Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Química. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2014

Exposicións dos Elementos

1º da ESO

Rematando o curso, traballamos na materia de Ciencias Naturais sobre o estado e a composición da materia. Achegámonos por primeira vez ao átomo e os compoñentes, núcleo, protóns, neutróns e electróns, segundo o modelo atómico máis  sinxelo.

En función do número atómico (número de protóns=número de electróns) ordénase a táboa periódica dos elementos, ideada por Dmitri Mendeléyev. Aquí vemos unha representación da táboa co tamaño ponderado en función da súa presenza na Natureza.


Como traballo, cada parella ten que estudar dous elementos e deseñar unha pequena presentación de como máximo dous minutos onde nos explicaran  a toda a clase:
- Número atómico (protóns e electróns) dese elemento.
- Lugar onde se encontran.
- Uso que lles deu/dá a Humanidade.
- Científico/a que o descubriu/traballou con el.
Exercicio: Inclúe como comentario, algún dato ou característica dos elementos presentados polos teus compañeiros/as ou por ti mesmo.

17 de xuño de 2013

A Materia e os seus Elementos

1º da ESO

Estivemos a traballar a semana pasada a táboa periódica dos elementos. Dividímonos en parellas e cada unha tiña que estudar dous elementos e deseñar unha pequena presentación de como máximo dous minutos onde nos explicaran a toda a clase:

- Número atómico (protóns e electróns) dese elemento.
- Lugar onde se encontran.
- Uso que lles deu/dá a Humanidade.
- Científico/a que o descubriu/traballou con el.

As presentacións debían estar formadas só por imaxes e o corpo do traballo consistía nas explicacións dadas por cada grupo. Valorábase a orixinalidade, os materiais achegados, traballo en  equipo,...



Exercicio: Inclúe como comentario, algún dato ou característica dos elementos presentados polos teus compañeiros/as ou por ti mesmo.