Traballo realizado polo alumnado de 2º da ESO
O traballo que presentamos foi realizado polo alumnado de 2º de ESO coa aplicación informática
GIMP. Trátase dun sistema de edición dixital da imaxes que permite o tratamento utilizando a técnica de capas. É, ademais, un software libre e gratuito instalado en todos os equipos do Proxecto Abalar.
Cada parella tiña asignado un ecosistema. Procuraron unha imaxe de fondo en internet e foron acrecentando os elementos máis característicos establecendo entre eles as relacións bióticas correspondentes. Para lle dar homoxeneidade ao traballo e incorporar elementos innovadores, engadíronse
códigos QR de texto, substitutivos de títulos e sinaturas, que identifican o ecosistema e os autores/as da composición.
Finalmente o traballo foi presentado coa axuda da Pizarra Dixital Interactiva en clase e exposto nos corredores do instituto.
Para a avaliación tivéronse en conta aspectos técnicos e curriculares. Valorouse o acabado final, a orixinalidade, a incorporación de filtros e outros retoques, uso de escalas, perspectivas e simetrías, etc...En cada composición debían estar presentes relacións bióticas entre os elementos incorporados, e na presentación se debía detallar as características climáticas, ambientais, xeográficas, ... do ecosistema e a pirámide trófica correspondente, con presenza de individuos de cada nivel trófico.
O traballo complétase co seguinite exercicio a desenvolver nos comentarios:
Exercicio: A partir das presentacións realizadas polos teus compañeiros/as, elabora unha frase que recolla algún aspecto técnico ou algunha característica dos ecosistemas estudados.