20 de xan. de 2013

Descubrindo a Curuxás


por Pablo (1º ESO / EDLG)

Ramón Rodríguez Varela máis coñecido como Curuxás, naceu en Vilouriz (Toques) en 1904. Morreu no Freixeiro (Palas de Rei), o 14 de maio de 1967.

Antigo lexionario, foi mineiro nas minas de wolframita (unha mena de wolframio que estudamos na clase) de San Fins, en Lousame. Alí, no CPI Cernadas de Castro recórdano no seu blog. Pertencía ao sindicato anarquista da CNT. O seu primeiro acto de rebeldía foi roubar as nóminas da mina onde traballaba, en 1937. En 1941 escapou da súa casa familiar porque o foi buscar a Garda Civil e matou a un cabo deste corpo. A partir de aí xuntouse coa xente dos arredores de Palas de Rei que lle axudaron a construír escondrexos por todo o monte do Careón. Xesús un compañeiro de clase e veciño do lugar onde estivo agochado Curuxás explícanos nun artigo como chegar a ese escondrexo. Ademais de coñecer todo o monte do Careón como a palma da súa man, contaba coa axuda de todos os veciños dos arredores, un deles era o padriño de Xesús, que coñeceu a Curuxás un día de treboada no Careón. 

Todo comezou cando o padriño de Xesús estaba co “forestal” cando, de súpeto, comezou a chover, eles sabían dun palleiro cercano, onde foron para regardarse da chuvia. Chegou primeiro o padriño de Xesús ao palleiro, porque era máis novo ca o “ forestal” e corría máis, sorprendeuse moito ao ver que alí estaba aquel home, el só o coñecia de vista, pero os rumores que había pola vila acerca de Curuxás non eran moi bos así que colleu medo e deuse media volta para marchar. Xusto nese momento, Curuxás ao darse conta de que o rapaz collera medo ergueuse e dixo “tranquilo podes quedar aquí que non che vou facer mal ningún”. A partir daí fixéronse moi bos amigos. En 1947 abandonou as armas pero o réxime de Franco seguiuno perseguindo ata que en 1967 morreu por causas naturais. Sempre permanecerá na historia, o único guerrilleiro que escapou de Franco e é de aquí da nosa terra. Chamábanlle CURUXÁS. 

 

19 comentarios:

  1. Moito animo seguide así!!!

    ResponderEliminar
  2. Richard Teixeira(2º ESO)13:15:00, 22 de xan. de 2013

    Gustame que na nosa terra haxa persoas como CURUXÁS.

    ResponderEliminar
  3. Curuxás un ídolo gallego.

    ResponderEliminar
  4. Andrea López e Florencia13:19:00, 22 de xan. de 2013

    Convencéstesnos completamente sobre a boa persoa que foi Curuxás. Moi bo traballo! Parabéns! :D

    ResponderEliminar
  5. Moi bo traballo Pablo!!! Para bens

    ResponderEliminar
  6. Mario Vecino (2ºESO)13:21:00, 22 de xan. de 2013

    Gustame moito o voso traballo sobre CURUXÀS.

    ResponderEliminar
  7. Noraboa polo traballo, espero que sigas así de traballador.

    ResponderEliminar
  8. Xeila Vázquez (2º de ESO)13:21:00, 22 de xan. de 2013

    Moi ben Pablo, documentachete ben.
    gústame que en galiza axa xente como CURUXÁS, un exemplo a seguir!!

    ResponderEliminar
  9. Parabéns por esa entrada!
    Gostounos moito e descubrimos moitas cousas sobre a gran persoa que foi Curuxás, gracias a vós e a Xusto:)

    ResponderEliminar
  10. Samuel Pazos ( 2º ESO )13:28:00, 22 de xan. de 2013

    Parabéns pola túa entrada!
    Gustoume moito, espero que haxa máis xente como Curuxás en Galicia. Noraboa Pablo:)

    ResponderEliminar
  11. Parabéns Pablo. Bon traballo.

    ResponderEliminar
  12. Noraboa Pablo pola entrada!CURUXAS!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  13. parabens pablo encantame o teu traballo;)

    ResponderEliminar
  14. Rocio B. (1º E.S.O.)10:02:00, 23 de xan. de 2013

    Moi ben Pablo redactachelo moi ben,quedouche de marabilla

    ResponderEliminar
  15. Parabéns polo teu traballo Pablo,espero que haxa máis xente como Curuxas!

    ResponderEliminar
  16. javier (1º da E.S.O)10:08:00, 23 de xan. de 2013

    Noraboa polo investigamento,xa non quedan personaxes así na nosa terra.

    ResponderEliminar
  17. Meritxell de 1º ESO10:10:00, 23 de xan. de 2013

    Fixechelo moi ben douche a enoraboa.

    ResponderEliminar
  18. Está ven Pablo a verdade que foi un placer traballar contigo.

    ResponderEliminar
  19. esta moi ben o traballo de curuxas os meus parabens

    ResponderEliminar