19 de out. de 2012

A loita de Malala

Malala Yousuzfai é unha nena paquistaní de 14 anos que o pasado 9 de outubro foi agredida cunha bala por defender os dereitos civís, especialmente os das mulleres ás que lles prohibían a educación. Malala foi moi xusta e moi valente coa sociedade. Foi tan grave o que ela fixo? Penso que non. Que delito cometeu? Intentar axudar ás mulleres do seu país? Vaia, sempre pensei que ir ao instituto era moi cargante, pero agora doume conta que é algo inalcanzable para miles de rapazas como Malala. Miro o meu redor e ... que vexo? Libros do instituto, deberes, aprendizaxe... cousas polas que loita Malala e que tanta xente do primeiro mundo rexeita, maldice e ata odia. Ninguén se para a pensar nas persoas que loitan por isto e que chegan ata a perder a vida. Creo que os talibáns foron moi inxustos e á vez cobardes por agredir desa forma tan violenta a unha nena que non fixo nada malo. E agora por culpa deles, recibiu un golpe duro que recordará toda a súa vida. E  nós, como nenos e nenas da túa idade, queremos dicirche que sexas forte como fuches ata o de agora, que loites polo que de verdade queres. Agora dámonos conta de que somos moi privilexiados ao poder ir ao instituto sen ningunha dificultade. 

Malala, es unha rapaza que sen dúbida algunha conseguirás todo o que te propoñas. Apoiámoste. 
Ánimo e adiante! :-)
Andrea L. e Fátima C.
en representación do grupo
de 2º da ESO do IES de Palas de Rei




 

24 comentarios:

  1. Iván vázquez Casanova19 de out. de 2012, 13:46:00

    Malala,todos os meus conpañeiros e mais eu estamos contigo.ANIMO.

    Don'nt give up!!!

    ResponderEliminar
  2. Eres moi valente Malala, loita polos teus dereitos. ÁNIMO!
    You are very brave Malala, fight for your rights. CHEER UP!

    ResponderEliminar
  3. Malala sigue sendo forte como ata o de agora! Apoiámoste todos! Sigue para adiante loitando polo que queres!
    You're a very good example for us, you're our heroine!

    ResponderEliminar
  4. Vamos Malala,sigue loitando polo que queres.You are our heroine

    ResponderEliminar
  5. Moito ánimo Malala,recupérate pronto e sigue defendendo os dereitos das mulleres.


    Come on,you can!!!

    ResponderEliminar
  6. Moito ánimo Malala, necesítase xente coma ti neste mundo.

    Come on, you can.

    ResponderEliminar
  7. Malala,moito ánimo,es un exemplo para todos! Moita sorte!

    The world is a little better because of you!Good luck!

    ResponderEliminar
  8. Loita polos teus dereitos Malala .Animo.
    We are with you

    ResponderEliminar
  9. ANIMO MALALA NO TE RINDAS
    DON'T GIVE UP

    ResponderEliminar
  10. Malala é unha rapaza moi forte que esta loitando polos dereitos tanto das rapazas como os dela.
    ÁNIMO Malala!!!
    You´re a very good example for us, your´re our heroine

    ResponderEliminar
  11. Malala eres un exemplar para nos.Estamos contigo.
    Get well soon, Malala

    ResponderEliminar
  12. Richard teixeira borges19 de out. de 2012, 13:53:00

    Todo o grupo de 2º E.S.O. de palas de rei estamos contigo.
    TI PODES MALALA!!!!!!


    Get well soon Malala

    ResponderEliminar
  13. Malala,moito ánimo, recuperate e sigue loitando polos teus dereitos.
    We are with you.

    ResponderEliminar
  14. Eres un exemplo para todos nós,oxalá tiveramos todos a túa valentía.ÁNIMOS!!!!!



    Don't give up!!!

    ResponderEliminar
  15. vamos Malala sigue loitando.came on you can

    ResponderEliminar
  16. Malala, moitìsimo ànimo!!!Segue loitando polos teus derteitos!Eres a nosa Heroina!:)
    Don´t give up!:D

    ResponderEliminar
  17. Sigue loitando polos dereitos das mulleres paquistanís, todo o mundo está contigo!
    GOOD LUCK MALALA!

    ResponderEliminar
  18. Eres única no mundo, a xente ten que ser coma ti, con esa valentía. Moitos ánimos e sorte.

    Go on fighting!!!

    ResponderEliminar
  19. Malala, es unha nena exemplar sigue asi.
    You are a very good person

    ResponderEliminar
  20. Malala, foi impresionante o que fixeches, todos te admiramos, ANIMO!! ti podes. Come on, you can.

    ResponderEliminar
  21. Ánimo Malala,todos te queremos.
    Get well soon Malala!!!

    ResponderEliminar
  22. Parabéns, rapazas e rapaces de 2º de ESO do IES do Camiño! Guerra á inxustiza! A todas as inxustizas que se cometen neste mundo. Tamén no noso mundo; arredor nosa hai moito que mellorar. Sorte para Malala e sorte para vós. Loitade porque este paso efémero pola vida sexa máis agradable. Todo empeza por ser bos con vós mesmos e coas persoas que vos rodean. As grandes causas son a consecuencia de pequenas causas. E, por favor, que as palabras non as leve o vento. Adiante!



    E parabéns a Manuel. Pola iniciativa e por axudarvos a tomar conciencia. Que importante! Adiante!



    Unha aperta de esperanza.

    ResponderEliminar
  23. Gústame esta iniciativa e gústanme as vosas palabras, cargadas de solidariedade. Demostran que o mundo pode mellorar porque hai xente que non se conforma coas inxustizas.
    Inés

    ResponderEliminar
  24. Os meus mais expresivos agradecementos pola vosa solidariedade, que realmente me conmove. Anímovos para seguir nesa senda tal e coma desde o blogue lle enviades a Malala. Unha forte aperta.

    ResponderEliminar