22 de feb. de 2013

Ecosistemas con GIMP e códigos QR

Traballo realizado polo alumnado de 2º da ESO

 O traballo que presentamos foi realizado polo alumnado de 2º de ESO coa aplicación informática GIMP. Trátase dun sistema de edición dixital da imaxes que permite o tratamento utilizando a técnica de capas. É, ademais, un software libre e gratuito instalado en todos os equipos do Proxecto Abalar.

Cada parella tiña asignado un ecosistema. Procuraron unha imaxe de fondo en internet e foron acrecentando os elementos máis característicos establecendo entre eles as relacións bióticas correspondentes. Para lle dar homoxeneidade ao traballo e incorporar elementos innovadores, engadíronse códigos QR de texto, substitutivos de títulos e sinaturas, que identifican o ecosistema e os autores/as da composición.

Finalmente o traballo foi presentado coa axuda da Pizarra Dixital Interactiva en clase e exposto nos corredores do instituto.

Para a avaliación tivéronse en conta aspectos técnicos e curriculares. Valorouse o acabado final, a orixinalidade, a incorporación de filtros e outros retoques, uso de escalas, perspectivas e simetrías, etc...En cada composición debían estar presentes relacións bióticas entre os elementos incorporados, e na presentación se debía detallar as características climáticas, ambientais, xeográficas, ... do ecosistema e a  pirámide trófica correspondente, con presenza de individuos de cada nivel trófico.

   

O traballo complétase co seguinite exercicio a desenvolver nos comentarios:

Exercicio: A partir das presentacións realizadas polos teus compañeiros/as, elabora unha frase que recolla algún aspecto técnico ou algunha característica dos ecosistemas estudados.

56 comentarios:

  1. No ecosistema de rios e regatos as gaivotas comen aos peixes.

    ResponderEliminar
  2. Xeila Vázquez (2º de ESO)13:46:00, 22 de feb. de 2013

    Nun escosistema desértico as temperaturas son extemas e a escasez de alimentos fan que non haxa vida humana

    ResponderEliminar
  3. Unha característica principal dos lugares desértico-polar é a súa temperatura media máis cálida, -10º.

    ResponderEliminar
  4. O ecosistema do deserto ártico caracterizase polas temperaturas extremas.

    ResponderEliminar
  5. Andrea L. (2ºE.S.O)13:48:00, 22 de feb. de 2013

    O Deserto Ártico cubre case 90 millóns cadrados do planeta, aínda que isto disminuíu notablemente polo efecto invernadoiro.

    ResponderEliminar
  6. Xeila Vázquez (2º de ESO)13:48:00, 22 de feb. de 2013

    Nos bosques ecuatoriais pódense atopar ábores que chegan a medir asta 20 metros de altura!

    ResponderEliminar
  7. No ecosistema desértico ártico non é posible a vida humana debido ao seu extremo clima.

    ResponderEliminar
  8. Nos ecosistemas dos bosques meditérraneos, os lobos(súperdepredadores) soen atacar aos seres máis débiles ous aos enfermos.

    ResponderEliminar
  9. Iván vázquez Casanova13:50:00, 22 de feb. de 2013

    Neste ecosistema ecuatorial abitan moitas especies gracias a o seu clima.

    ResponderEliminar
  10. As plantas que predominan na sabana son: as gramíneas mesturadas cunhas poucas árbores.

    ResponderEliminar
  11. No ecosistema de bosque caducifolio danse os climas típicos de Galicia.

    ResponderEliminar
  12. Andrea L. (2ºE.S.O)13:50:00, 22 de feb. de 2013

    O bosque caducifolio poderíase traducir como o bosque propio de Galicia.

    ResponderEliminar
  13. Os ecosistemas de lagos encóntranse nas desembocaduras dos ríos.

    ResponderEliminar
  14. No deserto polar hai poucas redes tróficas, porque hai poucas especies.

    ResponderEliminar
  15. O bosque Mediterráneo caracterízase polo seu clima xa que hai moita diferenza entre o veŕan eo inverno

    ResponderEliminar
  16. No ecosistema de bosques en repoboación so hai dous consumidores secundarios: o raposo e a curuxa que comen a maioría dos primarios, por exemplo: o raposo come ao coello e ao corzo, principalmente, e a curuxa a ao rato.

    ResponderEliminar
  17. As vívoras do deséto cálido escóndense debaixo da area para que as súas presas non as avisten e así poder cazalas para almentarse.

    ResponderEliminar
  18. As plantas do deserto non precisan moita agua, xa que se adecuaron ao clima extremo do seu ecosistema.

    ResponderEliminar
  19. No deserto ártico hai varias relacións tróficas;unha delas é a do lobo que come o cervo.

    ResponderEliminar
  20. Iván vázquez Casanova13:52:00, 22 de feb. de 2013

    No ecosistema deseroto calido podemos apreciar que as pranta que habitan alí non necesitan moita auga.

    ResponderEliminar
  21. No bosque Tropical nas zonas que están máis lonxe do Ecuador é máis largo o periodo seco.

    ResponderEliminar
  22. No ecosistema da estepa asiática viven moitos cabalos.

    ResponderEliminar
  23. Adrián R. (2º ESO)13:53:00, 22 de feb. de 2013

    No bosque caducifolio o lobo é o máximo depredador.

    ResponderEliminar
  24. O bosque tropical esta húmido case todo o ano.

    ResponderEliminar
  25. Richard Teixeira(2º ESO)13:53:00, 22 de feb. de 2013

    No deserto calido hai prantas que nacesitan pouca auga

    ResponderEliminar
  26. Nas rexións tropicais e subtropicais hai unha época seca e outra húmida de pouca duración.

    ResponderEliminar
  27. Nos ecosistemas de lagos e marismas hai gran cantidade de alimento polo que hai moitos animais.

    ResponderEliminar
  28. Nas dunas hay pouca variedade de seres vivos, os mais
    abundantes son as aves

    ResponderEliminar
  29. Os bosques de repoboación soen estar constituídos por eucaliptos e outras árbores non autóctonas.

    ResponderEliminar
  30. Existen poucas especies de animais y plantas por que hay temperaturas extremas que hay en los desertos articos.

    ResponderEliminar
  31. Nas dunas de Galiza danse climas temperados.

    ResponderEliminar
  32. No deserto ártico a temperatura máis cálida ao mes e de -10 graos.

    ResponderEliminar
  33. Dependendo das precipitacións e das mareas, as marismas poden ser de auga doce ou salgada.

    ResponderEliminar
  34. Os bosques de repoboación atopanse preto de ríos.

    ResponderEliminar
  35. A temperatura do bosque de repoboación está entre os 5 e os 15 graos no inverno e no outono, e no verán e na primavera está entre os 15 e os 30 graos.

    ResponderEliminar
  36. A sabana é unha rexión de relevo plano,que ten como vexetación predominante as gramíneas,mesturadas con algunhas árbores a arbustos isolados.

    ResponderEliminar
  37. Hay unha duna protexida en Galicia.Extraordinario¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  38. Os cardos mariños son comúns nas dunas galegas e non se recomendan tocar porque teñen numerosas púas.

    ResponderEliminar
  39. Adrián R. (2º ESO)13:56:00, 22 de feb. de 2013

    A estepa asiática ten unha relación de mutualismo entre os búfalos e os paxaros.

    ResponderEliminar
  40. O espazo das Dunas está protexido e está proposto para a "Red Natura".

    ResponderEliminar
  41. Na sabana hay unha longa duración de clima seco.

    ResponderEliminar
  42. No ecosistema do bosque ecuatorial conviven indefinidas especies tanto animais como vexetais.

    ResponderEliminar
  43. Os bosques tropicais só ocupan un 2% do planeta.

    ResponderEliminar
  44. Nos bosques en repoboación,os eucaliptos,poboan a maioría dos montes de galicia maila a non ser árbores propiamente de galicia.

    ResponderEliminar
  45. Na estepa asiática as marmotas deben estar alerta para que o lince non as debore

    ResponderEliminar
  46. Nos desertos calidos hai cambios de temperatura bruscos

    ResponderEliminar
  47. No ecosistema do bosque de repoboación o raposo(cosumidor secundario) intenta comer as lebres(consumidor primario) pero as lebres, que teñen un oído fino, escoitano e fuxen.

    ResponderEliminar
  48. Os babuinos vivaen na sabana

    ResponderEliminar
  49. No ecosistema do Bosque Ecuatorial o bambú son prantas

    ResponderEliminar
  50. Nas estepas asiáticas, os búfalos e os cabalos(consumidores primarios) comen a herba, polo tanto, hai unha relación biótica.

    ResponderEliminar
  51. Richard Teixeira(2º ESO)13:58:00, 22 de feb. de 2013

    Na sabana os paxaros chamados renita verdilla alimentanse dos microbios que hai nos bufalos.

    ResponderEliminar
  52. No deserto cálido nunca se poden atopar un camello e un canguro xuntos.

    ResponderEliminar
  53. No bosque mediterráneo o lobo observa os xabarís.

    ResponderEliminar
  54. As sabanas teñen unha terra moi fértil e só teñen dúas estaciós

    ResponderEliminar
  55. Adrián R. (2º ESO)13:58:00, 22 de feb. de 2013

    No bosque mediterráneo, as precipitacións son moi irregulares e de corta duración.

    ResponderEliminar
  56. No ecosistema da sabana hai pouca auga devido ás elevadas temperaturas.

    ResponderEliminar