Este fin de semana tivo lugar no Palaexco na cidade da Coruña a xa tradicional Feira Matemática. Ano tras ano este evento se vai consolidando como unha cita ineludible para xoves e maiores amantes das matemáticas. Nesta ocasión vimos moitos centros educativos, moitos rapaces e rapazas amosando os seus traballos. Puidemos ver tamén o funcionamento de impresoras 3D, o desenvolvemento de Robots usando hardware libre, magos da Papiroflexia e ata unha moto da Policía.
Ademais de todas estas colaboracións, entregáronse os Premios Mateblogs, nos que o noso centro tivo unha participación destacada no apartado de Esopías. Unha esopía é unha composición poética na que o número de letras de cada palabra segue a secuencia do número π. É dicir, primeira palabra 3 letras, segunda 1 letra, 4, 5, 9, 6,... e así. O número máximo de caracteres era, nesta ocasión, 140.
Esta foi a esopía gañadora na Categoría de Elección Popular, realizada por Claudia Neyra de 1º B do noso instituto.
Tamén tivo unha participación destacada a feita por Estela Vizcaíno, do mesmo curso.
Aquí vemos a Claudia recollendo un dos seus premios, xa que gañou outro na categoría de MatMonólogos.
Claudia recibiu a felicitación de Andrés Vázquez, o noso Director, que se desprazou ata Coruña para participar desta xornada.
Moitos parabéns a Claudia e Estela e a todo o curso de 1º B, moi implicado na promoción das súas compañeiras. E a seguir dándonos alegrías!
27 de abr. de 2014
7 de abr. de 2014
A Cabeceira de The Big Bang Theory
Nicolás Sánchez (1º da ESO)
The Big Bang Theory é unha serie protagonizada por dous físicos chamados Leonard e Sheldon, un enxeñeiro espacial chamado Howard, un físico hindú chamado Rajesh e unha camareira chamada Penny. Tamén hai personaxes secundarios como Amy, a moza de Sheldon e Bernadette, a muller de Howard. Esta serie bótana no canal Neox todas as tardes de 4:35 a 6:00. A min esta serie gústame, e declárome seguidor.
Na súa cabeceira aparecen 109 diapositivas, reproducidas nuns 35 segundos, todas elas relacionadas coa historia da vida.
Na clase de Ciencias Naturais, durante o mes de xaneiro, cada un de nós elaborou un timeline biolóxico (Historia da Vida) e un timeline xeolóxico (Historia da Terra). Daquela decidimos investigar cales destas 109 imaxes foron as identificadas por nós e cales non o foron. As identificadas foron as seguintes:
- A aparición dos anfibios.
- A aparición dos réptiles.
- Os dinosaurios.
- A evolución do home.
- A invención da roda.
- As pinturas rupestres.
- A bombilla.
Pero nós tamén identificamos outras que non aparecen na cabeceira. Algunhas son:
- A orixe da atmosfera da Terra.
- Explosión Cámbrica.
- Extinción dos dinosaurios.
- Primeiros homínidos.
- A aparición da agricultura.
- A Imprenta (Gutenberg).
- A Explosión Demográfica.
Aí vos deixamos a famosa cabeceira!
Tamén achegamos esta versión extendida, subtitulada e debuxada:
31 de mar. de 2014
Animais Invertebrados
1º da ESO
Despois de presentar na clase as características de diferentes clases de animais invertebrados nas vosas exposicións, chega o momento de facer unha recompilación do aprendido.
Exercicio: Deixa aquí como comentario os datos, características,
curiosidades que fuche recollendo das intervencións dos teus
compañeiros.
24 de mar. de 2014
Matemáticas Gregas
Con motivo do Día da Ciencia en Galego, o científico Jorge Mira ministrou unha conferencia sobre os achádegos matemáticos e astronómicos realizados na Antiga Grecia. Achegamos esta animación que dá boa mostra do productiva que foi aquela etapa histórica.
14 de mar. de 2014
Animais Vertebrados
1º ESO
Despois de presentar na clase as características de diferentes clases de animais vertebrados nas vosas exposicións, chega o momento de facer unha recompilación do aprendido.
Exercicio: Deixa aquí como comentario os datos, características, curiosidades que fuche recollendo das intervencións dos teus compañeiros.
17 de feb. de 2014
O Aluminio e a súa influencia nas plantas
por Noel Gavieiro (1º B)
O aluminio é un dos elementos máis abundantes na codia terrestre. Xeralmente atópase en forma de aluminosilicatos e segundo o pH do solo e máis baixo (por debaixo de 5), máis se solubiliza.
O síntoma principal da toxicidade por aluminio é a reducción do crecemento radicular das raíces impedindo o proceso de absorción de algúns nutrientes (Ca, MG, P).
O aluminio no solo
O solo, polo xeral é a fonte que subministra os nutrintes as plantas. A cantidade total presente de cada nutriente non determinará por si sola a súa disponibilidade para a planta para isto inflúe o pH e o osíxeno do solo. Un pH neutro ou pouco ácido (entre 5 e 7) favorecerá a disponibilidade da maioría dos nutrientes. Un valor alto fará menos dispoñible algún nutriente como o fósforo. Un pH moi baixo insolubiliza algúns nutrientes e solubiliza e moviliza o aluminio
Efectos fisiolóxicos do aluminio nas plantas.
A primeira evidencia da toxicidade do aluminio é a inhibición do crecemento da raíz. Ademáis de bloquear a absorción de algúns nutrientes a planta ten dificultade para a captación de auga e osíxeno necesario para o seu crecemento, sobre todo nas épocas de seca. Nos solos fortemente ácidos, con toxicidade de aluminio, a planta desenvólvese lentamente tendendo a quedar pequena, e as súas follas adoitan ter unha tonalidade verde oscuro ou roxo púrpura característico de deficiencia do fósforo.
Influencia do aluminio na fotosíntese
A través da raíz, a planta absorbe do solo auga, e sales minerales (zume bruto) O zume bruto sube polos vasos leñosos ata as follas.
As follas toman do aire un gas: dióxido de carbono. Este gas mestúrase co zume bruto e, coa axuda da luz do sol, transfórmase en zume elaborado.
Neste proceso a planta expulsa osíxeno. Nestas diferentes fases da fotosíntese o aluminio merma a capacidade da planta para xerar a súa propia materia orgánica.
O alumino nos fertilizantes
O Sulfato de Aluminio é un abono con efecto acidificante. Produce un efecto beneficioso nas plantas viradas para solos ácidos (cenouras, repolo, nabos, feixóos,... ) aínda que un exceso de aluminio pode carrexar os efectos nocivos anteriormente citados.
Máis Mostras de Cuarzo
Moito temos falado nas aulas da abundancia do Cuarzo nas terras da Ulloa. Mesmo houbo quen escribiu un artigo sobre o tema.
Aquí deixamos outro bon exemplo vía Noel Gavieiro (1º A).
Trátase dunha mostra de Cuarzo atopado no lugar de A Escrita, parroquia de Mosteiro. Noel pousou un bolígrado sobre a pedra para dar fe do seu tamaño.
Grazas Noel!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


in
