O gasóleo B tamén denominando gasóleo agrícola, é un líquido de cor branco e verdoso e de densidade sobre 832 kg/m3 utilizado nos motores diesel de maquinaria agrícola e industrial e na calefacción. Eu aos tractores sempre lles boto deutz turbodiesel 15w40 que tamén serve para coches pero non vale para hidráulicos. Os prezos subiron ultimamente e aínda que está subvencionado para traer 1000 litros de gasoil fáiseche pouco. Un tractor non é un coche.
Hai alternativas como o biodiesel que é un líquido feito por graxa de animais e plantas. Pódese facer na casa seguindo unhos pasos:
Mesturas unha garrafa con aceite das patacas fritidas cunha garrafa con metoxido.
Axítalo durante unha hora.
Cunha mangueira pequena extraemos o líquido para outro recipiente limpo e no fondo queda a glicerina porque é máis densa.
No frasco, coa glicerina, tamén queda metanol, xabóns e o catalizador (hidróxido potásico). Isto é un "residuo" da fabricación de BIODIESEL, e aínda que teña utilidades, non o necesitaremos. Con este residuo oscuro e denso podes facer un bon xabón.
Despois pásalo para outro frasco e de aí ao coche. Pero os coches de antes do 1998 hai que lles cambiar os manguitos de caucho porque o biodiesel estrágao e habería que cambialos por outros de viton ou felton.
Estes días na clase de Matemáticas estivemos a traballar co GeoGebra e a construír rectas nos triángulos que se xuntaban nun mesmo punto. Vimos o Circuncentro, Baricentro, Ortocentro e Incentro. Pero aínda hai máis...
Pierre de Fermat foi un xurista e matemático francés. Naceu en Beaumont-de-Lomagne (Francia) o 17 de agosto de 1601, e morreu o 12 de xaneiro de 1665 en Castres (Francia). Fermat foi xunto René Descartes un dos principais matemáticos no século XVII.Descubriu o cálculo diferencial antes que Newton e Leibniz, foi cofundador da teoría de probabilidades xunto a Blaise Pascal e independentemente de Descartes, descubriu o principio fundamental da xeometría analítica. Porén, é máis coñecido polas súas aportacións á teoría de números, en especial polo coñecido como último teorema de Fermat, que preocupou aos matemáticos durante aproximadamente 350 anos, ata que foi demostrado en 1995 por Andrew Wiles axudado por Richard Taylor. Fermat é un dos poucos matemáticos que contan cun asteroide co seu nome, (12007) Fermat. Tamén se lle deu a denominación de Fermat a un cráter lunar de 39 km de diámetro.
O punto de Fermat de un triángulo, tamén chamado punto de Torricelli, é un punto tal que a distancia total dende os tres vértices do triángulo ao punto é a mínima posible. O seu nome débese a que o problema foi planteado orixinalmente por Fermat nunha carta privada para Evangelista Torricelli, quen o resolveu. O punto de Fermat dá unha solución á mediana xeométrica e ao problema do árbore de Steiner para tres puntos. Para conseguir este punto fixen o seguinte:
1º Fixen nun ficheiro GeoGebra un triángulo calquera.
2º Fixen tres triángulos equiláteros co modo polígono regular de tres vértices. O primeiro triángulo ten un lado dende o vértice B, ata o vértice A.
3º Para distinguir este triángulo púxenlle outra cor mediante propiedades do obxecto e púxenlle un estilo raiado. Tamén lle puxen un pouco de opacidade. O segundo triángulo ten un lado dende o vértice C ao vértice B.
4º Repito a operación anterior pero póñoo de distinta cor. O terceiro triángulo ten un lado dende o vértice A ao vértice C, e volvo repetir a mesma operación pero con distinta cor aos outros triángulos.
5º Seguidamente trazo unha recta que pasa por dous puntos, neste caso: o vértice A co seu oposto, vértice E; o vértice B co seu oposto, o vértice F; e o vértice C co seu oposto, o vértice D.
6º Se seguiches estes pasos, verás que estas rectas se cortan todas nun punto, ese é o punto de Fermat.
7º Coloco un punto novo nesa intersección e grazas ás propiedades do obxecto, consigo poñerlle cor, facelo máis grande e poñerlle o seu nome.
Este post foi inspirado por un artigo da revista Mathesis do IES Otero Pedrayo da Coruña.
Na 2ª avaliación realizamos un traballo por equipos sobre os diferentes Ecosistemas. Eu quixen aprofundar sobre os ecosistemas de dunas e, nomeadamente, sobre as Dunas de Corrubedo e a súa contorna.
O parque natural das Dunas de Corrubedo e das lagoas de Carregal e Vixán localízase no vértice occidental da península do Barbanza, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia, no concello coruñés de Ribeira.
Está considerado zona húmida de importancia internacional (RAMSAR) e lugar comunitario de interese (LIC). O elemento máis destacable da súa paisaxe é unha gran duna móbil, a única en toda Galiza, froito da acción combinada do mar e do vento. Ao non estar vexetada, os ventos do sudoeste predominantes no inverno fan que se mova uns poucos centímetros todos os anos cara o interior.
O parque conta cunha lagoa dóce e outra salgada. A dóce, a lagoa de Vixán, naceu ao pecharse unha frecha litoral, limitando así as achegas de auga a varios regatos. A lagoa de Carregal, de auga salgada, mantén a comunicación co mar, e por iso as súas augas teñen unha maior salinidade. Ambas as dúas forman hábitats tan singulares que a flora e a fauna presentes teñen características moi especiais. A paisaxe complétase cunha longa cadea de dunas, marismas, extensas chairas, piñeirais e terras de labor.
A fauna característica está constituída por mamíferos coma o teixugo, o esquío, a lontra, o ourizo cacho e o raposo. Así coma por aves coma o pato cullerete, o charneco, o lavanco, o pato asubión, a cerceta do estío, o pernileiro, o pirlo bulebule, a pillara papuda, a galiñola negra, o carrán cristado, a mobella ártica, a píldora raiada, a gabita, a garza pequeña, o mazarico rabipinto, o cullereiro e a pillara dourada. Entre eles presentan relacións intraespecíficas de asociacións gregarias, sociais e familiares. Tamén interespecíficas, nas que se dá o inquilinismo e a depredación.
A flora autóctona son o cardo mariño, o feo de praia, os xuncos, os carrizos, os ranúnculos e a salicornia. Algunhas especies son endémicas do noroeste peninsular e están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.
DOLMEN DE AXEITOS
O Dolmen de Axeitos é un monumento funerario megalítico prehistórico levantado en época neolítica. Está situado na provincia da Coruña, na península do Barbanza e máis concretamente en Axeitos, o que lle dá o nome. Composto por sete ortoestatos, grandes e planas pedras de granito chantadas na terra conformando unha planta poligonal sobre a que se apoia outra lousa horizontal de 4,5m x 3,5m, considérase un dos máis antigos, grandes e mellor conservados de toda Galiza.
Para construír os dolmens, primeiro, a xente buscaba sitios altos e con boa visibilidade. Normalmente, dende a posición dun dolmen podíase ver o seguinte. Despois, buscaban a pedra. A maneira de extraela era con cuñas de madeira. Mollábanas e metíanas nas fendas das rochas que, debido á presión, rachaban. Xa logo, cavaban grandes fosas na terra e metían, axudados de cordas, aí as pedras. Colocaban a da cabeceira e máis tarde, as dos lados dous a dous. Finalmente, tapaban todo con terra para que os animais non foran aos corpos. Actualmente, son chamadas mámoas en galego ou túmulos en castelán.
A altura real das pedras é sobre uns 3 ou 4 metros, xa que a metade delas está soterrada baixo terra.
O Dolmen tamén é coñecido por Pedra do Mouro, xa que os veciños pensaban que aí había tesouros.
O MIRADOIRO DA PEDRA DA RÁ
O miradoiro da Pedra da Rá é unha rocha asentada sobre unha elevación de 209m. na península do Barbanza.
Construíron unha escaleira duns 15m. para subir ao alto desta onde hai unha plataforma onde observar a paisaxe e comprobar nunha brúxula de formigón a localización dalgúns pobos desta parte da Ría de Arousa.
Ofrece unha das mellores panorámicas da beiramar oeste de Galiza. Albíscase polo sur o Monte de Santa Tegra, polo norte a ría de Muros e parte do cabo Fisterra. Máis preto, a lagoa de Vixán e a de Carregal, a impresionante praia do Vilar, as Dunas de Corrubedo e a Illa de Sálvora. Nesta cima está situado o castro A Cidade, no que se atoparon pedras pulidas, cerámica e machadas.
Moitas son as lendas que relacionan estes lugares, unha das máis fermosas e populares é a seguinte:
A LENDA DE VALVERDE
Contan que fai moito, moito tempo, existía na Parroquia de Oliveira unha vila chamada Valverde, un pobo moi próspero, debido aos negocios que alí se facían e pola riqueza pesqueira e agrícola. Pero a xente co tempo volveuse codiciosa, só pensaban en aumentar as súas riquezas e buscar o seu propio beneficio. E comezaron as disputas e as envexas entre os veciños.
Entón o alcalde, en vez de axudar ao pobo, coas súas ansias de poder, o que fixo foi impoñer altísmas rentas, co cal todas as posesións pasaron ao seu poder.
Un día, apareceu unha muller cun meniño en brazos e despois de recorrer triste e apenada a vila, presentouse na casa do alcalde, díxolle que era María e que lle anunciaba unha terrible maldición que envolvería ao pobo e el sería o primeiro en coñecer a ira de Deus.
O alcalde non lle fixo caso e botouna fóra.
María foise triste, polo camiño a través das pistas do Monte da Curota, afastándose o máis rápido posible da traxedia que ía acontecer. Camiño da Curota, encontrouse cun labrador que lle preguntou a onde ía con tanta présa. Ela respondeulle que fuxía da fatalidade e que se puxera a cuberto.
Entón unha tormenta colleu toda a terra dos camiños, a area das praias e, coma un tornado, dirixiuse a Valverde, que quedou sepultada. Cando todo acabou, o labrador levantouse asustado e dende onde estaba viu como o pobo de Valverde estaba soterrado baixo montes de area e barro. María continuaba andando, e o labrador díxolle que mirase como quedara Valverde; ao que ela contestou: Eu non quero ver tal. Entón María e o neno quedaron inmóbiles e aí están no Cruceiro de Moldes, ao pé da estrada que vai á Curota.
A vila de Valverde estaría soterrada baixo as Dunas de Corrubedo. O pobo que está entre as Dunas e a Curota chámase Bretal (de Ver Tal) en alusión ás últimas palabras da Virxe.
Gustoume moito facer este traballo porque coñezo moi ben o lugar xa que eu máis a miña familia somos de alí. Deixo aquí unha reportaxe fotográfica sobre a contorna e os animais do ecosistema, aínda que non todas as fotos son miñas. Fixen a composición co Windows Movie Maker.
Todos nos preguntamos alguna vez como sería se alguén resumira o día de hoxe comparándoo ao mes, ano, século… Pois eso e exactamente o que vou facer eu.
O día que fixen o traballo foi un martes entón imos resumir ese mesmo día. Como pode pasar un día tan longo a convértese nun día tan insignificante?
Se comparas ese día co mes de marzo verás que ese día diminúe cada vez máis, como se fora una mazá, cada vez que a vas comendo vaise quedando máis pequena, pois é exactamente o mesmo.
Agora imos a comparar ese mesmo día cun ano…
Ese día vai a disminuir cada vez máis ata que non nos demos conta de que existe, pero hai unha diferenza en canto o comparamos co mes de marzo, esta vez tamén disminúe o mes e o día en torno ao ano 2013.
Despóis imos comparar ese día co 1º Milenio, 2º Milenio, e 3º Milenio, e a continuación, hai 11500 anos, a chamada Época Helocénica. Despois o Periodo Cuaternario hai 2,5 millóns de anos, a Era Cenozoica hai 66 millóns de anos, o Eón Phanerozoico hai 542 millóns de anos e a formación da Terra hai 4540 millóns de anos.
A seguir imos facer a conta artás: nace a vida hai 3600 millóns de anos, primeira fotosíntese hai 2500 millóns de anos, nacemento do primeiro peixe hai 500 millóns de anos, creación dos insectos hai 400 millóns de anos, formación dos réptiles hai 360 millóns de anos, nacen os mamíferos hai 200 millóns de anos, aparición das aves hai 150 millóns de anos, formación do ser humano (homo sapiens sapiens) hai 200,000 anos e finalizamos na creación do universo hai 13700 millóns de anos.
Toda a información que empreguei para facer este traballo busqueina na web de “Here is today” alí, senón entendiches algo de aquí, aparéceche moi ben explicado.
Na clase de Ciencias Naturais estamos estudando a medida da materia e, xunto coa de Matemáticas, traballamos os cambios de unidades fixados polo Sistema Métrico Internacional. Pero non todo é SMI:
O Ferrado é unha medida de superfice que existe en Galicia e que se corresponde cos metros cadrados de terreo que fan falta para encher o antigo ferrado de madeira con trigo.
Ferrado de Madeira
Serviu en épocas pasadas como indicador da calidade dos terreos destinado ao cultivo, de forma que a maior cantidade de metros cadrados que teña un ferrado menor productividade de terreo.
Cada concello conta cunha medida. En Palas mide 604m2, ao igual que nos concellos da comarca da Ulloa (Antas e Monterroso).
Preguntándolle a familiares e veciños que cantos m2 ten un Ferrado,
todos me dixeron que 1 Hectárea son 16 Ferrados o que equivale a 10.000m2. Pero
ningún me soupo dicir cantos m2 ten 1 Ferrado. Tamén me dixeron que 17
kg de semente de millo son un Ferrado, e que 13 kg de pan ou trigo tamén
son un Ferrado.
Sabemos que a xente di que 16 ferrados é igual a unha Hectárea, pero, que temos que facer para comprobalo?
Multiplicamos 604m2 , que en Palas equivalen a un ferrado, por 16 que son os ferrados que, seica é unha Hectárea, o que nos dá un total de 9.664m2.
Se llos restamos a 10.000m2 que son os metros cadrados aos que equivale 1 Hectárea danos un total de 336m2.
Hectárea-------------------------------100m2 x 100m2 =10000m2 -9664m2 (16 ferrados en Palas) 336m2
Faltan 366m2 para que no caso de Palas, 604m2, sexa 1 Ha. Así que o saber popular é moi valioso pero algo inexacto.
Deixamos aquí unha táboa coa extensión de cada concellos que recollimos da web EduGaliza.
Vemos que no veciño concello de Guntín un Ferrado ten 436 m2, bastante menos que en Palas, así que se unha de Guntín intenta venderche un terreo, tes que andar con moooito coidado.
A leituga é un alimento ideal para acompañar a unha carne ou a un peixe. Tamén podemos engadirlle outros alimentos, e facer unha ensalada mixta, propia para unha cea lixeira.
Pero antes de tela no prato ten que pasar unha serie de procesos para que sexa unha leituga grande e saborosa:
Primeiro dentro das leitugas, encontramos varios tipos:
A chamada Escarola, que é unha leituga de inverno moito máis dura que as outras para así aguantar o frío sen se estragar.
Despois hai unhas máis tenras para principios da primavera. Estas son as chamadas Reinas de Maio, son moi brandiñas, pero ao vir a calor espigan axiña e xa non valen para comer.
Para o verán a máis axeitada é a chamada Marabilla de Verán é un pouco máis dura que a anterior, pero aguanta a calor do verán tardando moito en espigar.
Para obter unhas boas leitugas o mellor e coller sempre a semente da casa:
Cando cortamos unha leituga o anaco de cano tapámolo cun pouco de terra, así deste cano van saíndo uns fillos que logo van botar unha flor e, nesas flores, está a semente. Temos que deixala secar ben. Logo collémola e gardámola para desfacerlle as flores á hora de sementar.
Unha cousa moi importante é ter ben abonada e traballada antes de facer o sementeiro. O mellor é abonar e traballar a terra uns meses antes para que o abono este ben curtido e a terra esté boa de debasar. Un bo abono para as leitugas é o esterco dos becerros, vacas coellos, etc..... e nada de abonos químicos, xa que ao final son malos para a nosa saúde.
A sementeira podemos facerlla a primeiros de abril, xa que moito antes fai mal tempo e non nacerían as leitugas. O primeiro que temos que facer e volver a mover a terra onde queiramos sementar. Despois deixámola máis ou menos chá e sementamos, logo de botar a semente temos que botarlle mesmo coas mans un pouco de terra por encima, pero pouca non poden taparse como se fosen as patacas.
Xa por último o mais conveniente é tapalas cun plástico transparente para protexelas do frío das noites, tamén o plástico gárdalles a calor do Sol do día e brotan mais axiña.
Cando xa son un pouco grandes, xa valen para transplantar e temos que ir arrareando nelas por onde mais xuntas están. Trasplantámolas para outra terra deixándolles un pouco de separación entra unha e outra para que teñan sitio para medrar. Xa transplantadas, debemos regalas todos os días, sobre todo se fai moita calor. Sempre é mellor regalas pola mañá que á noite xa qu pola noite pode xear ou facer néboa e ao estar molladas quéimanse.
Pasada unha semana, cando xa vemos que están prendidas, temos que moverlles a terra a todas elas para desapretalas e romper a capa dura que formou por arriba a terra ao regar.
Se seguimos estes pequenos consellos, obteremos unhas leitugas grandes e saborosas para comer.
Os números palindrómicos son números que ao revés se len igual. Hai tamén frases palindrómicas como “a torre da derrota” ou, en castelán, “la ruta nos aportó otro paso natural”.
Exemplos de números palindrómicos: 71317,10201...
Na primeira avaliación de matemáticas demos os criterios de divisibilidade entre eles está o do 11, que é o seguinte:
1. Para saber se un número é divisible por 11 hai que sumar as cifras que ocupan os lugares pares e impares por separado.
2. Facemos unha resta para saber a diferenza entre as dúas sumas.
3. Se a diferenza é 0 ou múltiplo de 11 daquela si é divisible entre 11.
Pois ben, cúmplese que os números palindrómicos cun número par de cifras serán sempre divisibles entre 11!
A razón é que ao aplicar o criterio de divisibilidade, como dixen antes, se agrupaban os números das posicións pares e impares, e se facía unha suma por separado.
Esa suma dará dous números iguais porque se sumaron os mesmos números pero só que estaban en diferentes lugares e a diferenza será 0.
Exemplo: 24688642 é un número palindrómico de oito cifras:
Posición Par: 4+8+6+2=20
Posición Impar: 2+6+8+4=20
Diferenza=20-20=0
Polo tanto, divisible por 11!!
Así que un número palindrómico cun número par de cifras non pode ser primo.
Para máis información podes ver esta páxina de onde saquei unha pirámide palindrómica para completar o artigo:
Comentábase que este ano foi o mais chuvioso dende xa hai tempo. A xente xa se empezaba a cansar de ter que andar co paraugas todo o día. A choiva ademais de nos estar cansados dela, produciu destragos. Por exemplo, botouse a perder a colleita de cereixas de cedo e así con moitas máis cousas pero tamén se desbordaron moitos ríos provocando a inundación de moitos baixos de negocios cerca do cauce dos ríos.
Pero é tamén algo beneficioso porque os encoros están case ou sen o case ao 100% da súa capacidade cando un tempo atrás estábase a falar de fraccionar o consumo de auga por mor da seca. Eu estiven facendo un estudo meteorolóxico:
Como xa fixeramos nun traballo anterior, tomei os datos da estación de Melide (a máis cercana a Palas) da web de MeteoGalicia. A estación comezou a traballar no 2004, así que só teño datos dende ese ano. Comparei a choiva (l/m2) nos primeiros 100 días do ano en todos eses anos. Fixen unha táboa:
Observando a táboa podemos ver que dos anos 2004 ata o ano 2013 o que máis choveu foi o 2013. En xaneiro, como podemos observar non chegou nunca a 200 litros por metro cadrado, agás este ano. En febreiro, hai uns meses case non chove e outros que xa están tocando os 200 l por metro cadrado. En marzo deste ano foi o mes que máis choveu con moitísima diferenza. Así se desboradaron os ríos!. En abril choveu moito, aínda que bastante menos que o ano pasado.
O gráfico é o seguinte:
Esperemos que tanta chuvia nos dé un respiro no que queda de ano!