por Pablo (1º ESO / EDLG)
Ramón
Rodríguez Varela máis coñecido como Curuxás, naceu en Vilouriz
(Toques) en 1904. Morreu no Freixeiro (Palas de Rei), o 14 de maio de
1967.
Antigo
lexionario, foi mineiro nas minas de wolframita (unha mena de
wolframio que estudamos na clase) de San Fins, en Lousame. Alí, no CPI Cernadas de Castro recórdano no seu blog. Pertencía
ao sindicato anarquista da CNT. O seu primeiro acto de rebeldía foi roubar as nóminas da mina onde traballaba, en 1937. En 1941
escapou da súa casa familiar porque o foi buscar a Garda Civil e
matou a un cabo deste corpo. A partir de aí xuntouse coa xente dos
arredores de Palas de Rei que lle axudaron a construír escondrexos
por todo o monte do Careón. Xesús un compañeiro de clase e veciño
do lugar onde estivo agochado Curuxás explícanos nun artigo como
chegar a ese escondrexo. Ademais de coñecer todo o monte do Careón
como a palma da súa man, contaba coa axuda de todos os veciños dos
arredores, un deles era o padriño de Xesús, que coñeceu a Curuxás
un día de treboada no Careón.
Todo comezou cando o padriño de
Xesús estaba co “forestal” cando, de súpeto,
comezou a chover, eles sabían dun palleiro cercano, onde foron para
regardarse da chuvia. Chegou primeiro o padriño de Xesús ao
palleiro, porque era máis novo ca o “ forestal” e corría máis,
sorprendeuse moito ao ver que alí estaba aquel home, el só
o coñecia de vista, pero os rumores que había pola vila acerca de
Curuxás non eran moi bos así que colleu medo e deuse media volta
para marchar. Xusto nese momento, Curuxás ao darse conta de que o
rapaz collera medo ergueuse e dixo “tranquilo podes quedar aquí
que non che vou facer mal ningún”. A partir daí fixéronse moi
bos amigos. En 1947 abandonou as armas pero o réxime de Franco
seguiuno perseguindo ata que en 1967 morreu por causas naturais. Sempre
permanecerá na historia, o único guerrilleiro que escapou de Franco
e é de aquí da nosa terra. Chamábanlle CURUXÁS.
Moito animo seguide así!!!
ResponderEliminarGustame que na nosa terra haxa persoas como CURUXÁS.
ResponderEliminarCuruxás un ídolo gallego.
ResponderEliminarConvencéstesnos completamente sobre a boa persoa que foi Curuxás. Moi bo traballo! Parabéns! :D
ResponderEliminarMoi bo traballo Pablo!!! Para bens
ResponderEliminarGustame moito o voso traballo sobre CURUXÀS.
ResponderEliminarNoraboa polo traballo, espero que sigas así de traballador.
ResponderEliminarMoi ben Pablo, documentachete ben.
ResponderEliminargústame que en galiza axa xente como CURUXÁS, un exemplo a seguir!!
Parabéns por esa entrada!
ResponderEliminarGostounos moito e descubrimos moitas cousas sobre a gran persoa que foi Curuxás, gracias a vós e a Xusto:)
Parabéns pola túa entrada!
ResponderEliminarGustoume moito, espero que haxa máis xente como Curuxás en Galicia. Noraboa Pablo:)
Parabéns Pablo. Bon traballo.
ResponderEliminarNoraboa Pablo pola entrada!CURUXAS!!!!!!!!!
ResponderEliminarparabens pablo encantame o teu traballo;)
ResponderEliminarMoi ben Pablo redactachelo moi ben,quedouche de marabilla
ResponderEliminarParabéns polo teu traballo Pablo,espero que haxa máis xente como Curuxas!
ResponderEliminarNoraboa polo investigamento,xa non quedan personaxes así na nosa terra.
ResponderEliminarFixechelo moi ben douche a enoraboa.
ResponderEliminarEstá ven Pablo a verdade que foi un placer traballar contigo.
ResponderEliminaresta moi ben o traballo de curuxas os meus parabens
ResponderEliminar