20 de xan. de 2013

Tras a pegada de Curuxás.

por Xesús (1º ESO / EDLG)

Para chegar a casa de Curuxás hai que seguir os seguintes pasos:

Saes de Palas de Rei dirección Norte cara Friol. Pouco despois de Filgueira colles o desvío cara San Xorxe de Augasantas. A altura de Maceda, xiras dirección Felpós, hai que pasar Felpós, o Castelo e San Fiz de Moredo e comezar a subir a costa ata chegar ao Hospital de As Seixas. O primeiro cruce a man esquerda por medio da aldea, segues todo recto ata chegar ao monte Careón. Antes de subir a costa hai unha pista de terra a man esquerda, colles esta pista de terra, baixas por ela abaixo ata chegar onde se acaba a pista que é onde está casa chamada Casa do Coteno onde de vez en cando durmía Curuxás para non molestar aos da outra casa. Alí tomei a seguinte foto.


Ao pé desta casa hai o camiño que se ve nesta outra foto. Tes que baixar por el abaixo. Se o segues chegas directo a casa de Curuxás.

 
Esta é a entrada á casa, como ves, algo inaccesible.

 
Como podes ver esta foto xa é dentro da casa que é o que se chama o Curro e está cheo de silvas.

 
Por último, móstroche unha cova impresionante, aquí podería ser onde se agochaba Curuxás. 


Ésta experiencia foi moi divertida. Buscando o cuarzo do Careón, chegamos a casa dunha das figuras míticas do noso concello: o Curuxás!

16 comentarios:

  1. Xeila Vázquez (2º de ESO)13:16:00, 22 de xan. de 2013

    Moi boas as fotos e impresionante o descubrimento da coba!!

    ResponderEliminar
  2. Están moi boas as fotos e moito ánimo

    ResponderEliminar
  3. Andrea López e Florencia13:21:00, 22 de xan. de 2013

    Encantounos ver como aínda quedan probas da valentía de Curuxás. Agora sí que se pode gritar ben alto: GALICIA CALIDADE!Parabéns pola entrada! :D

    ResponderEliminar
  4. Unhas fotos moi fermosas!!! Bo traballo

    ResponderEliminar
  5. moi bo traballo Xesus

    ResponderEliminar
  6. Gustounos moito as fotos e a entrada. Noraboa;)

    ResponderEliminar
  7. Moi boas fotos Xesús, sigue así.

    ResponderEliminar
  8. Noraboa polo tua entrada esta ben explicado jaja!

    ResponderEliminar
  9. gústoume moito o artigo de curuxas ,xa que me pareceu un tema moi interesante do que seguir investigando xesús parabens!!!!

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas a todos de verdade é que me gustaron moito os vosos comentários.

    ResponderEliminar
  11. javier (1º da E.S.O)10:05:00, 23 de xan. de 2013

    Parabéns polo traballo,e moi boas fotos.

    ResponderEliminar
  12. Rocio B. (1º E.S.O.)10:06:00, 23 de xan. de 2013

    Moi boas fotos Xesús,segue así

    ResponderEliminar
  13. Meritxell de 1º ESO10:17:00, 23 de xan. de 2013

    Despois de todo o esforzo que fixeches pa chegar asta a casa donde vivìa CURUXÀS fixchelo de marabilla douche a enoraboa,moi ben!!!

    ResponderEliminar
  14. verónica (1º eso)10:23:00, 23 de xan. de 2013

    gustoume moito

    ResponderEliminar
  15. encantanme as fotos Xesús,quedaronche moi ben!! PARABENS!!

    ResponderEliminar
  16. Non somos de palas, non vos coñecemos, pero de cando en vez botamos un ollo aos vosos artigos por recomendación de manuel Vilariño no facebook. Bo traballo! Seguide asi que aprendemos todos!

    ResponderEliminar