Amosando publicacións coa etiqueta Meteoroloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meteoroloxía. Amosar todas as publicacións

24 de nov. de 2013

O Efecto Invernadoiro

por Noel Gómez (1º A ESO)

En clase de Ciencias Naturais estamos estudando a atmosfera e vimos as consecuencias que tiña o CO2 na atmosfera e as súas consecuencias como o efecto invernadoiro.
Un invernadoiro está construído por cristal ou plástico no que entra a luz do Sol, que quenta o aire e o chan interior. Como as paredes son de cristal ou plástico, impiden que o aire quente escape e así mantén unha temperatura alta. Aquí mostramos unha foto tirada por Noel Gavieiro dun invernadoiro da parroquia de Mosteiro, no concello de Palas de Rei.

Invernadoiro na parroquia de Mosteiro - Noel Gavieiro
Na Terra ocurre o mesmo, a concentración de gases, sobre todo CO2, impiden a saída de raios solares reflectidos. Deste xeito acaban permanecendo na atmosfera da Terra e contribúen a aumentar a temperatura.
Causas:
  • O uso de combustibles fósiles como o petróleo e o carbón provocan unha concentración moi alta de CO2 na atmosfera.
  • Tamén os incendios forestais emiten CO2 na atmosfera.
  • A deforestación das grandes áreas contribúen a que exista menos vexetación para captar o CO2 da atmosfera.
Consecuencias:
  • Se a temperatura do planeta aumentase entre 2º C a 6ºC nas próximas décadas veránse afectadas as colleitas. O nivel de mar subía considerablemente pola desconxelación dos casquetes polares.
  • Pódese comprobar a prolongación da primavera, as temperaturas máis altas durante o período invernal nalgunhas rexións, houbo crecemento notable da vexetación en latitudes septentrionais.
  • No video que vimos na clase sobre a orixe e o futuro da Terra, estimábase que dentro de 15000 anos habería unha nova glaciación e que a Terra se cubriría de xeo. Pode ser que o ser humano estivera a alterar esta evolución.
Protocolo de Kioto:
  • En 1997 os países industrializados comprometense a reducir as súas emisións de gases no protocolo de Kioto. A Unión Europea firmou un compromiso conxunto e único en nome de todos os seus países de reducir as suas emisións totais durante o periodo 2008-2012 nun 8% respecto ás de 1990.
  • As emisións de CO2 de EEUU, en 2005, represetan o 25% das emisións totais no mundo.


6 de maio de 2013

100 días con Chuzos de Punta

por Verónica Pardo (1º da ESO)

Comentábase que este ano foi o mais chuvioso dende xa hai tempo. A xente xa se empezaba a cansar de ter que andar co paraugas todo o día. A choiva ademais de nos estar cansados dela, produciu destragos. Por exemplo, botouse a perder a colleita de cereixas de cedo e así con moitas máis cousas pero tamén se desbordaron moitos ríos provocando a inundación de moitos baixos de negocios cerca do cauce dos ríos.

Pero é tamén algo beneficioso porque os encoros están case ou sen o case ao 100% da súa capacidade cando un tempo atrás estábase a falar de fraccionar o consumo de auga por mor da seca. Eu estiven facendo un estudo meteorolóxico:

Como xa fixeramos nun traballo anterior, tomei os datos da estación de Melide (a máis cercana a Palas) da web de MeteoGalicia. A estación comezou a traballar no 2004, así que só teño datos dende ese ano. Comparei a choiva (l/m2) nos primeiros 100 días do ano en todos eses anos. Fixen unha táboa:


Observando a táboa  podemos ver que dos anos 2004 ata o ano 2013 o que máis choveu foi o 2013. En xaneiro, como podemos observar non chegou nunca a 200 litros por metro cadrado, agás este ano. En febreiro, hai uns meses case non chove e outros que xa están tocando os 200 l  por metro cadrado. En marzo deste ano foi o mes que máis choveu con moitísima diferenza. Así se desboradaron os ríos!. En  abril choveu moito, aínda que bastante menos que o ano pasado.

O gráfico é o seguinte:


Esperemos que tanta chuvia nos dé un respiro no que queda de ano!

30 de xan. de 2013

A Cicloxénese Explosiva Gong

por Noelia García Gavieiro (1º da ESO) 

A cicloxénese explosiva Gong deu comezo o seu paso por Galicia ás 6 da madrugada do sábado 19 de xaneiro. Gong entrou en Galicia provocando grandes ventos, inmensas choivas e, ao seu fin, algunhas nevaradas.


A pesar de todas as chamadas que o 112 puido recibir, non podemos esquecer dos dous mortos que deixou en Cartagena (Murcia). Recordamos que chovía sobre mollado e que os ríos se desbordaron, o Ebro chegou aos 6,2 metros por Castellón (Navarra) e coma este moitos máis. Deixou unha morea de accidentes ao seu paso como cortes de subministro, tamén chegou a tirar árbores etc... Pero o sábado día 19 de xaneiro aínda empeorou a situación, na cidade de Vigo caeron varias árbores que esmagaron moitos coches.

En Cangas o aire arrasou con varios tellados e a auga asolagou baixos comerciais e colexios. A cicloxénese explosiva non deixou recanto sen tocar. Na mañá do sábado houbo grandes momentos de tensión. Nas zonas costeiras os refachos de vento entre 10h e 11h eran de 126-149 km/h. As ondas do mar chegaron a ascender aos 8 m. de altura, e nalgún punto ata os chegaron a superar. As choivas eran tremendamente importantes, entre 90 e 10 l/m2.




Comprobando os datos ofrecidos pola estación meteorolóxica de Melide (a máis próxima a Palas de Rei é a que xa utilizamos no noso Estudo Meteorolóxico) o que choveu no mes de xaneiro no 2012 e o que choveu os días 18 e 19 de xaneiro de 2013, observamos que choveu moito máis en dous días que nun mes. Dado que o 1 de xaneiro foi o día que máis choveu no 2012 e que só choveu 18 l/m2 se llos restamos aos 91,1 l/m2 que foi o que choveu o 18 danos unha diferenza de 73 l/m2 a maiores que o ano pasado!

Estas gráficas (preme para ampliar) achegadas polo meteorólogo Carlos Fdez. Balseiro mostran moi ben o que aconteceu, relacionando os conceptos de presión e velocidade do vento como vimos na clase no tema da Atmosfera:

A presión barométrica empezou as 05:20h arredor de 1007 mb e ao pasar xusto medio día baixou ata os 976 mb. Este cambio brusco é o que determina isobaras moi xuntas e alta velocidade do vento. O aire empezou indo a uns 10 km/h pero acabou a uns 100km/h unha cousa que se nota moito e que causou semellantes estragos.


28 de nov. de 2012

Preguntas e Respostas no Estudo Meteorolóxico


Para completarmos o estudo meteorolóxico do ano 2011 na nosa contorna, respostamos ás seguintes preguntas:

1. Nos días de máis baixa presión atmosférica, canto chove ? E nos días de máis alta presión ?

Xesús, Santiago, José: Observamos que os  días de máis baixa presión (entre 935 mb e 950 mb) chove moito e os días de máis alta (entre 970 mb e 980 mb) non chove nada ou case nada.
Pablo e Aitor: Isto explícase polo visto na clase. Cando hai borrasca (baixas presións) o aire húmido sobe, arrefece, fórmanse nubes e chove. En situación anticiclónica (altas presións) o aire baixa, non se forman nubes e o tempo é seco e soleado.

2. En que estación foron os tres días de máis chuvia ?

Rocío P. e Jenifer: Os tres días de máis chuvia foron o 11/11/2011, 26/10/2011 e 23/10/2011, polo tanto 3 días de outono. Estes días choveu entre 35,44 e 55 litros por metro cadrado.
Pablo e Aitor: Foron días de baixas presións entre 945 mb e 951 mb.

3. Cando sopra o vento do leste, son días chuviosos? e do Oeste?

Bibiana e Laura: O vento do leste ven expresado cun ángulo de 0 graos. Cando sopra desta dirección non chove nada ou case nada. Cando sopra do oeste son días en xeral chuviosos. Isto explícase porque o vento do leste ven da península (seco) e o vento do oeste ven do mar (húmido)

4. En que estación se dan os días de menor variación térmica?

Rocío Br. e Valentina: En inverno. O día de menor variación foi o 11 de xaneiro onde se rexitrou de mínima 10 graos e 11,6 graos de máxima. 

5. En xeral, de onde sopra o vento os días de máis calor ?

Alba e Iria: Normalmente nos días calurosos sopra o vento do sul, aínda que a dirección do vento non determina directamente que temperatura hai. De feito, o día máis caluroso do ano (25 de xuño) soprou vento do norte.

6. Hai datos con valor de -9999, a que cres que se debe?

Javier e Manuel: A estación no recolleu eses valores durante uns días.
Meritxell e Rocío Ba: O catavento estivo estragado 1 día.
Xesús, Santiago e José: O higrómetro  non funcionou durante 3 días. Resolvimos estes problemas facendo a media.
Noelia e Verónica: A media debería ser con respecto aos días imendiatamente anteriores e posteriores.

7. De onde sopra o vento os días máis húmidos ? E os menos húmidos ?

Rocío Br. e Valentina: Sopra do oeste. Isto explícase porque o vento vén do mar e polo tanto esta máis húmido.
Javier e Manuel: Nos días máis secos o vento sopra do leste, vén de Castela.

8. Como estaban as isobaras sobre Melide a principios do ano 2011?

Meritxell e Rocío Ba: Ordenamos os datos polo campo "data" e observamos que eses días a velocidade do vento oscilaba entre 2 e 5 km/h. Polo tanto ía moi a modo e as isobaras debían estar separadas.
Pablo e Aitor: Observamos tamén que a presión barométrica era alta e que non chovía case nada. Por iso hai unha situación anticiclónica e polo tanto estabilidade.

9. De onde sopra o vento con máis forza ?

Rocío P. e Jenifer: Os 4 días que máis vento fixo soprou dirección nordés.

10. Describe como era a situación atmosférica os días máis fríos do ano.

 Pablo e Aitor: Ordenamos a táboa pola temperatura. Reparamos en que os días de frío hai altas presións e a velocidade do vento é baixa porque hai situación anticiclónica e polo tanto estable. Nesta situación o aire baixa das capas altas cara á terra e por iso vén frío.

22 de nov. de 2012

Deseño dun Estudo Meteorolóxico

Queremos desenvolver un estudo meteorolóxico para completar o tema da atmosfera da materia Ciencias Naturais de 1º da ESO. Verónica foi tomando notas sobre como íamos concretando o seu deseño. Os seus apuntamentos son a base deste artigo:

Hoxe imos realizar un deseño dun Estudo Meteorolóxico para desenvolver os próximos días de clase. Necesitamos datos e chegamos á conclusión de que no centro non temos os instrumentos necesarios. Por sorte temos información en internet a través de MeteoGalicia. Entramos na súa páxina web e descargamos os datos (na ligazón Acceso a Datos).

Encontramos as seguintes estacións meteorolóxicas: Monterroso, Antas, Friol e Melide. De todas elas escollemos Melide porque pensamos que o clima se achega máis ao de Palas de Rei. 

Unha das preguntas que nos formulamos é Entre que datas facemos o estudo? Chegamos á conclusión de que se o facemos só no mes de agosto obteríamos un clima caluroso (irreal) así que debemos coller todo o ano. Pediremos os datos da estación de Melide entre o 01/01/2011 e o 31/12/2011.

Que datos nos descargamos? Decidimos descargarnos os datos recollidos polos instrumentos meteorolóxicos vistos na clase:
  • Temperatura Mínima do Aire (termómetro)
  • Temperatura Máxima do Aire (termómetro).
  • Humidade Relativa Media (higrómetro).
  • Velocidade do Vento (anemómetro).
  • Dirección do Vento Predominante (catavento).
  • Choiva (pluviómetro).
  • Presión atmosférica (barómetro).
Obtemos os datos, ordenámolos por columnas. Sorpréndenos que a dirección do vento se exprese en graos. Asociamos isto cos puntos cardinais. Copiamos a táboa ao portapapeis e pegámola nunha folla de cálculo. Estamos listos para facer o noso estudo e contestar a estas preguntas.