30/04/2013

Canto de Altas Poden Ser as Montañas?

por Ángel Morandeira (2º ESO)

O monte máis alto do noso sistema solar é o Monte Olimpo con 21.000m de altura e está en Marte.

Poderíamos ter unha montaña tan alta no planeta Terra?

1-Se nos baseamos na gravidade e a resistencia as rochas si poderíamos pero...

2-Non, porque a esa altura non terías osíxeno para respirar, necesitaríamos un traxe espacial.

3-A codia está formada por placas continentales que flotan nas rocas semisólidas do manto. Unha montaña de 45 km de altura ten moito peso e fundiriase e derreteríase coa calor deste, quedando a montaña con só 15 km de altitude.

4-Por outro lado, dúas placas que chocan entre elas para formar a montaña fracturan e fenden a súa estructura. Tamén, os aires e as choivas debilitan o soporte da montaña ao cabo de millóns de anos. A erosión pode arrincar os anacos no cumio da montaña e así diminuír a súa altura. Tamén pode afectar o afundimento no manto terrestre.

Conclusión: No planeta Terra non pode haber montañas tan altas.


Vídeo feito por Minute Earth traducido por Ever Salazar.

Tributo a Jane Goodall

por Clara Souto (2º ESO)

Valerie Jane Morris Goodall é unha naturista, activista e primatóloga inglesa que dedicou a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés en África e a educar e promover estilos de vida mellores para todo o planeta. Xa dende cativa soñaba con viaxar a África, vivir entre os animais e escribir libros sobre eles.

En 2003 recibiu o Premo Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica. En febreiro de 2013, a APDDA (Asociación Parlamentaria en Defensa dos Animais) concédelle o seu primeiro Premio Internacional con moitivos da sua entregada vida ao estudo e comportamento dos chimpancés en África.
Os días 16 e 17 de febreiro estivo en Burgos, España, invitada polo Museo da Evolución Humana para coñecer in situ os primeiros fósiles europeos e visitou a galería de homínidos da planta 0 do MEH. Tamén foi ata a os xacementos da Serra de Atapuerca, en compañía dos científicos do equipo de investigación.

Nesta entrevista que recollemos do diario laInformacion, Jane cóntanos como descubriu o seu interese sobre estes animais e outras cousiñas que destaco a continuación:

- "E vin aquela man collendo aquela ramiña" (contacto cos chimpancés).
- "Pensaba que os humanos eran os únicos que podían utilizar e facer ferramentas".
- "Os chimpancés enseñáronnos que estamos moito máis cerca."
- "Eles teñen altruismo".
- "Eles merecen respeto, compaixón, non merecen ser torturados, igual cos humanos".

Jane Goodall paréceme un exemplo a seguir, xa que deixou todo para convivir e estar cos chimpancés, para aprender deles e loitar polo que queren ata o final.

Terremotos en Galicia

por Adrián Rúa (2º ESO)

Na clase de Ciencias Naturais estamos dando o tema da dinámica interna do planeta e, un dos seus apartados son os terremotos.

Ollade o seguinte mapa que mostra a actividade sísmica en Galicia:

Como vemos, un dos lugares con máis sismos en Galicia é Triacastela (Lugo). Esta zona foi o epicentro de moitos sismos, pero preguntarédesvos, por qué precisamente este lugar?

Pois esta pregunta non ten unha resposta exacta, pero segundo uns datos recollidos entre os anos 1999 e 2002 din que a abundancia de sismos rexistrados en Triacastela débese a un marco tectónico situado no interior da codia terrestre, a pouca distancia da superficie.

O día 1 de xaneiro de 2013 produciuse un sismo que alcanzou unha intensidade de 3,4 graos, pero un dos máis importantes foi o ocurrido no ano 1997, que tivo unha intensidade de 5,1 graos.

Fóra de Galicia, tamén houbo importantes terremotos en España como o de Lorca (2011), que tivo unha intensidade de 5,1 graos e en Lisboa (1775), que é o terremoto máis destructivo da Península Ibérica, cunha intensidade de graos na escala de Richter (ver mapa).


29/04/2013

Ollando as Potencias de 10


 por Víctor García (2º da ESO)
Este video trata sobre ver o lugar que habitamos dende arriba, vese dende máis lonxe, canto máis grande sexa o exponente do número 10 e dende máis cerca, canto máis pequeño sexa. Ao principio o exponente vai crecendo e todo se vai facendo máis pequeno ata que non se ve. Por cada número que sube o exponente, pónselle un cero á dereita do nº 10 e así sabese a distancia a que estamos do lugar inicial, un home durmindo nun parque coa man no peito neste caso.
Unha vez chegado a 10 elevado a 24, a 100 millóns de anos luz do lugar inicial, retrocede a gran velocidade. Despois comeza a ampliar a man poñendo o exponente negativo e os ceros engádense á esquerda antes da coma.
En 10 elevado a 0 (é dicir, 1) vese a un home deitado nun mantel de picnic e una muller lendo un libro.
En 10 elevado a 2 vese o porto, o parque donde están e unha estrada.
Ao chegar a 10 elevado a 4 vese toda a cidade e grande parte do lago.
En 10 elevado a 6 vese todo o lago e case todo o continente.
En 10 elevado a 7 vese o planeta.
En 10 elevado a 9 pódese ver a órbita da Lúa.
En 10 elevado a 10 vese un pouco da órbita da Terra.
En 10 elevado a 13 vese o sistema solar e as órbitas dos seus planetas.
En 10 elevado a 16 o sistema solar desaparece e só se consegue ver o sol como un punto luminoso.
En 10 elevado a 21 vese a periferia da Vía Láctea.
En 10 elevado a 22 vese a toda a Vía Láctea e outras galaxias.
En 10 elevado a 24 todo é negro e non se distingue nada.
Agora imos ao lugar inicial e ampliamos poñendo o exponente negativo.
En 10 elevado a -1 vese un trozo de man.
En 10 elevado a -2 vese a estructura da mau.
En 10 elevado a -4 vese unha especie de fíos unidos.
En 10 elevado a -5 vese unha célula.
En 10 elevado a -7 vense os cromosomas.
En 10 elevado a -8 vese a cadena do ADN.
En 10 elevado a -10 aparecen as nubes de electróns do átomo de carbono.
En 10 elevado a -14 vese o núcleo do átomo e finalmente en 10 elevado a -15 vese un proton.
A min esta información faime pensar en grandes preguntas como:
Que é a vida? Por que estamos aquí? Cal é o significado de todo isto?
 

Unha Plantación de Eucaliptos

por Javier Ouro (1º da ESO)


Para plantar eucaliptos primeiro hai que desbrozar unha finca e despois os regos débense facer en relación coas medidas da finca. No noso caso fixemos seis regos de 200m cada un.

O seguinte paso é mercar o abono, para que a pranta medre con maior rapidez. Conseguidos xa os eucaliptos procederíamos a plantalos nun período de tempo o máis curto posible, xa que o viren do invernadoiro secan moi rápido.

O custo dos mesmos é variable, dependendo da raza. No noso caso custaron 25 céntimos cada un e veñen en caixas de 40 que fan un total de 10€ cada caixa.

O malo que teñen os eucaliptos é que estragan o monte, porque absorben moita auga e non lle deixa auga para as demais plantas e secan. O eucalipto, pola miña terra empezouse a plantar hai uns 25 anos, pero sempre hai algún animal que estraga os eucaliptos novos, o máis común é o xabarín, que destroza o eucalipto e fai que teñas que poñer outra vez o que el estragou.

Para plantar eucaliptos hai que deixar unha marxe de 10 metros respecto a finca do lado porque senón múltante. Vas poñendo os eucaliptos, facendo os buratos cun pau de ferro e bótaslles o abono para que medren máis rápido, hai que deixar de separación de eucalipto a eucalipto tres metros. Tardarán 10 anos en medrar pero a espera vale a pena.

Despois dun ano revísalos e se teñen moita broza, hai que desbrozalos. O eucalipto agora mesmo véndese moito e por moito diñeiro.



18/04/2013

O "Dream Team" Matemático

por Uxía Dablanca (2º da ESO)

Aproveitando o aprendido co traballo sobre Ecosistemas e a técnica de composición en capas con GIMP, achegamos este deseño dun "Dream Team" das matemáticas.

A capa principal é unha homenaxe a grande temporada que está a facer o equipo infantil de Palas de Rei, que xa está en semifinais da Liga Provincial. Sobre el figuran os máis grandes matemáticos de todos os tempos, con algunha modificación dos propostos nesta web.

Entre eles, o Capitán, Enrique Vidal Abascal, probablemente o matemático galego máis importante da Historia. E o Adestrador, Manuel Pazos Crespo "Coque", profesor de matemáticas da Coruña, quen este ano recibe o premio Gonzalo Sánchez Vázquez pola súa exemplar carreira docente.

Un equipo galáctico.



15/04/2013

O Raio da Terra

por Richard Teixeira (2º da ESO)

"Isto é Matemática" é un programa de divulgación matemática de cadea portuguesa SIC Noticias. Emítese todos os sábados ás 20:50h e condúceo Rogério Martins.

Este capítulo ten como obxectivo averiguar o raio da Terra. Rocío Pérez, a compañeira de 1º da ESO, xa contou como Eratóstenes resolvera este problema. Como fixeron para calculalo esta vez?

Escolleron dúas cidades portuguesas Lisboa e Sagres. Rogério andou en bicicleta desde Sagres a Lisboa e comprobou que había 200 km. entre ambas as dúas cidades. Despois chantou dous paus e mediu o ángulo que formaban os paus coas raxeiras dos sol. En Sagres medía 7 graos e en Lisboa 8,8 graos. Polo tanto había unha diferenza de 1,8 graos. Fixen este debuxo para entendelo mellor:



Para calcular o raio da Terra (un volta completa son 360 graos) temos que resolver un problema de proporcionalidade directa como xa fixemos este ano na clase. Faremos esta Regra de 3:

Ángulo (graos)          Lonxitude (km)

         1,8  ------------------------- 200
        360  --------------------------  x

Polo tanto x=360*200/1,8=40000 km.

Así obtivemos que a Terra ten un perímetro de 40000 km aproximadamente.

Para calcular o raio temos que dividir por 2π e obtemos 6366 km.

Aquí deixamos o capítulo íntegro:


14/04/2013

As 10 Ecuacións de Secundaria

por Pablo López (1º da ESO)

O escritor Ian Stewart vén de publicar recentemente a edición en castelán do libro 17 ecuaciones que cambiaron el mundo que está a ser un grande éxito editorial. Pois ben, desas 17, 10 verémolas durante a secundaria.

Porque fai nada estabamos aprendendo a sumar, restar, multiplicar e dividir. Pero agora pasamos ao seguinte nivel, aínda que algunhas ecuacións son máis ou menos fáciles como a do Teorema de Pitágoras.

Temos que buscar novos horizontes e parece que un moi importante é o das ecuacións. Estas son as máis importantes que traballaremos nos próximos 6 anos.

A verdade sexa dita: O QUE NOS ESPERA!



Unha pequena Clasificación das Plantas

Iria Rouco (1º ESO)

Despois de tratarmos na clase os animais vertebrados, invertebrados, bacterias, protozoos, etc... é o turno das PLANTAS. Achegamos esta pequena clasificación que recollín nos meus apuntamentos:


02/04/2013

O Máis Grande Primo Coñecido

por Brais Figueroa (2º da ESO)

Great Internet Mersenne Prime Search (GIMPS, "Grande Busca en Internet de Primos de Mersenne") é un proxecto colaborativo de voluntarios para atopar números primos de Mersenne. George Woltman fundou o proxecto e escribiu os programas que son responsables da análise dos números de Mersenne.

O proxecto foi exitoso: en setembro de 2008 foron atopados un total de 12 números primos de Mersenne (46 coñecidos), cada un dos que, agás o último, foi o maior número primo coñecido ata a data do seu descubrimento.

Todos os números atopados son da forma Mn, equivalente a 2^n - 1, onde n é o expoñente.


O número primo recentemente atopado  ten 17.425.170 cifras. Farían falta 13000 páxinas para mostrar o número enteiro, con unha letra de 12pt e sen espacio.

Este número descubriuno o Dr. Cooper , prolífico colaborador do GIMPS e profesor da Universidade Central de Missouri. O premio que lle deron foi de 3.000 dolares, uns 2.294 euros.

Empecei a escribir o número nun A4 apaisado (315mm). Colleron 63 díxitos e levoume 44 segundos.


Aplicando as regras de 3 vistas na clase, calculei o que me ocuparía escribilo e canto me levaría:

Empezaría a escribir en Palas, chegaría a Lugo e remataría de novo en Palas!



E levaríame 140 días escribindo as 24 horas do día!

01/04/2013

Coñecendo a Ángel Carracedo

(1º e 2º da ESO)

Ángel Carracedo é considerado na actualidade o científico galego máis importante. Dirixe un grupo de investigación en Xenética de grande prestixio internacional. As súas investigacións e descubrimentos teñen destacadas aplicacións na Medicina, sobre todo no tratamento de enfermidades hereditarias. Trátase, ademais, dunha persoa cercana e moi implicada á hora de dar a coñecer os secretos do mundo da Ciencia que el máis domina, xa sexa en congresos especializados ou nun centro educativo de secundaria. Nesta entrevista concedida ao programa Galicia por Diante da Radio Galega, o profesor Carracedo insiste na importancia de acceder ao coñecemento do noso entorno, sobre todo nos primeiros anos da ESO, estimular a curiosidade, facerse preguntas e buscar respostas do mundo que nos rodea. A entrevista encóntrase entre os minutos 20 e 40 deste corte:


 

Exercicio 1º da ESO: Recolle citas achegadas por Ángel Carracedo durante a entrevista.

Exemplo: Do que máis orgulloso me sinto é de ter formado un grupo de xente boísima

Exercicio 2º da ESO: Recolle datos sobre a vida profesional e persoal de Ángel Carracedo, achegadas polo xornalista ou polo propio científico.

Exemplo: AC colaborou na identificación de víctimas du tsunami do 2004