3 de xuño de 2013

Potencias e Fideos

por Silvia Viña (1º ESO) (*)

Este vídeo trata sobre como podes obter cantos fideos podes facer cunha pouca de masa. É moi fácil... se sabes potencias.

O que tes que facer e ir dobrando a masa en metades ata que che dé o número de fideos que ti queiras (que debe ser unha potencia de 2) neste caso 4096 fideos.
Con esta técnica podes convetir un só fideo en 4096!
O chef deste vídeo é Kin Jing Mark (un chef chinés).Agora explicareivos como o fai:

 Preparamos a masa para facer os fideos. Amasámola ben ata que estea lista. Estiramos unha única tira de fideo (2 elevado a 0) e imos dobrando pola metade, multiplicando por dous e obtendo 2 elevado a 1, é dicir, 2 fideos. E así...

 2 elevado a 2=4 fideos.
 2 elevadoa 3=8 fideos.
 2 elevado a 4=16 fideos.
 2 elevado a 5=32 fideos.
 2 elevado a 6=64 fideos.
 2 elevado a 7=128 fideos.
 2 elevado a 8=256 fideos.
 2 elevado a 9=512 fideos.
 2 elevado a 10=1024 fideos.
 2 elevado a 11=2048 fideos.
 2 elevado a 12=4096 fideos

Espero que vos gustase. A min pareceume increible. Disto podemos sacar unha conclusión: as potencías non só valen para as matemáticas, tamén para outras cousas. Por exemplo, para comer.

 

Vídeo obtido vía o blog Microsiervos.

4 comentarios:

  1. encantoume o teu traballo e algo impresionante ver como son de finos os fideos;)

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Silvi! Encántoume o teu traballo, xa que o vídeo dos fideos é impresionante.

    ResponderEliminar
  3. Impresionante, parabéns Silvia =)

    ResponderEliminar
  4. É impresionante como dese cacho de masa poidan sair 4096 fideos. Parabéns por ese magnifico traballo Silvia!;)

    ResponderEliminar