Xa estamos impacientes ante a chegada dun acontecemento que cada ano se consolida no noso calendario educativo: O Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.
Este ano conta cun programa espectacular. Nel destaca a videoconferencia dende o CERN dirixida a 100 centros educativos de Galicia entre os que, por suposto, se encontra o noso. Falarán dende Suiza científicos galegos apoiados por outr@s compañeir@s dende Santiago e Lisboa. Será o martes 6 de novembro de 12:30h a 13:30h. O título "Facendo Física de Partículas polo Mundo". Esta actividade está organizada pola Coordinadora de ENDLG e polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
É a Organización Europea para a Investigación Nuclear, con sede en Xenebra. Conta con financiamento público dos estados membros, case todos os da Europa Occidental. Fundouse en 1954 e, dende entón, atinxiu diversos resultados científicos de grande interese na área de Física de Partículas, onde se estudan as partes máis pequenas e inaccesibles da materia, coñecemento indispensable para explicar todo o demais.
No CERN foi construída unha obra extraordinaria: o LHC ou Colisionador de Hadróns. Trátase dun anel de 27 km de perímetro a cabalo entre Suíza e Francia. Nel son aceleradas partículas subatómicas ata atinxiren case a velocidade da luz. A súa colisión dá lugar a novas partículas con desprendemento de grande cantidade de enerxía. Hai pouco foi identificada unha partícula esencial nas teorías modernas sobre a materia: O Bosón de Higgs. A súa importancia vén descrita neste artigo achegado por Cibrán Santamarina, un dos relatores do evento.
No programa participan @s seguintes investigador@s:
Polo CERN pasaron unha grande cantidade de científic@s de Galicia, o que di moito da calidade d@s nos@s investigador@s. Hai uns anos, asinaron un manifesto promocionando o uso da nosa lingua na Ciencia. Reparaban en que non só trataban temas científicos en galego entre el@s, se non que tamén o utilizaban con cientific@s de Portugal e Brasil, presumindo así de que a nosa lingua tamén é internacional. Oín unha vez que era máis fácil sentir falar galego no CERN que nos parques infantís dalgunha cidade galega. Temos unha lingua mundial cun problema como un mundo!
Xuntamos esta banda deseñada onde nos explican dunha maneira moi simplificada os obxectivos que se procuran no CERN e as vantaxes que aportan ao desenvolvemento da Ciencia no Século XXI.
O noso centro educativo participará da videoconferencia con todo o alumnado do bacharelato e do segundo ciclo da ESO. Faremos un traballo introductorio nas aulas e nomearemos a varios xornalistas tuiteiros de diferentes cursos que retransmitirán por Twitter o acontecemento baixo o hashtag, xa utilizado noutras ocasións, #cienciaetecnoloxiaengalego.
Máis información en
Día da Ciencia en Galego
Coordinadora Galega de ENDLG (inscrición na videoconferencia)
Tecnoloxía.org
Carta Xeométrica
Blogue I love science do IES Otero Pedrayo - Ourense

Que é o CERN?

Quen vai participar?
No programa participan @s seguintes investigador@s:
- Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
- Olaia Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
- Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.
- Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..
- Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.
Fálase galego no CERN?
Polo CERN pasaron unha grande cantidade de científic@s de Galicia, o que di moito da calidade d@s nos@s investigador@s. Hai uns anos, asinaron un manifesto promocionando o uso da nosa lingua na Ciencia. Reparaban en que non só trataban temas científicos en galego entre el@s, se non que tamén o utilizaban con cientific@s de Portugal e Brasil, presumindo así de que a nosa lingua tamén é internacional. Oín unha vez que era máis fácil sentir falar galego no CERN que nos parques infantís dalgunha cidade galega. Temos unha lingua mundial cun problema como un mundo!
Como nos podemos achegar ao que se fai no CERN?
Xuntamos esta banda deseñada onde nos explican dunha maneira moi simplificada os obxectivos que se procuran no CERN e as vantaxes que aportan ao desenvolvemento da Ciencia no Século XXI.
Participación do IES do Camiño de Palas de Rei
O noso centro educativo participará da videoconferencia con todo o alumnado do bacharelato e do segundo ciclo da ESO. Faremos un traballo introductorio nas aulas e nomearemos a varios xornalistas tuiteiros de diferentes cursos que retransmitirán por Twitter o acontecemento baixo o hashtag, xa utilizado noutras ocasións, #cienciaetecnoloxiaengalego.
Máis información en
Día da Ciencia en Galego
Coordinadora Galega de ENDLG (inscrición na videoconferencia)
Tecnoloxía.org
Carta Xeométrica
Blogue I love science do IES Otero Pedrayo - Ourense
Ningún comentario:
Publicar un comentario