17 de xuño de 2013

Unha Maqueta Mareomotriz

por Iván Vázquez Casanova (2º da ESO)

A finais de maio propuxéronos na materia de Naturais que fixéramos un traballo sobre as enerxías máis utilizadas no mundo. Ao meu grupo (formado por Alicia,Brais e eu) tocounos a enerxía mareomotriz. Ao principio pareceunos unha enerxía moi complexa, máis que nada porque é unha enerxía que está en experimentación e nos non sabíamos como funcionaba esa enerxía.

O noso profe deunos o guión cos puntos clave do traballo. Había que explicar a historia, funcionamento, características… O meu grupo máis eu puxémonos a facer o traballo, empezamos a estudar os puntos, púxenme a pensar  e comenteille aos do meu grupo unha idea:

O profe quere explique como funciona unha central mareomotriz, pois, pensei, quedaría mellor explicar todo nunha maqueta que nun debuxo; aos meus compañeiros do grupo encantoulles a idea así que me puxen a ela. Pensando en como facer a maqueta fixen uns  puntos do que tiña que ter a maqueta:

-Ser resistente.
-Ser realista.
-Ser articulada, é dicir, teñen que andar as aspas, ten que ter un transformador de enerxía mecánica a enerxía eléctrica.
-Ser a escala.

Para facer isto collin o un mecano profesional que teño, que, como profesional, trae motores potentes, rodamentos, máis de 200 pezas… resumindo, son moito mais difíciles que os normais.

-Collín unha plancha e aglomerado para facer a base da maqueta.
-Situei encima da plancha de aglomerado outra plancha máis pequena, pero esa xa é de ferro e aí empecei.
-Fixen 4 columnas para termar todo.
-A esas catro columnas púxenlles 3 escuadras para que tivesen moita resistencia.
-Fixen as dúas aspas e as súas bases cuns rodamentos que tiña no mecano.
-As dúas aspas púxenlles unhas gomas que van dar ao centro da torre, pero o transformador non se ía poñer na metade da torre!
-Había que buscar unha forma de amarralo na base, pero ainda así tiña un problema: se a enerxía das aspas ían dar ao medio da torre como irían dar ao fondo onde o transformador? Pois moi fácil, facer o mesmo que fixen cas aspas, poñer rodamentos.
-Desgraciadamente averióuseme o motor e non atopei o transformador; así que substituín transformador e motor por unha manivela.
-Despois recubrin toda a central con chapa do mecano.
-Por ultimo, para darlle altura a maqueta púxenlle 5 madeiras das caixas da froita, amarreinas todas con puntas e para que non quedase moi soso collín unha pintura plateada e pintei todo.

Isto foron os meus pasos para facer a maqueta. Esta maqueta non foi a primeira que fixen, fixen  máis de 65 maquetas, entre elas grúas, embalses, teleféricos, coches, catapultas, trituradoras dos desguazes… pero isto non foi mirando por manual, isto todo fíxeno argallando ca cabeza, por que eu sempre penso que é o que mellor resultado é o que fabrica un mesmo, e buscar na imaxinacion é uns dos puntos máis importantes para facer cousas como as que fago.

Animo a tod@s a que fagan cousas destas!

Vm

5 comentarios:

  1. Moi bo traballo Iván espectacular a maqueta mais o resto... Espero que aproves Naturales.

    ResponderEliminar
  2. Rocío Pérez (1ºESO)18 de xuño de 2013, 09:36:00

    Os meus parabéns. Un traballo increíble e unha maqueta impresionante... debeuche levar moito facer a maqueta.

    ResponderEliminar
  3. moi bó traballo os meus parabéns .(gustame moito felicidades )

    ResponderEliminar
  4. Moi ben feito a maqueta notase que te esforzaches bastante e non só está bastante ben a maqueta se non o traballo en xeral douche os meus parabéns ivan.

    ResponderEliminar
  5. Moi ben a maqueta está moi ben gustoume moito, parabéns.

    ResponderEliminar