14 de out. de 2012

Grandes astrónom@s


Quixemos investigar un pouco máis sobre a vida e obra dos/as máis importantes astrónomos/as da Historia. Cada parella responsabilizouse de resumir e achegar os aspectos fundamentais destes coñecedores do Universo.

A idea inicial consistía en desenvolver unha presentación colaborativa en Google Docs (Google Drive), mais os accesos simultáneos provocaban erros que facían pouco operativa a metodoloxía. Parece que nos últimos anos a aplicación de diapositivas de Google non evolucionou ao nivel da de texto ou ao de follas de cálculo. Optouse por descargar a plantilla común e traballar coa aplicación en local. Despois compuxéronse nun pdf.

A tarefa completouse cunha sesión onde o alumnado presentou o seu traballo realizando un exercicio de divulgación científica onde acrecentou información, presentou novo material e respostou a preguntas.

Achegamos unha mostra do realizado.


7 comentarios:

  1. Valentina.H. Silvia.V.16 de out. de 2012, 12:45:00

    En Lalín pódese encontrar un monumento homenaxeado a Ramon Maria Aller feito polo escultor Francisco Asorey

    ResponderEliminar
  2. Carl Sagan defendía na sua obra o escepticismo científico,o huminos e o metodo científico

    ResponderEliminar
  3. Rocio B.o e Rocio B.R16 de out. de 2012, 12:47:00

    El 17de octubre de 1.604 Kepler obsrevou unha supernova queposteriormente se chamaria estrela de Kepler.A explosión ocorreu fai 20.000 anos atras.

    ResponderEliminar
  4. No noso traballo averiguamos que entre todos os telescopios máis bos do mundo hi un chamado como un dos grandes astronomos. Este telescopio chámase telescopio espacial Hubble.

    ResponderEliminar
  5. 2Galileo,foi xulgado herexe pola inquisición,nese mesmo xuízo formuláronlle unha pregunta.Que era se ha Terra se movía se decía que sí botábano a fogueira e si decía que non estaba mentindo,porque el sabía que a Terra se movía.A sua reesposta foi como se movia se deus nos fixera ser o centro do universo e despois dixo "e por movese" que en latín é "eppur si mouve".

    ResponderEliminar
  6. Stephen Hawking ten unha cadeira que pode falar por el. A cadeira ten un sintetizador de voz que está conectado ao seu cerebro. Se quere expresar algo a cadeira fala por el.

    ResponderEliminar
  7. Christian Huygens foi un matemático,astrónomo e físico holandés que estivo moi influido por René Descartes.Ao longo da sua vida escribiu moitos libros un deles titulase Horologium.

    ResponderEliminar