por José Carballal (1º da ESO)
O gasóleo B tamén denominando gasóleo agrícola, é un líquido de cor branco e verdoso e de densidade sobre 832 kg/m3 utilizado nos motores diesel de maquinaria agrícola e industrial e na calefacción. Eu aos tractores sempre lles boto deutz turbodiesel 15w40 que tamén serve para coches pero non vale para hidráulicos. Os prezos subiron ultimamente e aínda que está subvencionado para traer 1000 litros de gasoil fáiseche pouco. Un tractor non é un coche.
Hai alternativas como o biodiesel que é un líquido feito por graxa de animais e plantas. Pódese facer na casa seguindo unhos pasos:
- Mesturas unha garrafa con aceite das patacas fritidas cunha garrafa con metoxido.
- Axítalo durante unha hora.
- Cunha mangueira pequena extraemos o líquido para outro recipiente limpo e no fondo queda a glicerina porque é máis densa.
- No frasco, coa glicerina, tamén queda metanol, xabóns e o catalizador (hidróxido potásico). Isto é un "residuo" da fabricación de BIODIESEL, e aínda que teña utilidades, non o necesitaremos. Con este residuo oscuro e denso podes facer un bon xabón.
- Despois pásalo para outro frasco e de aí ao coche. Pero os coches de antes do 1998 hai que lles cambiar os manguitos de caucho porque o biodiesel estrágao e habería que cambialos por outros de viton ou felton.
![]() |
Biodiesel Caseiro |
Moi bo traballo Jose, e gracias pola receta, asi aforrome de irlle botar tanto gasoil ao meu John Deere.jaja...
ResponderEliminar