por Silvia Viña (1º ESO) (*)
Este vídeo trata sobre como podes obter cantos fideos podes facer cunha pouca de masa. É moi fácil... se sabes potencias.
O que tes que facer e ir dobrando a masa en metades ata que che dé o número de fideos que ti queiras (que debe ser unha potencia de 2) neste caso 4096 fideos.
Con esta técnica podes convetir un só fideo en 4096!
O chef deste vídeo é Kin Jing Mark (un chef chinés).Agora explicareivos como o fai:
Preparamos a masa para facer os fideos. Amasámola ben ata que estea lista. Estiramos unha única tira de fideo (2 elevado a 0) e imos dobrando pola metade, multiplicando por dous e obtendo 2 elevado a 1, é dicir, 2 fideos. E así...
2 elevado a 2=4 fideos.
2 elevadoa 3=8 fideos.
2 elevado a 4=16 fideos.
2 elevado a 5=32 fideos.
2 elevado a 6=64 fideos.
2 elevado a 7=128 fideos.
2 elevado a 8=256 fideos.
2 elevado a 9=512 fideos.
2 elevado a 10=1024 fideos.
2 elevado a 11=2048 fideos.
2 elevado a 12=4096 fideos
Espero que vos gustase. A min pareceume increible. Disto podemos sacar unha conclusión: as potencías non só valen para as matemáticas, tamén para outras cousas. Por exemplo, para comer.
Vídeo obtido vía o blog Microsiervos.
encantoume o teu traballo e algo impresionante ver como son de finos os fideos;)
ResponderEliminarParabéns Silvi! Encántoume o teu traballo, xa que o vídeo dos fideos é impresionante.
ResponderEliminarImpresionante, parabéns Silvia =)
ResponderEliminarÉ impresionante como dese cacho de masa poidan sair 4096 fideos. Parabéns por ese magnifico traballo Silvia!;)
ResponderEliminar