16 de xan. de 2013

Pequeno Tributo a Mr. Attenborough

por Andrea Ayaso (2º ESO)

David Frederick Attenborough naceu en 1926 en Londres, Inglaterra. Polo tanto ten 86 anos e é un dos divulgadores científicos naturalistas máis coñecidos da televisión. Presentou durante moitos anos os documentais de natureza da BBC. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2009, en Oviedo. O seu último traballo realizado a modo de despedida foi o titulado “What Wonderful World”, no que el mesmo canta a famosa canción de Lois Amstrong, mentres nos demostra mediante varias secuencias a extraordinaria e espectacular beleza que ten o noso planeta Terra.

Neste vídeo distínguese a biocenose, que é a parte formada por todos os seres vivos, e o biótopo, que é a parte inorgánica do ecosistema. Un ecosistema é o conxunto de seres vivos que habitan nun determinado lugar, as relacións que se establecen entre eles e o lugar físico onde viven, así como as características do lugar e as relacións entre o medio e os organismos. Neste vídeo podemos apreciar diferentes ecosistemas mariños, constituídos por diversos animais como pingüinos, focas, medusas, leóns mariños, cabaliños de mar e baleas. E tamén ecosistemas terrestres, formados por todo tipo de plantas e flores, monos, águias, mouchos, suricatas, rinocerontes, bisontes, elefantes, rás, patos, leóns, tartarugas e osos polares. Tanto nos ecosistemas terrestres como nos mariños, debe existir unha variedade de animais que son os que contribúen ao seu equilibrio.

Todo esto vímolo días antes na clase de Naturais. Esperamos seguir traballando máis cousas sobre este tema. Eu creo que os insecticidas, herbicidas e pesticidas, producen un dano irreversible ao medio ambiente e poñen en perigo estes ecosistemas á vez que perxudican gravemente a nosa saúde. Paremos todo isto practicando un consumo resposable: Reduce, Reutiliza, Recicla.




9 comentarios:

  1. Andrea, encántanos este pequeno tributo, noraboa polo teu traballo.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Andrea gustariame que puxeras mais entrada

    ResponderEliminar
  3. O traballo feito pola nosa compañeira Andrea e excelente,moitas felicidades !!!!!

    ResponderEliminar
  4. Paula García e Fátima Castro.13:57:00, 18 de xan. de 2013

    Noraboa pola entrada Andrea!
    Encantounos a túa entrada e pensamos que mereces máis de medio punto:)

    ResponderEliminar
  5. Andrea López e Florencia13:57:00, 18 de xan. de 2013

    Encántame o tema que escolliches e o video. Penso igual ca ti acerca dos insecticidas e de máis. Noraboa! :)

    ResponderEliminar
  6. Andreiña, parabén por ese traballo. Gustounos moito, tes que facer mais.

    ResponderEliminar
  7. Andrea felicitámoste por este bo traballo,sigue asi.

    ResponderEliminar
  8. Adrián R. (2º ESO)13:58:00, 18 de xan. de 2013

    Que ben, segue así.

    ResponderEliminar
  9. Que ben Andrea, sigue asi

    ResponderEliminar