redacción conxunta 1º ESO

Existen 3 tipos de
rochas: sedimentarias, magmáticas e metamórficas. A diferenza do
que nós pensabamos non permanecen estables senón que están nun
continuo cambio de estado que dura millóns de anos. O proceso é o
seguinte:
As rochas metamórficas
poden sufrir dúas trasformacións:
- Fundirse en magma debaixo da codia terrestre. (Melting no diagrama)
- Separarse en sedimentos pola acción do clima e a erosión (Weathering and Erosion) formando, miles de anos despois, rochas sedimentarias.
Co paso do tempo as
rochas fundidas do magma arrefecen (Cooling) de dúas posibles
maneiras: No interior (plutónicas como o granito) ou no exterior
(volcánicas como o basalto). A estes dous tipos de rochas
chámanselles ígneas ou magmáticas.
As rochas magmáticas
poden a súa vez volverse a fundir en magma (Melting), separarse en
sedimentos (Weathering and Erosion) ou por efecto da presión e a
calor (Heat and Pressure) tránsformanse de novo en rochas
metamórficas como por exemplo lousa e mármore.
Por último os sedimentos
compáctanse (Compacting) formando un tipo de rochas estratificadas
chamadas sedimentarias (xeso, carbón, arxila, arenita, ...) que co
paso de millóns de anos poden formar novos sedimentos ou compactarse
dando lugar a outras rochas metamórficas.
Podes acceder ao diagrama interactivo da imaxe premendo aquí.
Aínda que os procesos que compoñen este ciclo duran centos de miles de anos, podemos visualizar unha parte deles na erupción dun volcán (enfriamento de magma no exterior). A máis espectacular que encontramos é esta do volcán Maroum no arquipiélago de Vanuatu obtida do blog Fogonazos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario