18 de xan. de 2013

A Matemaxia de Arthur Benjamin

por Rocío Pérez (1º ESO)

O home que aparece neste vídeo é Arthur Benjamin, aficionado ás matemáticas e tamén á maxia. Para poder gozar das dúas cousas á vez, el mesmo xuntounas e chamoulle Matemaxia.

Benjamin pide voluntarios, para que saian xunto a el, pero cunha condición, que levaran calculadora. Despois de reunilos comeza a Matemaxia. El pide ao público 2 números de 2 díxitos. Despois propón que as persoas que están xunto a el multipliquen eses números por si mesmos (cadrados). Mentres tanto Benjamin observa que a todos lles leva bastante tempo na calculadora. Benjamin aposta que el será máis rápido ca os voluntarios. E diredes que iso segue sendo fácil, non?

Pero a Benjamin non lle chegou, así que sobe e sobe os díxitos ata chegar a 5 díxitos, increíble. Que, iso xa non é tan fácil, ou? Despois de facer a conta perfecta, continua cos dous últimos trucos.

Un deles foi adiviñar un número ao que lle faltaba un díxito e, o outro, o máis increíble para min, foi adiviñar o día en que naceran algunhas persoas do público. Eles decían o ano, o mes e o día...(1,13,24...) e él adiviñaba se era luns, martes.... Foi increíble ese truco, este home é un xenio! E unha cousa máis... para calcular o número de 5 díxitos fíxoo de cabeza, sen calculadora ningúnha, nin sequera lle levou ni un segundo.

A miña conclusión é que este home non necesitaría calculadora nos exames, se todos foramos así...

7 comentarios:

  1. Rocio B. (1º E.S.O.)10:09:00, 23 de xan. de 2013

    Está moi ben redactado con expresións e todo,noraboa

    ResponderEliminar
  2. javier (1º da E.S.O)10:14:00, 23 de xan. de 2013

    Está moi ben, é un traballo bastante difícil.NORABOA!!!!!

    ResponderEliminar
  3. verónica (1º eso)10:22:00, 23 de xan. de 2013

    moi ben rocio encantame

    ResponderEliminar
  4. esta moi ben explicado e resumido enorabuena ;)

    ResponderEliminar
  5. Parabens rocio,gústame moito o teu traballo sobre Arthur Benjamin está moi ben noraboa.

    ResponderEliminar
  6. Meritxell de 1º ESO10:23:00, 23 de xan. de 2013

    Esta moi ben da forma en que o publicaches faino moito mais interesante do que è.

    ResponderEliminar
  7. Esta moi ben o traballo peréz eres unha gran matematica parabens!!!!

    ResponderEliminar