23 de xan. de 2013

Os Pormpuraaw e todas as linguas

por Xeila Vázquez (2º da ESO) (*)

Diferéncianse tanto dúas persoas que falan diferentes linguas?

A priori non, pero se aprofundamos na mente de cada unha veremos neste artigo que si. É certo que pese a falar diferentes linguas a mente que se forma en todas as persoas é, en certa medida, similar, pero diferenciámonos na nosa forma de vivir e nos nosos costumes. Que ocorre co funcionamento básico da nosa mente?

Os nosos encéfalos constrúen realidades distintas e o idioma que falamos pode determinar esas realidades. Por exemplo: os esquimós teñen máis de 20 nomes para o que nós chamamos “neve”. Investigacións recentes sacaron á luz o curioso caso dos Pormpuraaw.

Os Pormpuraaw son unha comunidade aborixe situada no norte de Australia cunha extraordinaria capacidade de orientación. Tanto ao desprazarse como no interior das súas casas sitúan con facilidade os puntos cardinais. A razón disto parece que está na lingua na que falan. Utilizan os puntos cardinais como referencia para indicar a posición das cousas (“chuta forte o balón e méteo polo noroeste”). Isto obrígaos a estar sempre pendentes da súa localización espacial. Esta particularidade lingüística fai que os Pormpuraaw se orienten moi ben, pero tamén inflúe na maneira de entenderen o paso do tempo. Para eles un dia é o percorrido diario do Sol.

Un dos experimentos levados a cabo foi pedirlles que colocasen unha serie de fotos nunha mesa. Para a sorpresa de todos, ningún deles as colocou de igual xeito, todos de diferentes maneiras, sen seguir ningún tipo de patrón, agás o de as colocar de Este a Oeste.

Resulta sorprendente como unha simple variante lingüística pode influír na idea do paso do tempo e na orientación. Un motivo máis para aprender idiomas e coidalos é que ao aprendermos novas linguas, as nosas capacidades cognitivas melloran. Canto antes se realice a aprendizaxe a mellora será máis intensa.

Agora esta de moda o inglés. Se non o falas ou non o entendes, practicamente non tes futuro. Pola miña parte creo que todas as linguas son igual de importantes e deberíanse coidar máis. Moitas delas están a desaparecer por non ter quen as fale, como esta a pasar coa lingua galega. As persoas novas non o queren falar porque din que non é moi fino e as persoas maiores están a morrer e estase deixando de falar o galego.

Aquí en Palas de Rei case non se dan eses casos xa que en todas as aldeas se fala galego e agás algunha xente que fala o galego só na casa, todos falamos o galego. As linguas non se poden deixar de falar. Ao desapareceren tamén desaparecen as culturas e dun xeito ou doutro van unidas e son moi necesarias as dúas, sobre todo as linguas. Forman parte da nosa identidade e o noso desenvolvemento mental. Se todas a linguas desaparecesen (agás unha) e tamén desaparecesen todas as culturas, seríamos todos iguais, sen personalidade, coa mente sen desenvolver. Por iso debemos coidar as nosas linguas e culturas. E, por suposto, cantas máis linguas saibamos máis fácil será a aprendizaxe da seguinte!



(*) Este artigo está baseado no capítulo "A linguaxe" do libro Neurociencia para Julia do divulgador científico Xurxo Mariño.

16 comentarios:

  1. A mín gústoume moito o artigo dos pormpuraw esta moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, claro que si, o galego hai que gardalo, é outra lingua máis, é a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  3. Gústame a entrada moito sobre todo porque, saber como algunha xente ten eses métodos para orientarse é moi curioso.

    ResponderEliminar
  4. Rocio B. (1º E.S.O.)23 de xan. de 2013, 09:58:00

    Encantoume moitisimo,bo traballo

    ResponderEliminar
  5. bonito traballo xeilaa;)

    ResponderEliminar
  6. Valentina (1º ESO)23 de xan. de 2013, 10:01:00

    Prabéns polo teu traballo Xeila, tes razón o galego a nosa lingua non se pode perder!

    ResponderEliminar
  7. javier (1º da E.S.O)23 de xan. de 2013, 10:01:00

    Noraboa polo traballo,parece bastante difícil.E non me gustaría que se perdera o galego.Parabéns!!

    ResponderEliminar
  8. verónica (1º eso)23 de xan. de 2013, 10:01:00

    moi ben, gústoume moito.

    ResponderEliminar
  9. Meritxell 1º de ESO :esta moi ben e tes razòn deberiamos segir falando o galego.

    ResponderEliminar
  10. Encantame o teu traballo Xeila porque o galego é a nosa lingua de sempre.

    ResponderEliminar
  11. Hai uns poucos días estiven lendo sobre as linguas do norte australiano que comparten esta peculiaridade. Parece ser que estas linguas operan cunha xeolocalización non egocéntrica: nós para indicar onde están os peixes deste blogue diriamos que están á nosa esquerda (mirando a pantalla) pero estarán á dereita do que se encontre detrás do ordenador. Tal e como estou eu sentado os Pormpuraaw dirían que os peixes están no sur, e así todo o mundo pode saber como teño colocado o meu ordenador. Isto é especialmente útil nun entorno desértico. Por iso parece ser que se teñen dado casos de indíxenas que, ao abandonar a súa lingua, pérdense na súa terra. Perdéronse por perder a súa lingua.

    ResponderEliminar
  12. Boa verdade. Concordo con que todas as linguas son iguais de importante. E cantas máis linguas saibamos mellor xente somos. As linguas son a nosa identidade, reflexo da pluralidade e diversidade, riqueza persoal.

    ResponderEliminar
  13. 2º de ESO?? Estamos lendo ben?! Hmmmmmmmmmmmm Onde hai que presentar oferta para fichar estrelas así?
    A referencia deste artigo vai inmediatamente para Séchu Sende, o autor de Made in Galiza. Seguro que lle vai servir para facer un relato ben bonito.

    ResponderEliminar
  14. Em Nova Zelandia di-se que quem perde a sua língua deixa de sonhar.

    E eu mesmo conhecim umha mulher africana em Lisboa ao que lhe sucedeu algo parecido. Era umha mulher triste.

    Quando ao dia seguinte de conhece-la lhe perguntei, quando abriu os olhos, entre as sabas Sonhache algo esta noite...? Ela respostou: Nom, nunca sonho.

    E explicou-me que quando deixou o seu país, quando deixou de falar a língua do seu povo, deixou de ter sonhos. Quando deixei de falar o meu idioma... deixei de sonhar

    Eu dixem-lhe que ninguém podia viver sem sonhar, que nom deveria viver sem sonhar, que os sonhos orientam a nossa vida... Que os sonhos nos dam a vida.

    Soubem que pouco despois deixou Lisboa e voltou a África, a falar a sua língua e, com os olhos âs vezes mui fechados e âs vezes mui abertos, a sonhar. Escreveu-me umha postal. Era umha mulher alegre.




    Gracinhas pola história, companheira no caminho da língua!!

    séchu sende

    ResponderEliminar
  15. Coñecedes algunha galega ou galego que renegue da súa terra?
    Eu non.
    Pero, coñecedes algunha galega ou galego que renegue da súa fala?
    Eu...
    Por que será?
    Terra e fala son as caras da mesma moeda, da nosa esencia.
    Cantas máis linguas saibamos, máis libres, autónomos, ricos... seremos.
    Pero non esquezamos a nosa, o galego, fala-nai.
    A nosa lingua está triste, padece de desleixo e de soidade; ás veces de desprezo. A nosa lingua necesita agarimo, coidado, aloumiños. O agarimo, o coidado, os aloumiños de todos; pero, especialmente, os dos nenos e nenas, rapazas e rapaces, mozos e mozas...
    Pensade, traballade, sentide, amade ... en galego! Vivide en galego!
    Valorade a vosa lingua e valorarédesvos a vós mesmos. Adiante!!!

    Ben por Xeila!!!

    Quérovos (en galego).

    Toño.

    ResponderEliminar
  16. Eu tamén amo o galego e as galegas. Aínda que non o escribo tan ben como Toño ou Inés, gustame expresarme en galego e algunha vez xa me liou Toño para recitar algunha cousiña polas Letras Galegas.
    Defendede o galego e amade o idioma e a vosa terriña.
    Unha aperta.
    Andrés

    ResponderEliminar