Amosando publicacións coa etiqueta Álxebra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Álxebra. Amosar todas as publicacións

25 de out. de 2013

Para que serven as mates?

O vídeo matemático do momento titúlase "Beauty of Mathematics". Eu, ao igual que matematicasnarua, tiña outras referencias de beleza matemática. Mais o que si hai que recoñecer é que mostra moi ben a idea do que significa a abstracción e simplificación, a elaboración de modelos matemáticos, a conexión de enfoques alxébrico e xeométrico, e en resumo, a arte de entender a realidade.

Nese sentido é unha obra mestra.

14 de abr. de 2013

As 10 Ecuacións de Secundaria

por Pablo López (1º da ESO)

O escritor Ian Stewart vén de publicar recentemente a edición en castelán do libro 17 ecuaciones que cambiaron el mundo que está a ser un grande éxito editorial. Pois ben, desas 17, 10 verémolas durante a secundaria.

Porque fai nada estabamos aprendendo a sumar, restar, multiplicar e dividir. Pero agora pasamos ao seguinte nivel, aínda que algunhas ecuacións son máis ou menos fáciles como a do Teorema de Pitágoras.

Temos que buscar novos horizontes e parece que un moi importante é o das ecuacións. Estas son as máis importantes que traballaremos nos próximos 6 anos.

A verdade sexa dita: O QUE NOS ESPERA!



4 de feb. de 2013

O Cadrado dunha Suma

por Xeila Vázquez (2º da ESO)

Na seguinte imaxe temos as seguintes figuras coloreadas:

- Un cadrado azul escuro de lado a, que ten área a2
 - Un cadrado azul clariño de lado b, que ten área b2
 - Dous rectángulos laranxas de base a e altura b e viceversa que teñen área ab

Moitos vos preguntaredes: Que teñen que ver as figuras que forman o cadrado grande con averiguar a área do mesmo?

Pois en realidade moito, porque se sumamos as áreas de todas as figuras interiores poderemos observar que a suma é a área do cadrado grande.

Sumando esas áreas pequenas obtemos a2+2ab+b2

Pero por outra parte o cadrado grande ten lado a+b e área (a+b)2
 
Como esas dúas cousas son iguais, acabamos de ver xeometricamente que:

 (a+b)2 = a2+2ab+b2

 Que é a igualdade que obtivemos na clase multiplicando polinomios.

Podes acceder a unha animación interactiva baseada nesta imaxe premendo aquí

31 de xan. de 2013

Grigori Pirelman, un matemático con principios

por Iván Vázquez (2º da ESO)

O ruso Grigori Perelman é un dos maiores xenios das matemáticas da actualidade. Sorprendeume moito a súa historia:

O Instituto estadounidense Clay de investigación matemática daba un millón de dólares á persoa que dera resolto un dos 7 problemas chamados do milenio. En marzo de 2010 Grigori Perelman déronlle por feito un deses problemas, que foi creado polo matemático francés Henri Poincaré. As explicacións eran tan difíciles que lles levou correxilo catro anos. Ao final o do ruso estaba ben, polo que lle ofreceron o millón de dólares. Tamén, por saber tanto das matemáticas otorgáronlle en 2006 a prestixiosa medalla Fields  que se considera como o premio Nobel das matemáticas.


Grigori Pirelman fixo unha cousa que ninguén esperaba, rexeitou a medalla Fields e o millón de dólares!


Por que rexeitou a medalla Fields e o millón de dolares?


El dixo que non quere fama nin cartos, nin quería estar exposto como un animal de zoolóxico. Eu defendo a sua opinión, por unha simple razón:


Estamos nunha sociedade corrupta, onde só importan os cartos e ser famoso, e quen máis o demostran agora son os políticos importantes  e os famosos. Grigori Perelman non é desas persoas, el non facia matemáticas por cartos, nin por destacar, senón que facia matemáticas porque lle gustaba, e iso é o que importa. Facer algo porque nos gusta, non polos cartos. Agora Grigori Perelman desentendeuse das matemáticas, pero ainda así pode estar orgulloso, que o que fixo é moi difícil. Grigori vive agora coa súa nai nun apartamento alugado en San Petesburgo. Estao pagando dando clases particulares.



29 de xan. de 2013

Chámalle "xe"!

por Unai Arteche (2º ESO)

Todos nos preguntamos algún día por que se usa a letra "x" para indicar o
descoñecido. Pois Terry Moore neste video dá a resposta a esta pregunta. Di que
aprendemos isto en clase de matemáticas, pero cada vez, esta letra úsase en máis cousas como na cultura no premio X Prize, Expediente X, Proxecto X, TEDx …

Para que Terry descubrise isto, tivo que estudiar a lingua árabe. Di que escribir unha palabra, unha frase ou unha oración é como escribir unha ecuación, porque cada frase, palabra ou oración, leva unha morea de información. Por iso se di que a ciencia, as matemáticas e as enxeñerías occidentais foron concebidas nos primeiros séculos da nosa Era polos persas, turcos e árabes. Isto inclúe un sistema árabe chamado al-jebra que significa "o sistema de reconciliar partes dispares". Na nosa lingua é a Álxebra.

Isto entrou na Península nos séculos XI e XII. Houbo un grande interese por traducir esta sabiduría a unha lingua europea. O problema que había era que en árabe había certos sons que os europeos non podían pronunciar sen practicar. Tamén había caracteres que non se podían traducir, como a letra "SHeen", que sona coma a nosa "xe" coma en "xamón". Tamen é a primeira da palabra "shalan" que significa "algo", unha cousa indefinida e descoñecida. E se se lle engade o artigo indefinido "al" formase a palabra "al-shalan", a cousa decoñecida. Esta palabra usábase nas matemáticas antigas.

Os académicos medievais españois non podían traducir estas palabras e utilizaron o son K, da latra "q", do grego clásico na forma da letra khi (χ). Cando foi traducido este material ao latín , só tiveron que cambiar o χ grego co X latino. Cando aconteceu isto, que foi traducido ao latín, pasou a ser as bases dos libros de matemáticas durante case 600 anos.

Agora temos a resposta á pregunta de por que "x" representa o descoñecido: Non se pode dicir "xe" en español!