19 de xuño de 2013

Escarvadentes, Larpeiradas e Poliedros

1º da ESO(*)

Rematamos o curso xeométrico deixando a un lado o papel e acrecentando un toque dóce. Seguiremos construindo poliedros mais esta vez:

- As arestas dos poliedros serán escarvadentes, neste caso planos.
- Os vértices serán "metades" de osiños de goma.

En todos eles verifícase a seguinte propiedade:

Caras + Osiños - Escarvadentes=2

Esta propiedade chámase característica de Euler e é certa para calquera corpo xeométrico delimitado por caras planas. Tivemos a ocasión de comprobalo para os regulares e para os que "ficaron" en irregulares.

Mención especial para Noelia e Verónica, capaces de construír un rixidísimo icosaedro.



Reg2

Gom

(*) Idea apañada do blog i-matematicas.


5 comentarios:

  1. Rocío Pérez y Jenifer Iglesias (1ºE.S.O)20 de xuño de 2013, 09:08:00

    Un traballo impresionante. Felicitacións Noe e Vero por ese ICOSAEDRO, moi ben.

    ResponderEliminar
  2. verónica e noelia 1º eso20 de xuño de 2013, 09:14:00

    Gracias, levounos un tempo facelo pero con tempo e paciencia todo é posible.

    ResponderEliminar
  3. Esto foi impresionante cantos mais palillos tiña mais aguantaba e felicidades a Noelia e a vero que lles quedou moi ven

    ResponderEliminar
  4. Rocio B. (1º E.S.O.)20 de xuño de 2013, 09:16:00

    O traballo foi divertido,o final as chuches acabaron no noso estómago.Tamén quero darlle felicidades a Noe e Vero polo traballo por que para facer aquelo hai que lle ter maña.

    ResponderEliminar
  5. Iria Rouco y Alba Vizcaíno (1º ESO)20 de xuño de 2013, 18:52:00

    Encántame o ICOSAEDRO Noe e Vero, saiubos xenial.Parabéns!

    ResponderEliminar