29 de xan. de 2013

As Irmás da Terra

por Rocío Ballesteros (1º ESO)

A Vía Láctea podería estar chea de planetas similares á Terra. É o que di Kepler, un satélite artificial que orbita ao redor do Sol buscando planetas extrasolares, especialmente aqueles de tamaño similar ao da Terra.

Segundo os astrónomos, unha de cada seis estrelas alberga un planeta de tamaño similar ao noso na súa órbita próxima, o que suxire que na nosa galaxia poderían existir cerca de 17.000 millóns de irmás da Terra! Os datos nos que se basearon os científicos responsables deste novo descubrimento foron recollidos polo Kepler, desde a súa posta en órbita en 2009, a zona de observación ten limitado unha parte concreta do ceo, onde ten identificado máis de 150.000 estrelas.

O doutor Burke anunciou 461 novos candidatos a planeta, unha fracción dos cales era un tamaño parecido ao da Terra o un pouco maiores, corpos que ata agora foron especialmente difíciles de detectar. Pois 10 deses poden ser habitables!

Desafortunadamente, Kepler non pode dicirnos o que en realidade queremos saber: Hai vida máis aló da Terra? Na década dos 90, algúns enxeñeiros da NASA propuxeron misións para intentar resolver esta cuestión, unha foi a “ Terrestrial Planet Finder ” un telescopio especial que captaría a luz emitida polos planetas de forma individual.

Ao principio de curso vimos que as distancias astronómicas se miden en anos luz, polo que necesitaríamos varias vidas para trasladarnos dun planeta a outro. No caso de descubrirse vida noutro planeta tardaríamos moitísimo en estudar a súa forma de vida. Aínda así penso que merece a pena intentar comunicarnos con eles. Necesitamos, por exemplo, que nos axuden a reducir a contaminación e outras cousas.

Esta é a representación artística (NASA) dun planeta irmán da Terra: o Kepler 22b.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario