11 de xuño de 2013

Universo Pitágoras

por Iria Rouco e Alba Vizcaíno (1º ESO)

Libro: Universo Pitágoras 
Autora: Rocío Leira Castro
Editorial: Biblos

Alba: Este libro trata dunha nena chamada Xiana, á quen non lle gustaban nada as matemáticas. Un día pola noite púxose moi nerviosa, xa que ao seguinte día tiña un exame de mates. Esa noite tivo un gran pesadelo. Vía todas as cousas en forma de números, tanto os animais, como os edificios. Acontenceu o seguinte:

Iria: Un lobo achegóuselle a Xiana e a rapaza asustouse porque só tiña lapis e papel. Quería enfrentarse ao lobo co lapis pero ao lobo o único que lle entrou foi risa. A nena empezou a chorar e o lobo díxolle que non a ía roer, que se estaba alí era precisamente para axudala. Á rapaza custoulle entrar en razón pero acabou por fiarse del e preguntoulle que que facía ela alí. O lobo tras un anaco respondeulle que unha meiga enmeigara a todo o mundo pitagórico e estaba conseguindo que todos se enfadaran entre eles. Aclaroulle que o único que tiña que facer era resolver algunha que outra adiviña para atravesar as 6 portas do Universo.

Alba: Cada pregunta acertada conseguía unha chave e ía abrindo portas ata chegar a sexta porta, onde remataba o pesadelo e todo volvía a normalidade na súa cabeza. Ao seguinte día súa nai espertouna e Xiana foi facer o exame de mates á escola.

Este libro gustoume moito, xa que para min as matemáticas son un pesadelo coma a protagonista do libro. Pero neste libro axudoume a ver as matemáticas doutra maneira mas divertida a partir de agora.


5 comentarios:

  1. Ben redactado, moi ben explicado e moi fácil de comprender. Moi bo traballo Iria e Alba.

    ResponderEliminar
  2. BO TRABALLO Iria e Alba! Espero que o libro fose facil de ler!!!

    ResponderEliminar
  3. Rocío Pérez (1ºESO)18 de xuño de 2013, 09:58:00

    Moi ben, un bo resumo... parace moi interesante o libro.Meus parabéns.

    ResponderEliminar
  4. moi ben alba encantoumee xenial!!

    ResponderEliminar
  5. Iria Rouco y Alba Vizcaíno (1º ESO)20 de xuño de 2013, 18:54:00

    Grazas, pero Iria qué, Xesús?

    ResponderEliminar