse entre o alumnado (Moodle, Dropbox, email, pens, Google Drive, ...)


- Con ese ficheiro, cada parella debía modificar os datos do exemplo e mudalos ao mineral que escollían dinamicamente dunha listaxe proxectada na PDI pasando a cumprimentar á seguinte diapositiva.

- Finalmente gardaban o ficheiro en formato pdf para evitar desagradables sorpresas á hora de traballar noutro equipo.

- Para compilar todos os documentos nun único ficheiro pdf final hai varias posibilidades. Nós escollimos a ferramenta pdftk. Despois de a instalar, executamos na liña de comandos dende o directorio que contén os pdfs:

pdftk *.pdf cat output minerais.pdf

- O resultado subímolo á nube e podémolo visualizar aquí.

25 de out. de 2012

Podemos viaxar ao centro da Terra?

por Noelia G. (1º  ESO)

O outro día comezamos a clase propoñéndonos unha pregunta: podemos chegar ao centro da Terra? Con este video recordamos o libro de Julio Verne, Viaxe ao Centro da Terra, que entre tantos libros que el escribiu  foi o único que o home non deu levado á realidade. E como mostra o vídeo que nos ensinaron na clase, non vai ser posible cumprir este obxectivo.
A parte de que tardaríamos 58 anos en chegar, as temperaturas alí son moi altas. Temos traxes que soportan 1100 graos centígrados, pero só no Manto atínxense os 2500 graos centígrados. Sen contar que o manto non o daríamos pasado xa que é rocha en estado sólido. Tamén temos que reparar no aire, que para un día nos fan falta 24 tanques e para 58 anos 500.000 tanques!



O ser humano con todas as súas probas polos camiños da ciencia demostrou que o soño de Julio Verne nunca se fará realidade.

16 de out. de 2012

A Orixe da Terra


Comezamos en 1º da ESO a segunda unidade de Ciencias que trata do planeta Terra.

O seguinte documental de 25', moi aquelado para este nivel educativo, explica moi sinxelamente como se formou o noso planeta, como evolucionou ata os nosos días e como o fará no futuro. Tiramos moitas conclusións e abofé que nos habemos seguir sorprendendo no futuro.