por Clara Souto e Luis Ángel Bran (2º ESO)
Nesta Unidade Didáctica de Naturais estamos traballando a estructura dos ecosistemas, por iso o noso compañeiro Luis representou con un debuxo (preme para ampliar) a rede trófica dun monte calquera da comarca da Ulloa.
Vemos como os productores son as xestas, as ortigas, as herbas, os musgos e os fungos. Os consumidores primarios son os teixugos, os xabaríns, as lebres e os saltóns. Os consumidores secundarios son os corvos, as curuxas e as serpes. E por último os consumidores terciarios son o lobo e a águia.
O lobo, un consumidor terciario, aliméntase dos teixugos os cales consumen xestas, ortigas e herba. Aliméntase tamen das lebres, e estas tamén consumen xestas, ortigas, herba, fungos e musgo. O lobo, tamén se alimenta das serpes, e estas comen aos teixugos e as lebres. E por último o lobo come os xabaríns que estes aliméntanse de xestas, ortigas, herba e musgo.
A águia, unha consumidora terciaria, aliméntase de corvos os cales cazan saltóns. Os saltóns consumen herba, xestas e ortigas. Tamén a águia, aliméntase de curuxas que come lebres e teixugos.
O equilibro do ecosistema representado nesta rede trófica é mais delicado do que parece. Depende de nós que estes ecosistemas sigan así.
Coidemos o noso monte!
![]() |
Rede Trófica dos Montes da Ulloa - Luis Ángel Bran |
Noraboa polo traballo, rapaces.
ResponderEliminarGrazas a vós puidemos aprender cousas sobre os nosos montes (: