14 de feb. de 2013

Xogando con Kaprekar

por Florencia Hornos (2º da ESO)

O número 6174 é coñecido como a Constante de Kaprekar ou a Operación de Kaprekar na honra do seu descubridor o matemático indio D.R. Kaprekar. Este número ten unha interesante propiedade, se seguimos estes pasos:

1. Escoller calquera número de 4 díxitos (agás 1111, 2222, ...)

2. Ordear os 4 díxitos en orde ascendente para obter o minuendo dunha resta.

3. Ordear os 4 díxitos en orde descendente para obter o substraendo da mesma resta.

4. Calcular a diferenza entre os números obtidos.

5. Se o resto non é igual a 6174 repetir os pasos anteriores, engadindo ceros necesarios para completar os catro díxitos.

Esta operación repetida varias veces (non máis de 7!) termina no 6174 xa que se repetimos queda 7641-1467=6174.

Para xogar un pouco con esta propiedade na clase escollimos tres números: 

- 1422 suxerido por Richard.
- 3605 suxerido por Adrián V.
- 1963  suxerido por Paula.

Este foi o resultado:


 

4 comentarios:

  1. Parabéns Florencia, sigue así.

    ResponderEliminar
  2. Andrea L. (2ºE.S.O)13:13:00, 19 de mar. de 2013

    Parabéns pola entrada! Nunca está de máis saber algo novo do mundo dos números. =)

    ResponderEliminar
  3. Parabéns por este traballo Florencia, gustoume moito!

    ResponderEliminar
  4. Andrea Ayaso 2º ESO13:15:00, 19 de mar. de 2013

    Gustoume moito a entrada Florencia, fixéchelo xenial.

    ResponderEliminar