8 de maio de 2013

As Leitugas máis Ecolóxicas

por Alba Vizcaíno (1º ESO)

A leituga é un alimento ideal para acompañar a unha carne ou a un peixe. Tamén  podemos engadirlle outros alimentos, e facer unha ensalada mixta, propia para unha cea lixeira.

Pero antes de tela no prato ten que pasar unha serie de procesos para que sexa unha leituga grande e saborosa:

Primeiro dentro das leitugas, encontramos varios tipos:

A chamada Escarola, que é unha leituga de inverno moito máis dura que as outras para así aguantar o frío sen se estragar.

Despois hai unhas máis tenras para principios da primavera. Estas son as chamadas Reinas de Maio, son moi brandiñas, pero ao vir a calor espigan axiña e xa non valen para comer.

Para o verán a máis axeitada é a chamada Marabilla de Verán é un pouco máis dura que a anterior, pero aguanta a calor do verán tardando moito en espigar.

 

Para obter unhas boas leitugas o mellor e coller sempre a semente da casa:
Cando cortamos unha leituga o anaco de cano tapámolo cun pouco  de terra, así deste cano van saíndo uns fillos que logo van botar unha flor e, nesas flores, está a semente. Temos que deixala secar ben. Logo collémola e gardámola para desfacerlle as flores á hora de sementar.

Unha cousa moi importante é ter ben abonada e traballada antes de facer o sementeiro. O mellor é abonar e traballar a terra uns meses antes para que o abono este ben curtido e a terra esté boa de debasar. Un bo abono para as leitugas é o esterco dos becerros, vacas coellos, etc..... e nada de abonos químicos, xa que ao final son malos para a nosa saúde.

A sementeira podemos facerlla a primeiros de abril, xa que moito antes fai mal tempo e non nacerían as leitugas. O primeiro que temos que facer e volver a mover a terra onde queiramos sementar. Despois deixámola máis ou menos chá e sementamos, logo de botar a semente temos que botarlle mesmo coas mans un pouco de terra por encima, pero pouca non poden taparse como se fosen as patacas.

Xa por último o mais conveniente é tapalas cun plástico transparente para protexelas do frío das noites, tamén o plástico gárdalles a calor do Sol do día e brotan mais axiña.


Cando xa son un pouco grandes, xa valen para transplantar e temos que ir arrareando nelas por onde mais xuntas están. Trasplantámolas para outra terra deixándolles un pouco de separación entra unha e outra para que teñan sitio para medrar. Xa transplantadas, debemos regalas todos os días, sobre todo se fai moita calor. Sempre  é mellor regalas pola mañá que á noite xa qu pola noite pode xear ou facer néboa e ao estar molladas quéimanse.

Pasada unha semana, cando xa vemos que están prendidas, temos que moverlles a terra a todas elas para desapretalas e romper a capa dura que formou por arriba a terra ao regar.

Se seguimos estes pequenos consellos, obteremos unhas leitugas grandes e saborosas para comer.


9 comentarios:

  1. Moy bo traballo sigue asi

    ResponderEliminar
  2. si si un traballo escelente

    ResponderEliminar
  3. Bo traballo Alba, gustoume sobre todo a túa maneira de redactar o texto, felicidades.

    ResponderEliminar
  4. Alba encántoume o teu traballo!Parabéns!

    ResponderEliminar
  5. Rocío Pérez (1ºESO)09:02:00, 27 de maio de 2013

    Alba noraboa!!! Moi bon traballo.

    ResponderEliminar
  6. javier (1º da E.S.O)09:03:00, 27 de maio de 2013

    Moi bo traballo, xa sei que leitugas coller.

    ResponderEliminar
  7. Alba excelente , encantoume

    ResponderEliminar
  8. noelia e verónica 1º de eso09:04:00, 27 de maio de 2013

    Alba unha boa lección para as persoas da cidade, se queren plantar leitugas que lean o teu traballo. Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  9. Meritxell (1º ESO)09:05:00, 27 de maio de 2013

    moi orixinal o traballo, parabèns

    ResponderEliminar