por Verónica Pardo (1º da ESO)
Comentábase que este ano foi o mais chuvioso dende xa hai tempo. A xente xa se empezaba a cansar de ter que andar co paraugas todo o día. A choiva ademais de nos estar cansados dela, produciu destragos. Por exemplo, botouse a perder a colleita de cereixas de cedo e así con moitas máis cousas pero tamén se desbordaron moitos ríos provocando a inundación de moitos baixos de negocios cerca do cauce dos ríos.
Pero é tamén algo beneficioso porque os encoros están case ou sen o case ao 100% da súa capacidade cando un tempo atrás estábase a falar de fraccionar o consumo de auga por mor da seca. Eu estiven facendo un estudo meteorolóxico:
Como xa fixeramos nun traballo anterior, tomei os datos da estación de Melide (a máis cercana a Palas) da web de MeteoGalicia. A estación comezou a traballar no 2004, así que só teño datos dende ese ano. Comparei a choiva (l/m2) nos primeiros 100 días do ano en todos eses anos. Fixen unha táboa:
Observando a táboa podemos ver que dos anos 2004 ata o ano 2013 o que máis choveu foi o 2013. En xaneiro, como podemos observar non chegou nunca a 200 litros por metro cadrado, agás este ano. En febreiro, hai uns meses case non chove e outros que xa están tocando os 200 l por metro cadrado. En marzo deste ano foi o mes que máis choveu con moitísima diferenza. Así se desboradaron os ríos!. En abril choveu moito, aínda que bastante menos que o ano pasado.
O gráfico é o seguinte:
Esperemos que tanta chuvia nos dé un respiro no que queda de ano!
Vero, encantoume o teu traballo!
ResponderEliminarMoi ben realizado o teu traballo, parabéns.
ResponderEliminarMoi bo traballo,prabéns Verónica.
ResponderEliminarEncantoume parabens Veronica;)
ResponderEliminarQuedouche moi ben parabéns
ResponderEliminarChuvia e máis chuvia. Parabéns Vero, boísimo traballo.
ResponderEliminar