18 de dec. de 2013

Falando dos Minerais

1º ESO


Se tiveras un minuto para describir un mineral, presentar a súa localización minas e xacementos e explicar os seus usos tecnolóxicos, medicinais, etc... pensarías que che había faltar moito tempo.

Pois un minuto dá para moitas cousas, e se non o cres, repara no seguinte exercicio.


Material recompilado no curso de 1º B

Exercicio: Achega un dato, característica, anécdota da exposición feita por algún dos teus compañeiros/as.

Exemplo: No Balneario de Pambre hai fontes de augas SULFUROSAS.

11 de dec. de 2013

VideoConferencia de Jorge Mira

EDLG

Xa temos dispoñible a videoconferencia do Día da Ciencia en Galego deste ano. Como recordaredes o protagonista foi Jorge Mira, que nos falou de como se medían na Grecia Clásica as distancias entre Terra, Lúa e Sol.

Este tema encaixa moi ben con dous artigos redactados neste blog, o de Rocío Pérez e o de Richard Teixeira.

Sorprendeunos a capacidade de Jorge Mira para respostar a todas esas preguntas (foron moitísimas) que lle formularon dende os case 100 centros educativos de Galicia que nese momento estaban conectados.
No minuto 5:30 Jorge Mira fai unha mención ao noso blogue e manda saúdos para o IES de Palas de Rei. Mágoa que xusto nese momento a conexión se cortara. Obrigados Jorge!


10 de dec. de 2013

A Auga Potable

Noel Gavieiro 1º da ESO

Na clase de ciencias da natureza estudamos que se denomina “auga potable” ou auga para o consumo humano, a que pode ser consumida sen restrición, debido a que grazas a un proceso de purificación non representa un risco para a saúde. Así sabemos que a auga que chega ás nosas cidades e vilas, foi sometida a un proceso de potabilización.

Os procesos de potabilización son moi variados, van dende unha simple desinfección mediante a aplicación de cloro e de ozono para as augas de  manantiais ou subterráneas. Se a fonte de auga é superficial como a de un río ou un lago, o tratamento adoita consistir nun stripping (inxección de vapor de auga), filtración e desinfección. Tamén se pode conseguir auga potable procedente do mar mediante un proceso de desalinización e destilación.

Segundo a OMS, (Organización Mundial da Saúde), a auga debe cumprir uns requisitos para ser potable. Estos son moi variados:

1-Non debe ter subtancias nocivas para a saúde; é dicir, non levar contaminantes biolóxicos (microbios), químicos (organicos ou inorgánicos) ou radioactivos.

2-Debera ter unha porción determinada de gases e de sales inorgánicos disoltos.

3-Debera ser incolora ou translúcida.

4-O seu ph debe estar entre o 6,5 e o 8,5.

5-A auga potable tamén deberá ser inodora (sen olor) e insípide (sen sabor).


Todos sabemos que a auga é indispensable para a vida, de deixar de tomala morreríamos en poucos días.

Un 70% do noso corpo está constituido por auga. Haina no interior das nosas células, na saliva, entre os nosos órganos e nos nosos ósos.

E haina tamén, e moi rica, na aldea de Vilarfonxe (concello de Monterroso), nesta fonte que fotografou o compañeiro Camilo.

Fonte de Vilarfonxe - Tirada por Camilo García

26 de nov. de 2013

Aulas na Estación Espacial Internacional

Por Pablo García (1ºA ESO)

Desde principios de curso utilizamos moito o recurso de internet para ver a ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL e como ela cumple 15 anos, decidimos realizarlle un aniversario. A Estación Espacial Internacional e un centro de investigación na órbita terrestre na que participan as axencias espaciais de Estados Unidos, Rusia, Europa, Xapón e Canadá.

Formouse enviando distintas pezas ao espacio:
  • O 20/11/1998, Rusia enviou una piza chamada Zarya.
  • O día 4/12/1998, Estados Unidos enviou outra peza cuxo nome é Unity.
  •  O 12/7/2000, Rusia volveu lanzar unha peza chamada Zuezda a cal recibiu a primeira tripulación o 31/10/2000.
  • O 11/10/2000-2007, Estados Unidos, mandou de novo unha pieza chamada Its.
  • O 7/2/2001 Estados Unidos enviou unha pieza co nome de Destinity.
  • O 20/6/20001 lanzou unha pieza co nome de Cadardam.
  • O 14/11/2007 Estados Unidos, de novo, mandou unha peza chamada Hamony.
  • O 20/2/2008 a Unión Europea envou unha pieza co nome de Columbus.
  • O 20/6/2008, por último Xapón lanzou outra pieza chamada Kibo.

A Estación Espacial Internacional, orbita 16 veces por día a mais de 28.000km/h e a 402km da superficie terrestre.

Ademais a Estación Espacial Internacional pesa entre 419-455kg, dentro ten 6 dormitorios, 2 baños, 1 ximnasio e unha xanela de 360º.

Observamos como se vía a Terra desde aí arriba, como se veu o eclipse do 3 de novembro do 2013 (foi total en Kenia), o como se vería desde a Terra a Lúa de estar á mesma distancia que a EEI.



Tamén víase o tifón Haiwan de Filipinas que foi unha masacre, ían refachos a 315km/h, matou aproximadamente a 5.320 persoas e causou moitos destragos.


Moitas das respostas que xurdiron na clase viñeron dadas polas experiencias do tripulante canadiense Chris Hadfield.Vimos como realizou un experimento: Colleu un trapo e agua, botou o agua no trapo, escurriuno e o agua non caia. Chris Hadfield enseñounos tamén como facia a comida , venlle deshidratada , e metea nun microondas e alí fáiselle. E tamén nos contou como ían ao baño.



Fonte: Microsiervos, Youtube

24 de nov. de 2013

O Efecto Invernadoiro

por Noel Gómez (1º A ESO)

En clase de Ciencias Naturais estamos estudando a atmosfera e vimos as consecuencias que tiña o CO2 na atmosfera e as súas consecuencias como o efecto invernadoiro.
Un invernadoiro está construído por cristal ou plástico no que entra a luz do Sol, que quenta o aire e o chan interior. Como as paredes son de cristal ou plástico, impiden que o aire quente escape e así mantén unha temperatura alta. Aquí mostramos unha foto tirada por Noel Gavieiro dun invernadoiro da parroquia de Mosteiro, no concello de Palas de Rei.

Invernadoiro na parroquia de Mosteiro - Noel Gavieiro
Na Terra ocurre o mesmo, a concentración de gases, sobre todo CO2, impiden a saída de raios solares reflectidos. Deste xeito acaban permanecendo na atmosfera da Terra e contribúen a aumentar a temperatura.
Causas:
  • O uso de combustibles fósiles como o petróleo e o carbón provocan unha concentración moi alta de CO2 na atmosfera.
  • Tamén os incendios forestais emiten CO2 na atmosfera.
  • A deforestación das grandes áreas contribúen a que exista menos vexetación para captar o CO2 da atmosfera.
Consecuencias:
  • Se a temperatura do planeta aumentase entre 2º C a 6ºC nas próximas décadas veránse afectadas as colleitas. O nivel de mar subía considerablemente pola desconxelación dos casquetes polares.
  • Pódese comprobar a prolongación da primavera, as temperaturas máis altas durante o período invernal nalgunhas rexións, houbo crecemento notable da vexetación en latitudes septentrionais.
  • No video que vimos na clase sobre a orixe e o futuro da Terra, estimábase que dentro de 15000 anos habería unha nova glaciación e que a Terra se cubriría de xeo. Pode ser que o ser humano estivera a alterar esta evolución.
Protocolo de Kioto:
  • En 1997 os países industrializados comprometense a reducir as súas emisións de gases no protocolo de Kioto. A Unión Europea firmou un compromiso conxunto e único en nome de todos os seus países de reducir as suas emisións totais durante o periodo 2008-2012 nun 8% respecto ás de 1990.
  • As emisións de CO2 de EEUU, en 2005, represetan o 25% das emisións totais no mundo.


As capas da Atmosfera

1º da ESO

O salto de Félix Baumgartner desde unha altura de 39 km. dá para moitas clases de ciencias e, nomeadamente, para estudar como varían as propiedades da atmosfera ascendendo ou descendendo por ela e, tamén, para facer un clase divertida.

Lembramos o artigo escrito o ano anterior por Bibiana e Laura e tiramos novas conclusións sobre o comportamento desa masa de gases na que vivimos mergulllados.

Achegamos o debuxo feito por Candela coas capas da atmosfera, aínda que somos conscientes que o paso da estratosfera a mesosfera non é tan abrupta senón que a presenza de gases que tinguen de azul o ceo baixa de maneira progresiva.

Debuxo de Candela López


21 de nov. de 2013

A Estatística nas Aulas de Secundaria


Hai uns días tivo lugar na Fundación Barrié da Coruña o XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións organizado por SGAPEIO. A grande parte das comunicacións do Congreso trataron de temas técnicos sobre as liñas de investigación activas nas diferentes institucións galegas competentes nesta área das matemáticas.

Porén, deixaron un oco para un espazo onde se fala moito dos conceptos iniciais e se desenvolven proxectos tanto de Estatística como de Probabilidade: as aulas de secundaria.

A sesión estivo guiada polo profesor Víctor Pollán (IES Poeta Díaz Castro) que comezou cunha pequena introdución sobre a presenza da Estatística nos diferentes currículos de secundaria e sobre a súa situación actual. Puxo o foco en que a formación que temos moitos dos que nos encontramos todavía en exercicio foi escasa nesta área (unha grande maioría tivemos una materia nos 5 cursos) e que xa que esta parte se traballa pouco nos institutos os proxectos educativos en torno a ela adquiren máis valor.

Gonzalo Temperán profesor no IES de Monelos, trouxo unhas experiencias de traballo en grupo para os cursos superiores da ESO e BAC, realizadas estes anos pasados. Gonzalo presentou experiencias clásicas de Probabilidade Manipulativa: Estimación de PI por métodos de MonteCarlo, o aparello de Galton, paseos aleatorios... Unha serie de actividades de grande interese didáctico, cun enfoque clásico e divertido. Podes ver aquí a súa presentación.



A intervención do profesor Jesús Rovira (IES Xoán Montes) conectou á perfección coa do seu compañeiro. Tratou moitos temas dos que falara Gonzalo mais mudando o enfoque clásico por un máis moderno orientado á simulación e traballando con Follas de Cálculo. Achegamos este material excepcional creado por Jesús para realizar as nosas simulacións na aula sobre problemas clásicos.



A continuación falou un tal Manuel Vilariño (IES do Camiño) que contou as súas (discretas) experiencias no mundo da estatística e do orgulloso que estaba do blogue Ciencia no Camiño. Un pouco fachendoso, pero ben.



Remataron o acto Gonzalo Cruz, Celia Ruiz e Paula López, estudantes do Grao de Estatística que nos presentaron o seu proxecto de App para dispositivos móbiles EasyStats!. Moita forza para eles/as e que axiña vexa a luz!

Agradecemos a SGAPEIO e, especialmente, a Víctor o convite realizado e animamos a seguir puxando para que a área de Estatística e Probabilidade, sen dúbida a máis divertida das matemáticas, goce do espazo que merece no ensino secundario.



4 de nov. de 2013

As Matemáticas da Supervivencia do Galego

ENDL

O martes 12 de novembro celebraremos unha nova edición do Día da Ciencia en Galego e participaremos na videoconferencia promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, como fixemos o ano pasado.

Nesta ocasión contamos co coñecido divulgador científico Jorge Mira como protagonista convidado, un luxo para esta xornada.

A súa palestra titúlase "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol"  e contaranos como fixeron eses gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Esta convocatoria ten tamén un obxectivo normalizador. Trátase de reflexionar sobre a importancia de valorar a Ciencia como parte da nosa Cultura e como tal, comprendela, expresala e divulgala na nosa lingua, da que estivo separada durante tantos anos.

Jorge Mira participou nun interesante estudo sobre o Futuro da Lingua Galega. Neste estudo facíase unha proxección da evolución do número de falantes en cada lingua. O resultado do modelo matemático é o seguinte:



Aquí deixamos un vídeo de 4 minutos de duración onde explica brevemente as conclusións atinxidas. A seguir propoñemos unhas cuestións para o debate na aula.



Precisas o Flash Player para ver o video.
1. Neste estudo sobre a supervivencia da Lingua Galega, que papel desempeñou Jorge Mira?
2. Segundo os estudos científicos que cita, que acontece cando conviven nun mesmo territorio unha lingua poderosa e unha lingua feble?
3. No caso de Galicia que lingua ocupa cada lugar?
4. Jorge Mira identifica un factor chave para que en Galicia non haxa tal depredación. Cal é este factor?
5. Que porcentaxe de poboación era monolingüe en galego a principios do S. XX?
6. Segundo o modelo matemático, en que ano a maioría dos/as galegos/as falará só castelán? Que opinas deste feito?
7. Jorge Mira sinala que hai marxe para que as dúas linguas convivan. Faríano en pé de igualdade?
8. Expresa con porcentaxes entre monolingüe galego, monolingüe castelán e bilingüe a situación que che gustaría que houbera na Galicia do futuro. Que medidas tomarías para conseguilo?

2 de nov. de 2013

Simulación de Eclipse Solar con Stellarium



O domingo 3 de novembro de 2013 terá lugar un eclipse solar híbrido, é dicir, o Sol, a Lúa e a Terra ficarán alineados durante uns intres.

Podes acceder a toda a información do eclipse premendo aquí.

O eclipse será total en Kenia, sobre as 15:30h. Poderás seguilo aquí ao vivo.

Pola nosa parte, podemos botar man das experiencias que tivemos con Stellarium e facer unha simulación do que veremos nese momento. 

Velaí vai:

29 de out. de 2013

Dúas historias con números

3º ESO

Estes dous vídeos que achegamos sérvennos para reflexionar sobre a relación que o ser humano tivo ao longo da Historia cos números.

 O primeiro ten que ver coas primeiras construccións numéricas feitas en tempos paleolíticos, cando a necesidade de contar atinxía só abstraccións moi simples. Mostra dese proceso son as actuais tribos de cazadores-recolectores que seguen a morar ao longo do noso planeta, e que por motivos xeográficos, históricos ou climáticos ficaron ailladas e non evoluíron dentro das civilizacións dominantes. Trátase dun corte dun documental no que un ancián aborixen australiano nos achega a súa maneira de contar.




O segundo é unha curta actual, gañadora dos premios ao mellor guión e a mellor dirección na XI Edición do Notodofilmfest. Dúas rapazas confunden a paixón polos descubrimentos numéricos do namorado dunha cun posible caso de infidelidade. O número PI é o protagonista involuntario deste engrello.

25 de out. de 2013

Para que serven as mates?

O vídeo matemático do momento titúlase "Beauty of Mathematics". Eu, ao igual que matematicasnarua, tiña outras referencias de beleza matemática. Mais o que si hai que recoñecer é que mostra moi ben a idea do que significa a abstracción e simplificación, a elaboración de modelos matemáticos, a conexión de enfoques alxébrico e xeométrico, e en resumo, a arte de entender a realidade.

Nese sentido é unha obra mestra.

21 de out. de 2013

Exposición de Astrónom@s

1º da ESO

Durante este curso de Ciencias Naturais habemos facer varias investigacións e exposicións sobre os contidos nas materias.

A primeira escollida foi sobre a vida e obra de 8 grandes astrónomos. Dividímonos por parellas e preparamos a intervención durante un minuto cada un/ha coa única axuda dunhas imaxes previamente seleccionadas que guiarían a exposición.


Exercicio Achega como comentario un dato, característica ou anécdota da vida e obra dun dos/as científicos/as presentados polos teus compañeiros/as.

17 de out. de 2013

O campo magnético terrestre

1º da ESO

Entre as características do noso planeta, hai unha que nos chamou especialmente a atención polo pouco que sabíamos dela. Trátase do campo magnético, unha envoltura invisible que nos protexe das radiacións do exterior e que fai apuntar as brúxulas cara o Norte.

Este artigo do blogue Francis (th)E mule News explica de onde provén o campo magnético terrestre e fálanos de que algún día as brúxulas apuntaron cara o Sul. O artigo está baseado na intervención do autor do blogue, o profesor Francis Villatoro, no programa de radio La Rosa de los Vientos.


Exercicio. Achega un dato ou característica que captaras do programa de radio escoitado na clase.

Exemplo: O núcleo da Terra é do tamaño de Marte e núcleo interno é do tamaño da Lúa


Ollando o Firmamento co Stellarium

1º da ESO

Aproveitando que temos instalado nos equipos Abalar a aplicación Stellarium fixemos un percorrido polos planetas e planetas ananos do noso sistema Solar. Cumprimentamos unhas táboas anotando distancias e observando características. Utilizamos internet para confirmar a existencia desa propiedade visualizada. Tamén ollamos para as estrelas máis visibles na noite e asociámolas a súa constelación e a outra estrela que denominamos compañeira.

Sandra I. Castro: "Neptuno ten unha grande mancha negra que é un burato na súa atmosfera

Exercicio: Achega a característica dun planeta exposta na clase e outra dunha das estrelas observadas.




TimeLine Xeolóxico

1º ESO

Os primeiros temas da materia de Ciencias Naturais de 1º da ESO tratan da situación da Terra no Universo e da súa composición. Para ter unha idea en perspectiva de como se formou o noso planeta, como foi evolucionando ata os nosos días, e o futuro que lle espera desde un punto de vista xeolóxico visionamos este vídeo sobre a Orixe da Terra e construímos un TimeLine coa súa Historia.

Debuxo realizado por Claudia Neyra

Exercicio: Achega na sección de comentarios un dato ou un acontecemento dos explicados no vídeo.

Exemplo: Hai 250M de anos, un cataclismo xeolóxico provocou a extinción do 95% das especies que habitaban a Terra.

16 de out. de 2013

As Enquisas On-Line

3º da ESO

Comezamos a materia de matemáticas polo bloque de Estatística onde aparecen conceptos de uso habitual como poboación, mostra representativa, diagrama de barras, ... e outros pouco coñecidos como nesgo e tendenciosidade.

Os estudos estatísticos requeren dun traballo previo de non pouca dificultade que consiste en deseñar os criterios para que a mostra na que se basee o estudo sexa representativa. Nada diso acontece nas enquisas on-line tan habituais nos medios dixitais.

Tomando como base o artigo Encuestas On-Line Buenas para Nada de José Cervera en eldiario.es onde se cuestiona a validez desta tipo de iniciativas, fixemos un percorrido polos diferentes xornais dixitais.

Escribindo colaborativamente nun documento compartido no Google Drive desta conta, fomos cumprimentando por parellas unha análise crítica das enquisas coas que nos íamos atopando.

Amosamos unha mostra do traballo feito durante unha sesión na aula de informática do noso centro. Podes acceder ao documento completo premendo aquí.



Esta pregunta formulada polo xornal dixital elmundo.es refírese á catástrofe humanitaria ocorrida na illa italiana de Lampedusa, na que morreron no naufraxio dun barco arredor de cen inmigrantes que fuxían da guerra e da miseria. Ese barco tiña capacidade para cen persoas, non obstante, ían cincocentas. A pregunta é formulada de forma que dá a entender que a UE non fixo nada para evitar a catástrofe e polo tanto a maioría dos lectores votaron que si á enquisa. Esta enquisa ten un nesgo a favor da resposta afirmativa.


Esta pregunta foi formulada polo xornal EL Universal. Refírese aos venezolanos que expulsaron a uns diplomáticos de EEUU. Eles para vingarse expulsaron a tres diplomáticos venezolanos de EEUU. Normalmente nas enquisas suele haber respostas de ‘sí’ ou ‘non’, neste caso hai catro respostas para xustificar a pregunta. Esta pregunta respóstana os venezolanos que van estar a favor desta enquisa, en cambio os de EEUU van estar en contra. A mostra non é representativa porque vai dirixida aos venezolanos. 

 


Esta enquisa foi formulada polo xornal deportivo Mundo Deportivo na súa páxina web (mundodeportivo.com). Trata sobre preguntar aos lectores do periódico sobre o valor do extremo do Barcelona, Neymar Jr, despois deste inicio de tempada. Os lectores deste xornal son maioritariamente fans do Fútbol Club Barcelona e adoran aos xogadores dese equipo. O 55% dos votantes creen que o seu valor é de máis de cen millóns, unha cifra realmente alta. Ao ver esta pregunta, a resposta xa incita a responder unha cifra de máis de cincuenta millóns xa que non deixan opcións por debaixo dos cincuenta e sete millóns. Se a xente quixese votar por exemplo unha cifra máis pequena coma vinte millóns seríalle completamente imposible. Aínda que comparando o precio de Bale e de “Ney”, o brasileño está tendo mellores cifras ca o galés custando case a metade.


 
Nesta enquisa feita polo periódico dixital Faro de Vigo, aparece a preguta de se se deberían controlar os móviles dos alumnos polos profesores. Hai unha gran maioría (92%) que vota que si, e una minoría (8%) vota que non. Seguramente deste 98% a maíoria seran pais dos alumnos, polo tanto aparece un nesgo significativo o estar a mostra implicada nunha das partes.


Esta pregunta formulada polo xornal dixital larazón.es contén información sobre o independentismo catalán. Tendo en conta que este xornal o le xente conservadora, españolista e de dereitas, a tendencia será á desaprobación popular da enquisa. Entón, todas as persoas que lean este xornal dixital, votarán que non. Polo tanto, non pode ser válida para ningún tipo de fin e prodúcese un nesgo neste sentido. Non obstante, debería ofrecerse a posibilidade de ter máis opcións ou alternativas porque pode haber diferentes opinións.



Esta pregunta formulada no xornal elmundo.es refírese á aprobación da independencia de Cataluña. A mostra non é representativa xa que o xornal El Mundo é lido, normalmente, por xente conservadora, é dicir, que está a favor da unidade de España. Ten un nesgo a favor da resposta negativa porque a xente que o le non quere que Cataluña se independice. Se esta enquisa se publicase nun xornal independentista a maioría dos lectores votarían doutra maneira.

26 de xuño de 2013

O Intruso Pitagórico


Nestas fotos achegadas por Javier, Pablo, Iria, Adrián, Alba e Aitor podemos ver o teorema de Pitágoras para a terna 3,4 e 5 representado por:

- Cereixas.
- Moedas.
- Fabas.
- Galletas.
- Garbanzos.

Sen ter moi en conta a irregulariedade dos elementos, hai un deles que claramente é un intruso. Cal é?


20 de xuño de 2013

A Enerxía Nuclear

por Samuel Pazos (2º da ESO)

Todos escoitamos algunha vez falar da enerxía nuclear, pero que é esta enerxía? Como se forma? A enerxía nuclear ou enerxía atómica é aquela que se libera espontánea ou artificialmente nas reaccións nucleares. Estas, a súa vez, son procesos de combinación e transformación das partículas sub-atómicas e os  núcleos atómicos.

A enerxía nuclear pode ser de dous tipos:
  • Se utilizan o Uranio no  proceso chámase Fisión Nuclear e non é renovable, polo posible esgotamento deste elemento.
  • Pero se por exemplo utilizan Hidróxeno no proceso chámase Fusión nuclear e pódese considerar como Renovable xa que o Hidróxeno  obtense de reaccións químicas como a putrefacción orgánica. 
A central nuclear de Óbninsk ( Rusia ) é a primeira central nuclear construída no mundo. Entrou en funcionamento o 26 de xuño de 1954.  Só tiña un 17% de rendimento térmico. Foi desactivada o 29 de abril de 2002. Hoxe está convertida nun museo.

Para o uso da enerxia nuclear foron moi importantes as aportacións destes tres investigadores:

     O científico matemático Albert Einstein, que formulou a teoría da relatividade; Demócrito de Abdera, que foi o primeiro en dar unha definición do átomo; e Antoine-Henri Becquerel, que descubriu a radioctividade.

Esta enerxía ten numerosas vantaxes:
  1. Xeneraliza o suministro eléctrico: A enerxía nuclear e a fonte de energía que máis horas funciona ao ano.
  2. E  unha enerxía limpa e non  xenera CO2. É unha ventaxa clave para frear o cambio climático.
  3. Trátase dunha  das fontes mais baratas de produción de electricidade. 32,3 kg de uranio teñen la enerxía equivalente de 100.000 toneladas de carbón
  4. Os vertidos das centrais nucleares ao exterior son mínimos.
  5. Xeran empleo. 
 
Pero a súa vez tamén ten varias desvantaxes:

  1. Risco de accidentes nucleares. Os sistemas de seguridade dos reactores nucleares actuales son moi avanzados, pero non infalibles. Exemplos son: o accidente nuclear de Chernóbil ou o de fuckushima.
  2. Residuos radiactivos. Eses son un das principais desvantaxes da enerxía nuclear.
  3. Combustible agotable. O uranio, a materia prima utilizada para a fisión nuclear, é un mineral que se extrae da terra e un recurso limitado.
  4. Non é económicamente rentable.
  5. Pode usarse con fins non pacíficos. 
En España, hai oito centrais nucleares funcionando e quince proxectos.
Aquí en Galicia non hai ningunha central nuclear activa, pero hai un proxecto en Regodola que esta parado por causas nucleares.
Os principias productores mundiais desta enerxía son Francia, Estados Unidos e Xapón.

O funcionamento dunha central nuclear é moi sencillo. Cóllese auga fría dun río, normalmente, e pásase por unhas bombas nas que se convirte en auga quente. Esta, a súa vez, convírtese en vapor de auga, que é enerxía calorífica. Este vapor de auga  pasa por unha turbina,na que a enerxía calorífica se convirte en enerxía mecánica. Finalmente, esta enerxía mecánica pasa por un xerador eléctrico na que se convirte en enerxía eléctrica.




Petróleo!

por Paula García (2º da ESO)

. QUE É?

O petróleo é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra, consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos. Tamén está formado por metais como o níquel e o vanadio.

 . COMO SE FORMA O PETRÓLEO?

Hai varias teorías que falan da formación do petróleo, a máis destacada é a teoría orgánica que di que o petróleo se formou a partir de restos de animais e algas acumulados no fondo das lagoas e no curso inferior dos ríos. Esta materia orgánica foise cubrindo en capas que en determinadas condicións de presión, temperatura e tempo tranformáronse lentamente en hidrocarburos, que xunto con outros gases e metais formaron unha mezcla. Esta mezcla constitúe o petróleo cru.

 . ONDE SE ENCONTRA O PETRÓLEO?

O petróleo encóntrase en formacións rochosas nas profundidades da Terra. As rochas porosas do interior da Terra reteñen cantidades de petróleo. O país do mundo onde se atopa máis petróleo é en Arabia Saudita, o 22,2% da cantidade do petróleo mundial.

. PARA QUE USAMOS O PETRÓLEO?

O petróleo úsase para:

- A industria: plásticos, aceiros, electrodos, fibra óptica…
- A alimentación: latas, envasados de alimentos, botellas…
- A fabricación textil: sola de zapatos, fibras sintéticas, tratamento de peles…
- A limpeza: productos de limpeza…
- A medicina: implantes de odontoloxía, gafas…
- Combustibles: calefacción, automóbiles, avións…
- Construcións: estradas, formigón, pinturas…
- A fabricación de mobles: aglomerados, produtos laminados…
- O papel: libros, tratamentos de papeis e cartóns… 

. PROBLEMAS DE ESCASEZ DO PETRÓLEO.

O petróleo é unha enerxía non renovable, o aumento da súa demanda implica a explotación excesiva do mesmo. Ao haber menos petróleo, suben os prezos. Estímase que a humanidade consumiu en cen anos, case a metade do petróleo existente inicialmente, co cal se necesitaron millóns de anos para a súa formación no subsolo. Algúns estudos veñen dicindo dende fai décadas, que unha vez consumida a métade do petróleo, o ritmo de extración comezaría a decaer. Isto implica que no século XXI baixou moito o recurso esencial para a economía e para o sistema de vida actual. Prodúcese un gran problema, xa que non se coñece outro recurso coas mesmas características có petróleo. As reservas do petróleo baixaron tanto, de xeito que no ano 1900 (s. XIX) dispoñíase do 100% das reservas mundiais do petróleo e no ano 2000 (s. XX) tan só se dispoñía do 55% das reservas mundiais.


Comedia Bífida

por Xeila Vázquez (2º ESO)

Como xa case todos sabedes, os membros do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, imos representar unha obra titulada: “Comedia Bífida”. Obra na que levamos traballando pouco mais de medio ano e á que dedicamos tempo, paciencia e moita enerxía. Non só nós, os actores e actrices, tamén o noso profesor Afonso García ao que lle debemos tod@s estes marabillosos anos que leva connosco e que sen el, hoxe non teríamos este tipo de vida. A moitas das persoas que se apuntaron este ano, o teatro cambiounos, son mellores persoas do que eran e ven as cousas doutra maneira. Afonso, dende o dia no que decidimos que esta era a obra elixida, axudounos na preparación do escenario, das vestimentas... Tamén nos axudou a saber controlar os nervios anteriores ás actuacións e a saber desfrutar cando estamos enriba dun escenario sen perder a concentración.

Malia que nos custou aprender os papeis, pois eran moi longos, axiña comezamos a colocarnos ben no escenario e a facer ensaios incorporando músicas, xogos e bailes. “Comedia Bífida” gustounos dende o primeiro momento; cando despois de lela tod@s xunt@s dixemos á vez:

-“Queremos esta obra para nós, gústanos moito.”


Por este motivo estamos tod@s orgullos@s de poder presentala en condicións diante d@s nos@s compañeir@s de clase e do profesorado. Esta obra trata dun xuízo moi particular. Realízase nas portas do ceo e xúlgase ás persoas polo feito de non falar a súa lingua nativa, no noso caso o galego. Como en calquera outro xuízo hai a acusación e a defensa, como tamén hai os mediadores entre os que se encontra o xuíz.
As representantes da acusación son: Quionia Rivas e Xulia Villasante, ámbalas dúas interpretan os papeis de demos. O seu traballo consiste en culpar, con firmes argumentos, @s acusad@s e así conseguir que saian do xuízo perdendo.
Por parte da defensa colocámonos: Patricia Viña e eu. A nosa tarefa é tentar defender @ acusad@ e queremos conseguir  que saian inocentes do xuízo baseándonos en feitos reais.

Como mediadores están Iván Arias e Paula García. Iván interpreta a San Pedro que é o xuíz, polo que é a persoa que máis manda nesa sala. Paula interpreta á axudante de San Pedro. Entre os dous deben dar a palabra á acusación ou á defensa, indicar o que se vai a facer na sala e aclarar as causas das distintas imputacións. Polo feito de seren mediadores non poden estar nin a favor nin en contra d@ acusad@.

Segundo se van sucedendo determinadas accións, van aparecendo nov@s personaxes. Cada un deles tenta defender a súa posición apoiándose na defensa para poder demostrar que, segundo eles, son inocentes. Por exemplo Adrián Paredes interpreta a dous personaxes, dous homes que á vez son moi distintos e moi semellantes, pois os dous son xulgados polo mesmo motivo: “A FALA”. A lingua na que falaron, falan e falarán.

Por outra parte está Míriam Carreira que interpreta a unha “pija” de cidade que nin ela fala o galego nin quere que os seus fillos se molesten e perdan o tempo aprendéndoo e falando pois cre que non ten uso.
Tamén están unhas irmás siamesas que son interpretadas por Aldara Mato e Andrea Vázquez, ambas as dúas están unidas por un ombro. Logo de dar dúas versións contraditorias do seu nacemento tentan exculparse dicindo que son solidarias. Dato do que a acusación toma nota e resalta que cren ser solidarias cando desprezan a lingua galega e adoptan unha nova, no seu caso a lingua tibetana.

Todas as diferentes situacións, dos distintos personaxes, dan lugar a unha confusión divertida, graciosa e sensata que finalmente remata sendo... Non o digo, que así teredes que ver unha das nosas fantásticas obras para saber como remata esta historia de intriga e reflexión lingüística

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhv049-HJeCbSFmdyMwuyZcwqqA2WcTL4ysdp0q1Pn-F02aBj6PmTrpaoRfPEv170ve-xKa6XR5dPUMz2voquhJCIkx69x-tMHV2I-kio19WzjQ6rxQRSd0c79ce3RZlwcpW_FfVTg9Slg/s400/comedia+b%C3%ADfida.jpg

Grazas a esta obra moitos de nós démonos contadas moita inxustizas e desigualdades que se levan a cabo polo feito de falar unha lingua distinta e descoñecida para moitos. Creo que estas desigualdades as levan a cabo aquelas persoas que se senten ameazadas pola diversidade lingüística, algo que non admiten por unha cuestión de medo ao descoñecido. Este tipo de obras fixéronme reflexionar sobre dous temas lonxanos pero que de certo modo se conectan, estes temas son:

O feito de que todas as linguas deben ser mantidas por un simple feito que é a comunicación que nos permiten, como ben di un dos demos nun momento da obra “As linguas son froito da diversidade contra a globalización.” O outro tema é o seguinte:

A natureza leva millóns e millóns de anos seleccionando aos mellores exemplares e a aqueles que eran capaces de adaptarse aos distintos cambios. Polo que dentro de min xorden cuestións ás que non atopo resposta coherente como pode ser: “Por que a natureza deixou no planeta aos que aprenderon a comunicarse por medio das linguas e desprezou aos que non o fixeron ou se comunicaron a través das señas?

Por estes motivo creo que as linguas se deben manter e nós como bos e boas galegos e galegas debemos defender a morte a nos lingua e temos a obrigación de falala e de sentirnos orgullosos desta nosa lingua e do fermosa que é.  Para rematar quero recordarvos a tod@s vós que malia que o inglés está ben para poder marchar ao estranxeiro non debemos esquecer de que cantas máis linguas se manteñan e durante mais anos maior será a variedade cultural. E que quede claro que o galego e as demais linguas están á mesma altura pero o galego está pasando por unha época de desuso; é pois que sacamos como conclusión que todas as linguas serven para comunicarnos dende os mais velliños ata a ultima xeración de raparigos informatizados.

19 de xuño de 2013

Escarvadentes, Larpeiradas e Poliedros

1º da ESO(*)

Rematamos o curso xeométrico deixando a un lado o papel e acrecentando un toque dóce. Seguiremos construindo poliedros mais esta vez:

- As arestas dos poliedros serán escarvadentes, neste caso planos.
- Os vértices serán "metades" de osiños de goma.

En todos eles verifícase a seguinte propiedade:

Caras + Osiños - Escarvadentes=2

Esta propiedade chámase característica de Euler e é certa para calquera corpo xeométrico delimitado por caras planas. Tivemos a ocasión de comprobalo para os regulares e para os que "ficaron" en irregulares.

Mención especial para Noelia e Verónica, capaces de construír un rixidísimo icosaedro.



Reg2

Gom

(*) Idea apañada do blog i-matematicas.


Papel, Tesoiras, Pegamento e Poliedros

1º e 2º da ESO

Utilizando o desenvolvemento plano de poliedros e armados con tesoiras, pegamentos e cores, púxemonos a construír  os corpos xeométricos propios da fase final do curso. Primeiro pintamos e despois colamos.

Velaí o resultado:

Poli1



Poli2
Poli3

18 de xuño de 2013

Especies de Caza Maior e Menor

por Unai Arteche (2º ESO)

En toda Galicia, hai moitas clases de especies animais, pero eu vouvos falar das clases de animais que habitan o noso municipio, particularmente as especies de caza. No municipio de Palas de Rei hai moitos tipos de especies de caza, pero eu vouvos falar das máis habituais.


CAZA MAIOR

O máis habitual  é o jabalí ou cocho.É un animal da familia dos suidae. Vive en bosques con moita maleza e aislados. Gústalle bañarse en ``bañeiras de barro´´, pozas feitas por el mesmo para liberarse dos parásitos, para regular a súa temperetura corporal e para marcar territorio. É un animal omnívoro e come de todo, pero sobre todo alimentase  de  raíces, por iso, os xabaríns levantan as fincas dos agricultores en busca de comida. É un animal que provoca moitos destrozos  agrícolas e numerosos accidentes nas estradas. Os machos teñen colmillos grandes e visibles para defenderse e loitar  cos outros machos.

Outro dos máis habituais é o corzo. E un animal da familia cervidae. Pode vivir  tanto en grandes praderías coma en bosques pechos. Aliméntase de brotes novos, prantas baixas e herbas. Déixanse ver ás primeiras e ás últimas horas do día nos prados pastando. Os machos teñen  unhos cornos pequenos, normalmente con 6 puntas. Rozan as árbores pequenas  para marcar territorios  cos cornos. Dormen en ``camas´´ feitas por eles no chan escarvando cas patas  e deixándoo espido  normalmente ao pé dunha árbore pequena.



CAZA MENOR


Un animal dos máis comúns é o coello. É un animal considerado  entre uns dos 100 animais invasores máis dañinos do mundo. Viven en zonas brandas para facilitar a fabricación das súas madrigueiras. Habitan en bosques ou prados con matogueiras onde poder esconderse. É un animal cunha facilidade tremenda de reproducción. É hervíviro e come todo tipo de plantas xoves ao seu alcance. É un dos animais que máis se cazan en Galicia xa que hai moitos, pero no municipio de Palas non os hai en exceso.

Outro do animais que máis se matan en Palas é o raposo. É un animal da familia dos cánidos. É carnívoro, pero tamén come ballas e insectos. É un dos animais máis pequeno da familia dos cánidos. Caracterízanse pola súa astucia e por ter un pelaxe moi preciado polos peleteiros. Vive en covas  feitas por eles no subsolo. Pode vivir en calquera lugar e pódense ver por case todo o mundo.


A perdiz é unha ave de caza que habita en praderías, campos de cultivo ou colinas secas con matos. Aliméntanse de sementes, insectos e herbas. Adoitan ir sempre polo chan  e rara vez suben ás árbores. Gústalle tomar ``baños de pó´´ na terra. En Palas non hai moitas por iso todos os anos bótanse moitas, pero non viven todas xa que hai moitos depredadores.

Por último, vouvos falar dun páxaro que non coñeceredes a maioría, a chocha pardiz ou arcea. É un páxaro migratorio que ven do norte de europa a pasar o inverno no sur de europa, xa que no sur, o inverno é máis cálido. Tamén habitan en Asia. É un animal crepuscular.  Caracterízase por ter un pico largo e un unhas plumas fermosas para camuflarse no bosque. Habita zonas húmidas con moita vexetación. Saen a comer miñocas e insectos aos prados de noite. Aínda que non se vexan moito, e unha das especies de caza  que máis abundan no inverno no noso municipio.




En Palas de Rei a caza e moderada e non hai moita caza furtiva, pero como en moitos lugares, hai xente que abusa da caza.

17 de xuño de 2013

Unha Maqueta Mareomotriz

por Iván Vázquez Casanova (2º da ESO)

A finais de maio propuxéronos na materia de Naturais que fixéramos un traballo sobre as enerxías máis utilizadas no mundo. Ao meu grupo (formado por Alicia,Brais e eu) tocounos a enerxía mareomotriz. Ao principio pareceunos unha enerxía moi complexa, máis que nada porque é unha enerxía que está en experimentación e nos non sabíamos como funcionaba esa enerxía.

O noso profe deunos o guión cos puntos clave do traballo. Había que explicar a historia, funcionamento, características… O meu grupo máis eu puxémonos a facer o traballo, empezamos a estudar os puntos, púxenme a pensar  e comenteille aos do meu grupo unha idea:

O profe quere explique como funciona unha central mareomotriz, pois, pensei, quedaría mellor explicar todo nunha maqueta que nun debuxo; aos meus compañeiros do grupo encantoulles a idea así que me puxen a ela. Pensando en como facer a maqueta fixen uns  puntos do que tiña que ter a maqueta:

-Ser resistente.
-Ser realista.
-Ser articulada, é dicir, teñen que andar as aspas, ten que ter un transformador de enerxía mecánica a enerxía eléctrica.
-Ser a escala.

Para facer isto collin o un mecano profesional que teño, que, como profesional, trae motores potentes, rodamentos, máis de 200 pezas… resumindo, son moito mais difíciles que os normais.

-Collín unha plancha e aglomerado para facer a base da maqueta.
-Situei encima da plancha de aglomerado outra plancha máis pequena, pero esa xa é de ferro e aí empecei.
-Fixen 4 columnas para termar todo.
-A esas catro columnas púxenlles 3 escuadras para que tivesen moita resistencia.
-Fixen as dúas aspas e as súas bases cuns rodamentos que tiña no mecano.
-As dúas aspas púxenlles unhas gomas que van dar ao centro da torre, pero o transformador non se ía poñer na metade da torre!
-Había que buscar unha forma de amarralo na base, pero ainda así tiña un problema: se a enerxía das aspas ían dar ao medio da torre como irían dar ao fondo onde o transformador? Pois moi fácil, facer o mesmo que fixen cas aspas, poñer rodamentos.
-Desgraciadamente averióuseme o motor e non atopei o transformador; así que substituín transformador e motor por unha manivela.
-Despois recubrin toda a central con chapa do mecano.
-Por ultimo, para darlle altura a maqueta púxenlle 5 madeiras das caixas da froita, amarreinas todas con puntas e para que non quedase moi soso collín unha pintura plateada e pintei todo.

Isto foron os meus pasos para facer a maqueta. Esta maqueta non foi a primeira que fixen, fixen  máis de 65 maquetas, entre elas grúas, embalses, teleféricos, coches, catapultas, trituradoras dos desguazes… pero isto non foi mirando por manual, isto todo fíxeno argallando ca cabeza, por que eu sempre penso que é o que mellor resultado é o que fabrica un mesmo, e buscar na imaxinacion é uns dos puntos máis importantes para facer cousas como as que fago.

Animo a tod@s a que fagan cousas destas!

Vm

A Materia e os seus Elementos

1º da ESO

Estivemos a traballar a semana pasada a táboa periódica dos elementos. Dividímonos en parellas e cada unha tiña que estudar dous elementos e deseñar unha pequena presentación de como máximo dous minutos onde nos explicaran a toda a clase:

- Número atómico (protóns e electróns) dese elemento.
- Lugar onde se encontran.
- Uso que lles deu/dá a Humanidade.
- Científico/a que o descubriu/traballou con el.

As presentacións debían estar formadas só por imaxes e o corpo do traballo consistía nas explicacións dadas por cada grupo. Valorábase a orixinalidade, os materiais achegados, traballo en  equipo,...



Exercicio: Inclúe como comentario, algún dato ou característica dos elementos presentados polos teus compañeiros/as ou por ti mesmo.

13 de xuño de 2013

A Estrela de Brunes ... nun minuto

por Andrea Ayaso (2º da ESO)

A estrela de Brunes é unha estrela de oito puntas coñecida por aparece no libro “The secrets of Ancient Geometry”. O libro conta con 21 capítulos nos que os principais temas son os seguintes:

1. As primeiras experiencias.
2. A especulación sobre o tempo e os números.
3. A aparición da figura 7 como factor simbólico.
4. Nacemento e desenvolvemento da especulación xeométrica.
5. Rectángulo e triángulo de Circle. Dividir a circunferencia do círculo.
6. A aplicación da xeometría antiga.
7. Xeometría antiga e o seu lugar no Antigo Exipto. As pirámides: A gran pirámide  de Keops. Pirámide de Keops en relación coa xeometría antiga.
8. Libro do Éxodo: Ritual da importancia do Tabernáculo de Moisés.
9. Matemáticas exipcias e a influenza da xeometría antiga. Medidas de capacidade, medidas da área e cálculo triangular.
10. Pitágoras e un análise xeométrico de Timeo de Platón.
11. Os templos da antigüidade, o templo de Ceres, o Theseum, o templo de Poseidón, o Partenón e os plans e as proporcións das columnas do templo.
12. Xeometría aplicada no sitio da construcción antiga.
13. Arcos de triunfo da era cristiá.
14. A xeometría antiga alcanza a Idade Media. A antiga catedral de Colonia, a nova Catedral de Colonia e o Panteón.
15. A sección áurea e o Sagrado Cut.
16. Xeometría antiga, arte figurativa, arte en Exipto, escultura en Grecia e floreros, tarros, etc.
17. A escritura cuneiforme, os números e a maneira das cousas para contar.
18. ABC do alfabeto moderno.
19. Trelleborg, a Praza forte vikinga.
20. A orixe do xedrez.
21. Antiga xeometría e tempos modernos.



O escritor do mesmo chámase Tons Brunes e é o  creador do polígono cóncavo de dezaseis lados que se configura resaltando o contorno definido pola construcción. Na balconada da Gran Sinagoga de Budapets constátase a presenza de formas estreladas diseñadas a partir dos trazados básicos que conforman a estrela de Brunes.
Na aplicación gratuíta matemática GeoGebra constrúese da seguinte maneira:
1. Primeiro, invisibilizamos os eixos e creamos o punto (0,0) na barra do fondo que pon “Entrada”.
2. A continuación, un esvarador de 0 a 20 na barra superior e outros dous puntos, o (a,0) e o (0,a).
3. De seguido, coa opción de polígono regular unimos os puntos e trazamos os puntos medios do mesmo.
4. Xa logo, unimos todos os vértices con todos os puntos e unha vez realizados os segmentos invisibilizámolos puntos e o polígono.
5. Para continuar, marcamos os puntos exteriores que teñen as rectas como unión e invisibilizamos todas as liñas, quedando desta maneira só os puntos.
6. Finalmente, unimos os vértices cun polígono e da que teñamos o polígono, invisibilizamos os puntos, deixando así rematada a estrela de Brunes.

Gravamos un vídeo coa construción nun minuto:



Gustoume moito facer este traballo porque aprendín e practiquei cousas novas, espero poder volver facer máis.

A Lus do Mundo


"A Lus do Mundo"  é un documental realizado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para conmemorar o 100º aniversario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, nado na parroquía dos Vilares do dito concello chairego.

Mediante este traballo, preténdese divulgar a figura do poeta entre toda a comunidade educativa do centro, entre veciños/as do concello e en toda Galicia.

Neste documental interveñen dúas figuras fundamentais que coñecen moi ben a Díaz Castro e ao centro educativo ao que lle dá nome. Alfonso Blanco e Marica Campo impartiron aulas durante moitos anos no instituto de Guitiriz e agora colaboran para promocionar a súa candidatura a ser homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

A obra fundamental de Díaz Castro é o poemario Nimbos, e o seu poema cumio Penélope. Moitos expertos/as coinciden en valorar a extraordinaria calidade dunha poesía que en vida non foi convenientemente exposta. Cómpre a súa difusión e dende o noso Ciencia no Camiño apoiamos a candidatura deste poeta veciño. Deixamos aquí os seus versos máis celebres:

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
 i a tea dos tesus sonos non se move. 
A espranza nos teus ollos se esperguiza. 
Aran os boi e chove

Penélope - Nimbos


Gozade do vídeo e da súa sensacional banda sonora:


11 de xuño de 2013

Gráficos 3D Feitos a Man

por Noelia García Gavieiro e Verónica Pardo (1º da ESO)
 

Na unidade 14 estamos estudando os elementos químicos, e a unha compañeira e a min  pareceunos interesante facer unha maqueta cun diagrama de sectores dos elementos químicos que contén o universo, o ser humano e a codia terrestre en tres dimensións.

Para realizar este traballo fai falta a seguinte listaxe de cousas:

  • 2 cartulinas de cores distintas
  • 1 bote de cola
  • varios botes de pintura de cores distintas
  • 1 rotulador
  • pegamento
  • celo
  • lápis
  • cartón
  • cutter ou tesoiras
  • unha escuadra
  • pinceis

Os pasos a seguir son os seguintes:

 Empezamos por pintar un cartón. Con unha tapa en forma redonda moldeamos as cartulinas ata que nos quedaron uns sectores circulares. Logo fixémoslles as marcas de separación dos elementos químicos con lápis e escuadra. Mentres unha das duas pintaba os diagramas dos sectores segundo as marcas, a outra facía unhas etiquetas nas cales despois poñeríamos os nomes dos elementos.

Cando xa estaban secos pegámolos na cartulina anteriormente pintada e ao lado as cartulinas que antes recortamos en forma de “T”. Finalmente  deixámolo secar toda unha noite. Aquí tedes o resultado:


Graf1
Composición do Ser Humano


Graf2
Composición da Codia Terrestre

Graf3
Penduramos o traballo na cortiza da clase



Universo Pitágoras

por Iria Rouco e Alba Vizcaíno (1º ESO)

Libro: Universo Pitágoras 
Autora: Rocío Leira Castro
Editorial: Biblos

Alba: Este libro trata dunha nena chamada Xiana, á quen non lle gustaban nada as matemáticas. Un día pola noite púxose moi nerviosa, xa que ao seguinte día tiña un exame de mates. Esa noite tivo un gran pesadelo. Vía todas as cousas en forma de números, tanto os animais, como os edificios. Acontenceu o seguinte:

Iria: Un lobo achegóuselle a Xiana e a rapaza asustouse porque só tiña lapis e papel. Quería enfrentarse ao lobo co lapis pero ao lobo o único que lle entrou foi risa. A nena empezou a chorar e o lobo díxolle que non a ía roer, que se estaba alí era precisamente para axudala. Á rapaza custoulle entrar en razón pero acabou por fiarse del e preguntoulle que que facía ela alí. O lobo tras un anaco respondeulle que unha meiga enmeigara a todo o mundo pitagórico e estaba conseguindo que todos se enfadaran entre eles. Aclaroulle que o único que tiña que facer era resolver algunha que outra adiviña para atravesar as 6 portas do Universo.

Alba: Cada pregunta acertada conseguía unha chave e ía abrindo portas ata chegar a sexta porta, onde remataba o pesadelo e todo volvía a normalidade na súa cabeza. Ao seguinte día súa nai espertouna e Xiana foi facer o exame de mates á escola.

Este libro gustoume moito, xa que para min as matemáticas son un pesadelo coma a protagonista do libro. Pero neste libro axudoume a ver as matemáticas doutra maneira mas divertida a partir de agora.


6 de xuño de 2013

A Xeración de Enerxía

grupo 2º da ESO

Estas últimas semanas estivemos traballando sobre a Enerxía e a súa produción por parte do ser humano. Non entramos nos detalles que veremos o curso que vén na materia de Física e Química, mais quixemos facer un traballo de divulgación sobre os diferentes modelos enerxéticos da actualidade, representados neste esquema:



Divididos en 9 grupos repartímonos o traballo. Buscamos mapas, gráficos, fixemos composicións con GIMP, recompilamos información sobre científicos asociados a cada modelo, analizamos a súa presenza en Galicia, vantaxes, inconvenientes, futuro, produción, esquemas de funcionamento, mostramos vídeos de menos de 1 minuto e ata algún grupo fixo unha maqueta! Todo isto para expoñer en 5 minutos que quedaron en xeral moi curtos.

Para completar o traballo faremos o seguinte exercicio:

Exercicio: Escribe como comentario unha frase na que se recolla un dato, unha característica ou un feito relacionado con cada unha das exposicións presentadas.