por Javier Ouro (1º da ESO)
Para plantar eucaliptos primeiro hai que desbrozar unha finca e despois os regos débense facer en relación coas medidas da finca. No noso caso fixemos seis regos de 200m cada un.
O seguinte paso é mercar o abono, para
que a pranta medre con maior rapidez. Conseguidos xa os eucaliptos procederíamos a
plantalos nun período de tempo o máis curto posible, xa que o viren do invernadoiro secan moi
rápido.
O custo dos mesmos é variable,
dependendo da raza. No noso caso custaron 25 céntimos cada un e veñen en
caixas de 40 que fan un total de 10€ cada caixa.
O malo que teñen os
eucaliptos é que estragan o monte, porque absorben moita auga e non lle deixa auga para as
demais plantas e secan. O eucalipto, pola miña terra empezouse a
plantar hai uns 25 anos, pero sempre hai algún animal que estraga os
eucaliptos novos, o máis común é o xabarín, que destroza o
eucalipto e fai que teñas que poñer outra vez o que el estragou.
Para plantar eucaliptos
hai que deixar unha marxe de 10 metros respecto a finca do lado porque
senón múltante. Vas poñendo os eucaliptos, facendo os buratos cun
pau de ferro e bótaslles o abono para que medren máis rápido, hai
que deixar de separación de eucalipto a eucalipto tres metros.
Tardarán 10 anos en medrar pero a espera vale a pena.
Despois dun ano revísalos
e se teñen moita broza, hai que desbrozalos. O eucalipto agora mesmo
véndese moito e por moito diñeiro.
Noraboa polo traballo javier gustoume moito
ResponderEliminarParabéns por este traballo, Javier! Explicaches moi ben o proceso da plantación. Agora xa sei máis cousas sobre isto, noraboa.
ResponderEliminar