polo EDLG
Este ano 2013 conmemoramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (baixa a edición facsímil) de Rosalía de Castro, a nosa máis grande escritora. Este acontecemento é trascendental para a historia da literatura galega e, en xeral, da nosa lingua, xa que se considera que pon fin aos Séculos Escuros e marca un rexurdir do galego como lingua viva para alén dos usos populares nos que foi recluída durante tantos anos.
A figura de Rosalía segue a ser estudada e interpretada na actualidade. Na forza dos seus versos xúntanse moito máis do folclore sentimentalista no que foi situada.
Rosalía foi unha loitadora do seu tempo, rebelde contra as inxustizas sempre do lado dos desfavorecidos, a favor da causa das mulleres e da lingua galega, para a que reiniciou a súa Historia.
No noso centro educativo sumámonos aos actos propostos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e ao seu manifesto reivindicativo.
Xunto coas actividades desenvolvidas nas aulas, expuxemos no recibidor do noso centro unha escolma de poemas dos Cantares para nos seguir enchoupando da súa enerxía 150 anos despois.
Dende o EDLG pedímosche que participes nesta celebración deixando a túa pegada nun comentario, escribindo uns versos de Cantares Gallegos (aquí a versión en html):
Non hai sitiño que máis me agrade
ResponderEliminarque aquel muíño dos castañares,
donde hai meniñas, donde hai rapaces,
que ricamente saben loitare;
donde rechinan hasta cansarse
mozos e vellos, nenos e grandes,
e anque non queren que aló me baixe,
sin que o soupera na casa naide,
fun ó muíño do meu compadre;
fun polo vento vin polo aire.
Pasa rio, pasa rio,
ResponderEliminarcó teu maino rebulir,
pasa pas' antr' as froliñas
color d' ouro e de marfil,
a quen c' os teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
Pasa, pasa, mais non vexan
que te vas á ó mar sin fin,
por qu' estonces ¡ay! probiñas!
Canto choráran por tí!
Si souperas qu' estrañeça,
Si souperas que sofrir,
desque dél vivo apartado
o meu coraçon sentiu!
Tal m' acoden as soidades
tal me queren afrixir,
qu' inda mais feras m' afogan,
si as quero botar de min,
y ¡ay! que fora das froliñas
vendote lonxe de si
ir pó la verde ribeira,
da ribeira dó Carril!
Pasa, pasa caladiño,
có teu manso rebulir,
camiño dó mar salado,
camiño dó mar sin fin,
e leva estas lagrimiñas
si as de chegar por ali
pretiño dos meus amores
pretiño dó meu vivir.
Ay! quen lagrimiña fora!
Prá ir meu ben unda tí...
Quen fixera un camiñiño
para pasar, ay de min!
Si o mar tibera barandas
forate ver á o Brasil;
mais ó mar non ten barandas,
amor meu, por dond' ey d' ir?
Cando vos oio tocar,
ResponderEliminarcampaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
i hoxe teño media vida.
Solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaran, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.
Quíxente tanto,meniña,
ResponderEliminartívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón
Aló pó la mañanciña
ResponderEliminarSubo enriba dos outeiros,
Lixeiriña, lixeiriña.
Com' un-ha craba lixeira,
Para oir das campaniñas
A batalada pirmeira.
A pirmeira d' alborada
Que me traen os airiños,
Por me ver mais consolada.
Por me ver menos chorosa,
Nas sus alas má traen
Rebuldeira e queixumbrosa.
Queixumbrosa e retembrando
Por antr' e verd' espesura,
Por antr' o verde arborado.
E pó la verde pradeira,
Por riba da veiga llana,
Rebuldeira e rebuldeira.
Cada estrela, o seu diamante;
ResponderEliminarCada nube, branca pruma,
Trist' á lua marcha diante.
Diante marcha crarexando
Veigas, prados, montes, rios,
Dond' ó dia vay faltando.
Falt' ó dia, e noit' escura
Vaixa, vaixa, pouc' á pouco,
Por montañas de verdura.
De verdur' e de follaxe,
Salpicada de fontiñas
Vaixo á sombra do ramaxe.
Do ramaxe donde cantan
Paxariños piadores,
Que c' á aurora se levantan.
Que c' á noite s' adormecen
Para que canten os grilos
Que c' as sombras aparecen.
Cada estrela, o seu diamante;
ResponderEliminarCada nube, branca pruma,
Trist' á lua marcha diante.
Diante marcha crarexando
Veigas, prados, montes, rios,
Dond' ó dia vay faltando.
Falt' ó dia, e noit' escura
Vaixa, vaixa, pouc' á pouco,
Por montañas de verdura.
Nasin cand' as prantas nasen,
ResponderEliminarNo mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro crabo me encrabaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C' unha chave par' ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.
Asi mó pediron
ResponderEliminarNa veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.
Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.
Cantaban os grilos,
Os galos cantaban,
O vento antr' as follas
Runxindo pasaba.
Campaban os prados,
Manaban as fontes,
Antr' erbas e viñas
Figueiras e robres.
Lugar mais hermoso
ResponderEliminarNon houbo na terra
Qu' aquel qu' eu miraba,
Qu' aquel que me dera.
Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara,
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!
Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.
D' espumas qu' o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.
De valles tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Qu' as penas se calman
No mais que con velos.
Qu' os anxeles neles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de niebras.
«Quixente tanto, meniña
ResponderEliminarTívenche tan grande amor,
Que para min eras lua,
Branca aurora e craro sol;
Augua limpa en fresca fonte,
Rosa do xardin de Dios,
Alentiño do meu peito,
Vida do meu corazon.»
Un repoludo gaiteiro
ResponderEliminarde pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío,
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e si na gaita sopraba,
era tan doce soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Canta si queres
ResponderEliminarNa lengua qu' eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.
Có son da gaitiña,
Có son da pandeira,
Che pido que cantes
Rapaza morena.
Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios.
Lugar mais hermoso
ResponderEliminarNon houbo na terra
Qu' aquel qu' eu miraba,
Qu' aquel que me dera.
Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara,
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!
Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.
D' espumas qu' o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.
De valles tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Qu' as penas se calman
No mais que con velos.
Qu' os anxeles neles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de niebras.
Tal com'as nubes
ResponderEliminarQu'impele o vento,
Y agora asombran, y agora alegran
Os espaços inmensos d'o ceo,
Así as ideas
Loucas qu'eu teño
As imaes de multiples formas
D'estranas feituras, de cores incertos,
Agora asombran,
Agora acraran,
O fondo sin fondo d'o meu pensamento.
Cando este cantar, poeta,
ResponderEliminarna lira xemendo entonas,
non sei o que por min pasa
que as lagrimiñas me afogan,
que ante de min cruzar vexo
a Virgen-mártir que invocas,
cos pes cravados de espiñas
cas mans cubertas de rosas.
En vano a gaita tocando
unha alborada de groria
sons polos aires espalla
que cán nas tembrantes ondas.
En vano baila contenta
nas eiras a turba louca,
que aqueles sons, tal me afrixen,
cousas tan tristes me contan,
que eu podo decirche:
Non canta, que chora.
ArribaAbajo-Meniña, ti a máis hermosa
ResponderEliminarque a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
Adios, ríos; adios, fontes;
ResponderEliminaradios, regatos pequenos;
odios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
ArribaAbajo-Cantan os galos pra o día;
ResponderEliminarérguete, meu bená e vaite.
-¿Como me hei de ir, queridiña;
como me hei de ir e deixarte?
Meniña, ti a máis hermosa
ResponderEliminarque a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas auguas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada.
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa,
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpa e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas...
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser da aurora
nunha cunchiña de nacra?
ArribaAbajo-Dios bendiga todo, nena;
ResponderEliminarrapaza, Dios che bendiga,
xa que te dou tan grasiosa,
xa que te dou tan feitiña,
que anque andiven moitas terras,
que anque andiven moitas vilas,
coma ti non vin ningunha
tan redonda e tan bonita.
¡Ben haia quen te pariu!
¡Ben haia, amén, quen te cría!
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
ResponderEliminaras campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!
Deixo amigos por estraños,
ResponderEliminardeixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Semellando leve gasa
ResponderEliminarque sotil o vento move,
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe.
Deixo amigos por estraños
ResponderEliminardeixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!..
Xunto dela os paxariños
ResponderEliminargorgorexan que é un contento;
faille festiñas o vento
cos seus hirmáns os airiños.
Os pastores, coitadiños,
cántanlle o doce a... la... lala...,
que lengua de amores fala.
Acolá enriba
ResponderEliminarna fresca montaña,
que alegre se crobe
de verde retama,
meniña morena
de branco vestida,
nubiña parece
no monte perdida,
que xira, que corre,
que torna, que pasa,
que rola e, mainiña,
serena se para.
Levaime, levaime, airiños,
ResponderEliminarlevaime a donde me esperan
unha nai que por min chora,
un pai que sin min n'alenta,
un irmán por quen daría
a sangre das miñas venas,
e un amoriño a quen alma
e vida lle prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morrerei de tristeza,
soia nunha terra estraña,
donde estraña me alomean,
donde todo canto miro
tomo me dice: «¡Extranxeira!»
«Has de cantar,
ResponderEliminarmeniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.
Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.
Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces,
¡que ricas que saben!
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro.
Miña terra, miña terra,
ResponderEliminarterra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
Que os amores xa fuxiron,
ResponderEliminaras soidades viñeron...
de pena me consumiron.
Ti falarás de amores
ResponderEliminarcousiñas ben faladas;
ti loitarás cas nenas
como ningún loitara;
ti beberás do mosto
hastra quedar sin fala,
pero cos teus sudores
mollar a terra ingrata...
Castellanos de Castilla,
ResponderEliminartratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando véná vén como negros.
Cando foi, iba sorrindo;
cando veu, viña morrendo
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.
Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo...
¡Castellanos, castellanos,
tendes corazón de ferro!
Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborrezo,
que antes os gallegos morran
que ir a pedirvos sustento.
Pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que si amargo pan vos ganan,
dádesllo envolto en veneno.
Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos como negros.
Que Castilla e castellanos,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.
En verdad non hai, Castilla,
nada como ti tan feio,
que aínda mellor que Castilla,
valera decir inferno.
¡Castellanos de Castilla,
tendes corazón de aceiro,
alma como as penas dura,
e sin entrañas o peito!
Pasan naquesta vida
ResponderEliminarcousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
¡Pero vaia!
Que no meu entender te acomparo,
ResponderEliminaró mesiño de marzo marzal:
Pola mañán, cariña de rosas;
pola tarde, cara de can.
¡Mala xuntanza
facemos! ¡¡Ai!!
Como chove miudiño,
ResponderEliminarcomo miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
¡Como chove miudiño
polas veigas de Campaña!
¡Cal se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
¡Como a Ponte en sol se baña!
-Ña muller, pilla esa roca
ResponderEliminare déixate de ir á misa,
pensa que non tés camisa
e fía unha mazaroca.
-Luns das almas, meu homiño,
déixame garda-lo día;
se eu fiare, ¿que diría
no outro mundo meu paiciño?
Pois... martes de San Antonio
tampouco hei de traballare,
pra que o santo me librare
das tentazós do demonio.
Miércoles... ¡Non digo eu!
O home de Nosa Señora,
San Xusé... de fiar hora
non me quisera no ceu.
¡E xueves...! N-hai que falar:
¡Santísimo Sacramento!
Con todo comedimento
o dia che hei de gardar.
¡I o viernes! ¿Recordazón
da agonía de Xesús?
Pasareino ó pé da crus,
maxinando na Pasión.
E ti, benaventurado
sábado da Virxen santa,
quen túa festa crebanta
debe estar excomungado.
Mais, dende as doce hastra a unha
antre o sábado e o domingo,
tráeme acá esa roca, Mingo,
que esa n-é falta ningunha.
¡Se viras como o resío
me entra por antre os farrapos!
Acóchame co ese trapos,
que estou tembrando de frío.
-Non vexo trapos nin toldo
con que te poida tapare,
arrímate o pé do lare
ou métete antre o rescoldo.
-Seica teño calentura...
¡Bruu!, seica vou morrere.
-Non te afrixas, ña mullere,
que che irei cata-lo cura.
-Mais quisera un cubirtore;
sinto callofríos... tantos...
-Pois que te cochen os santos,
que n-hai cuberta millore.
Folgaches noites e dias
só por ilos a bicare,
e débenche hora cochare
nas túas postrimeirías.
Deste modo Xan sin Terra
coa súa muller falaba,
cando ven que se quedaba,
¡malpocado!, feita terra;
e cuns codesos tapándolle
o triste coiro desnudo,
díxolle entonces (eu dudo
si chorando, si cantándolle):
Ei ti, miña gardadora
dos días santos e das festas,
¡como che relosen hora
as carnes por antre as xestas!
Adios, ríos; adios, fontes;
ResponderEliminaradios, regatos pequenos;
odios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos
Cal se deita, cal se esconde,
ResponderEliminarmentras tanto corre a lúa
sin saberse para donde.
¡Castellanos de Castilla,
ResponderEliminartendes corazón de aceiro,
alma como as penas dura,
e sin entrañas o peito!
«Has de cantar,
ResponderEliminarmeniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.
ArribaAbajo-Dios bendiga todo, nena;
ResponderEliminarrapaza, Dios che bendiga,
xa que te dou tan grasiosa,
xa que te dou tan feitiña,
que anque andiven moitas terras,
que anque andiven moitas vilas,
coma ti non vin ningunha
tan redonda e tan bonita.
¡Ben haia quen te pariu!
¡Ben haia, amén, quen te cría!
Sempre pola vila entraba
ResponderEliminarcon aquel de señorío,
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e si na gaita sopraba,
era tan doce soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Canta, meniña,
ResponderEliminarna veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.
Elas tocan pra que rece;
ResponderEliminareu non rezo, que os saloucos,
afogándome parece
que por min tén que rezar.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
E ti, rapás garrido,
ResponderEliminarde tan melosas falas,
tan majo de monteira,
tan rico de polainas,
tan fino de calzado
como de mans fidalgas,
cando me dis que gustas
de traballar na braña,
non che digo nada...
¡Pero vaia!
Ven a noite..., morre o día,
ResponderEliminaras campanas tocan lonxe
o tocar da Ave María.
Castellanos de Castilla,
ResponderEliminartratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando véná vén como negros.
¡Sempre malla que te malla
ResponderEliminarenchendo a cunca!
I é que o que o demo traballa,
acabará tarde ou nunca
¡Como a triste branca nube
ResponderEliminartruba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!
ArribaAbajoCastellanos de Castilla,
ResponderEliminartratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando véná vén como negros.
-Cando foi, iba sorrindo;
cando veu, viña morrendo
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.
Mais tantas cousas vexo
ResponderEliminarque me parecen trampa;
tanto sol entre nubes
e tan revoltas auguas
que asemellarse intentan
a unha fontiña crara,
que por non perder tempo
donde non quito racha,
non che digo nada...
¡Pero vaia!
Canta, meniña,
ResponderEliminarna veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote
Papiñas con leite
ResponderEliminartamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
-Pois si vós foras pitiño,
dígovos, mina velliña,
que dese mal non morreras,
que chiar ben chiarías.
Colleume a noite,
noite brillante,
cunha luniña
feitas de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
solo elas saben.