30 de xan. de 2013

A Cicloxénese Explosiva Gong

por Noelia García Gavieiro (1º da ESO) 

A cicloxénese explosiva Gong deu comezo o seu paso por Galicia ás 6 da madrugada do sábado 19 de xaneiro. Gong entrou en Galicia provocando grandes ventos, inmensas choivas e, ao seu fin, algunhas nevaradas.


A pesar de todas as chamadas que o 112 puido recibir, non podemos esquecer dos dous mortos que deixou en Cartagena (Murcia). Recordamos que chovía sobre mollado e que os ríos se desbordaron, o Ebro chegou aos 6,2 metros por Castellón (Navarra) e coma este moitos máis. Deixou unha morea de accidentes ao seu paso como cortes de subministro, tamén chegou a tirar árbores etc... Pero o sábado día 19 de xaneiro aínda empeorou a situación, na cidade de Vigo caeron varias árbores que esmagaron moitos coches.

En Cangas o aire arrasou con varios tellados e a auga asolagou baixos comerciais e colexios. A cicloxénese explosiva non deixou recanto sen tocar. Na mañá do sábado houbo grandes momentos de tensión. Nas zonas costeiras os refachos de vento entre 10h e 11h eran de 126-149 km/h. As ondas do mar chegaron a ascender aos 8 m. de altura, e nalgún punto ata os chegaron a superar. As choivas eran tremendamente importantes, entre 90 e 10 l/m2.




Comprobando os datos ofrecidos pola estación meteorolóxica de Melide (a máis próxima a Palas de Rei é a que xa utilizamos no noso Estudo Meteorolóxico) o que choveu no mes de xaneiro no 2012 e o que choveu os días 18 e 19 de xaneiro de 2013, observamos que choveu moito máis en dous días que nun mes. Dado que o 1 de xaneiro foi o día que máis choveu no 2012 e que só choveu 18 l/m2 se llos restamos aos 91,1 l/m2 que foi o que choveu o 18 danos unha diferenza de 73 l/m2 a maiores que o ano pasado!

Estas gráficas (preme para ampliar) achegadas polo meteorólogo Carlos Fdez. Balseiro mostran moi ben o que aconteceu, relacionando os conceptos de presión e velocidade do vento como vimos na clase no tema da Atmosfera:

A presión barométrica empezou as 05:20h arredor de 1007 mb e ao pasar xusto medio día baixou ata os 976 mb. Este cambio brusco é o que determina isobaras moi xuntas e alta velocidade do vento. O aire empezou indo a uns 10 km/h pero acabou a uns 100km/h unha cousa que se nota moito e que causou semellantes estragos.


1 comentario:

  1. Meritxell de 1º ESO6 de feb. de 2013, 09:48:00

    moi ben da maneira en como o fixeches esta o doble de interesante.

    ResponderEliminar