Como xa fixemos no tema 1 "A Célula" e no tema 2 "A Nutrición" deseñamos unha sesión de repaso para o terceiro tema da materia de Ciencias Naturais de 2º da ESO: "As Relacións".
Cada
alumn@ tivo que encher un formulario no seu computador consistente en
cumprimentar un campo co seu nome e cinco campos cada un cunha palabra,
un concepto, un proceso,... que tivera que ver co que acabábamos de
traballar na aula.
Utilizamos a mesma técnica que nas ocasións anteriores: Formulario (módulo webform) en Drupal e wordle.net como xerador de nubes de tags.
A nosa nube foi a seguinte (clic para ampliar):
Realizaremos un exercicio a través da sección de Comentarios para relacionar estes conceptos, clasificalos
por temas, nomealos en determinados procedementos ... e reparar no que o
grupo considerou que era "o importante".
Exercicio. Cos
conceptos reflicitidos na nube de tags, elabora por parellas frases que
conteñan (sinaladas en MAIÚSCULA) polos menos 3 desas palabras:
Exemplo: O sistema NERVIOSO e o sistema ENDOCRINO encárganse das funcións do proceso de COORDINACIÓN.
Unha NEURONA encárgase de transmitir impulsos NERVIOSOS e reciben información doutras mediante as DENDRITAS.
ResponderEliminarO FOTOTROPISMO,o HIDROTROPISMO e o XEOTROPISMO son respostas das PLANTAS ante os ESTÍMULOS.
ResponderEliminarOs elementos da función de relación son: os ESTÍMULOS, os RECEPTORES, os COORDINADORES e os EFECTORES.
ResponderEliminarOs RECEPTORES captan os ESTÍMULOS. Nos animais son os órganos dos SENTIDOS.
ResponderEliminarHai dous tipos de animais:VERTEBRADOS con ENDOESQUELETO e invertebrados en xeral con EXOESQULETO.
ResponderEliminarAs respostas das PRANTAS aos ESTÍMULOS son: os TROPISMOS e NASTIAS.
ResponderEliminarAs GLÁNDULAS do sistema ENDÓCRINO producen HORMONAS.
ResponderEliminarO FOTOTROPISMO é un tipo de ESTÍMULO dentro do TROPISMO das PRANTAS
ResponderEliminarOs animais conteñen dous sistemas de COODINACIÓN:
ResponderEliminarSistema NERVIOSO e sistema ENDOCRINO.
Os animais VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS posúen un aparello LOCOMOTOR.
ResponderEliminarOs principais tipos de TROPISMO son: FOTOTROPISMO,HIDROTROPISMO,XEOTROPISMO e tignotropismo.
ResponderEliminarA NEURONA contén unha especie de rabo, chamado AXÓN que conduce o impulso NERVIOSO a outros órganos.
ResponderEliminarO aparello lOCOMOTOR dun VERTEBRADO consta de ENDOESQUELETO.
ResponderEliminarO aparello LOCOMOTOR forma parte da función de RELACÓN nos animais
ResponderEliminarAs HORMONAS vexetais son substancias químicas que COORDINAN as funcións vitais das PRANTAS.
ResponderEliminarAs respostas máis rápidas e simples do sistema NERVIOSO ante un ESTÍMULO chámanse REFLEXOS.
ResponderEliminarO sistema ENDOCRINO encárgase da COORDINACIÓN de diferentes funcións e ten glándulas que producen HORMONAS.
ResponderEliminarAs NEURONAS están formadas por DENDRITAS,AXÓNS e corpo celular.
ResponderEliminarA FUNCIÓN do sistema ENDÓCRINO é producir HORMONAS que actúan como mensaxeiros.
ResponderEliminarAdemais de sistema NERVIOSO existe o ENDOCRINO que está contituido por GLÁNDEULAS endocrinas
ResponderEliminarAs HORMONAS vexetais son substancias químicas que regulan e COORDINAN as funcias vitais das PRANTAS
ResponderEliminarO sistema NERVIOSO dos VERTEBRADOS está formado por centros NERVIOSOS e NERVIOS
ResponderEliminarA NASTIA e unha resposta pasaxeira de certos órganos da PRANTA como resposta a un ESTÍMULO externo.
ResponderEliminaras NEURONAS teñen unha prolongación que se chama AXÓN.
ResponderEliminarAs súas agrupacións forman os NERVIOS.
O sistema NERVIOSO é o conxunto de órganos CORDINADORES, reciben interpretan, elaboran respostas e trasmitenas os órganos EFECTORES.
ResponderEliminar