Redacción Colaborativa 2º da ESO
Este vídeo da polinización
que vimos na clase trata da reprodución das plantas mediante o
transporte do pole através dos insectos, dos paxaros e do
vento.
O vídeo tamén trata sobre
o crecemento e o cambio de cor e tamaño dos froitos, e como
este proceso repercute a alimentación dos animais.
Por exemplo, vemos como as abellas
chegan a unha flor atraídas pola cor dos pétalos, aliméntanse
do pole para posteriormente fabricar o mel, enzóufanse nel e
transpórtano ao pistilo desa flor ou de outra. Tamén podemos observar como os
morcegos se guían polo olor das flores xa que ao non veren non
poden apreciar a cor dos pétalos.
Os animais relaciónanse coa natureza: un
exemplo e a da larva-capullo que se acaba transformando nunha
bolboreta mediante a metamorfose.
Grazas ao proceso de polinización
todos os animais do mundo e todas as plantas conseguen a súa
supervivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario