por Unai (2º da ESO)
Neste vídeo que achegamos, Ronny,
un home israelí normal e corrente, pai de familia e profesor, pide
axuda á xente “normal” coma el, de todo o mundo. A súa historia
é a seguinte:
Publicou unha imaxe no Facebook
cunha mensaxe: “Iranís, non vos imos bombardear. Amámosvos”.
Nesta imaxe dille a todo cidadán iraní que para que haxa unha
guerra entre eles, primeiro teñen que se ter medo e teñen que se
odiar. E tamén manifestou que el non lles ten medo, que non os odia,
nin siquera os coñece, só coñeceu unha vez a un iraní e era unha
bela persoa. Comenta que na televisión ve xente que fala de guerra,
pero Ronny está seguro que non representa a toda a xente de Irán.
Tamén di que en vintecatro horas a xente comezou a compartir esa
imaxe no Facebook. En corenta e oito horas, persoas iranís
responderon a esa imaxe con mensaxes para expresar tamén o seu amor
por eles. Ronny quere que compartamos isto co resto do mundo e por
outros medios diferentes ao Facebook.
Eu creo que Ronny quere acabar coa
ameaza de guerra entre Israel e Irán. Isto paréceme unha fastántica
idea para que a xente se mentalice coa situación na que se encontra
o mundo actual. Ten razón, porque na sociedade non queremos que haxa
guerra. Espero que a xente vexa este vídeo e comprenda o perigo da
situación entre estes dous países.
Ronny nos tamen vos queremos :)
ResponderEliminarParéceme que o meu compañeiro Unai fixo un gran traballo sobre a opinión de Ronny,un israelí.Os meus parabéns a Unai!
ResponderEliminarRonny nos tamén estamos contigo. Ánimo e a seguir para diante.
ResponderEliminarRonny estamos contigo, sigue así.
ResponderEliminarRonny esta moi ben a mensaxe que queres trasmitirlle a todas as persoas
ResponderEliminarRonny estamos con tigo
ResponderEliminarRonny, dende Galicia tamén te apoiamos.Moito ánimo!
ResponderEliminarMoi bon traballo Unai! Estamos contigo Ronny!
ResponderEliminar