por Noelia García Gavieiro e Verónica Pardo (1º da ESO)
Na unidade 14 estamos estudando os elementos químicos, e a unha compañeira e a min pareceunos interesante facer unha maqueta cun diagrama de sectores dos elementos químicos que contén o universo, o ser humano e a codia terrestre en tres dimensións.
Para realizar este traballo fai falta a seguinte listaxe de cousas:
- 2 cartulinas de cores distintas
- 1 bote de cola
- varios botes de pintura de cores distintas
- 1 rotulador
- pegamento
- celo
- lápis
- cartón
- cutter ou tesoiras
- unha escuadra
- pinceis
Os pasos a seguir son os seguintes:
Empezamos por pintar un cartón. Con unha tapa en forma redonda moldeamos as cartulinas ata que nos quedaron uns sectores circulares. Logo fixémoslles as marcas de separación dos elementos químicos con lápis e escuadra. Mentres unha das duas pintaba os diagramas dos sectores segundo as marcas, a outra facía unhas etiquetas nas cales despois poñeríamos os nomes dos elementos.
Cando xa estaban secos pegámolos na cartulina anteriormente pintada e ao lado as cartulinas que antes recortamos en forma de “T”. Finalmente deixámolo secar toda unha noite. Aquí tedes o resultado:
![]() |
Composición do Ser Humano |
![]() |
Composición da Codia Terrestre |
![]() |
Penduramos o traballo na cortiza da clase |
Parabéns! o traballo quedouvos xenial pero por dentro da cartulina leva algo para que se suxeite?.
ResponderEliminarNon por dentro solo leva os picos que lle sobresalían antes de pegalos.
EliminarMoi traballo parabens! E costoubos moito tempo facelo?
ResponderEliminarCasi toda a tarde.
EliminarUn traballo increíble... Pero a maqueta da codia terrestre un pouco deformada, pero bueno... jajaja, é broma.
ResponderEliminarNon, é a verdade saiunos un pouco deformada.
Eliminar