11 de dec. de 2012

Auga en Mercurio

por Javier O. (1º ESO)

 No tema 4 "A Hidrosfera" na clase de ciencias naturais, estivemos vendo a presenza de auga nos demais planetas rochosos do Sistema Solar, e vimos que en Mercurio non había auga porque a súa escasa gravidade non retén gases, polo que non posúe atmosfera e non hai auga na súa superficie.

Esa mesma tarde a NASA descubriu pola sonda espacial Messenger que había auga conxelada nas zonas máis escuras do planeta máis próximo ao Sol. Dado a súa proximidade ao Sol, Mercurio parecía ser un lugar con poucas posibilidades de encontrar xeo, pero a inclinación do eixe de rotación de Mercurio e de case cero e iso provoca que os polos do planeta nunca vexan a luz do Sol.

O descubrimento é sorprendente, se temos en conta as temperaturas deste planeta que superan os 400 graos centígrados. Porén, algúns cráteres nos polos de Mercurio que se encontran en sombra permanente e este factor convérteo no que os científicos denominan “trampas de frío”.

Podes acceder a máis información deste descubrimento na propia web da NASA.


2 comentarios:

  1. Nós o ano pasado vimos que non había auga en Mercurio e levámonos unha gran sorpresa ao ver esta entrada. Noraboa polo investigamento.

    ResponderEliminar
  2. Agua en mercurio despois din que non ai auga

    ResponderEliminar