6 de maio de 2013

100 días con Chuzos de Punta

por Verónica Pardo (1º da ESO)

Comentábase que este ano foi o mais chuvioso dende xa hai tempo. A xente xa se empezaba a cansar de ter que andar co paraugas todo o día. A choiva ademais de nos estar cansados dela, produciu destragos. Por exemplo, botouse a perder a colleita de cereixas de cedo e así con moitas máis cousas pero tamén se desbordaron moitos ríos provocando a inundación de moitos baixos de negocios cerca do cauce dos ríos.

Pero é tamén algo beneficioso porque os encoros están case ou sen o case ao 100% da súa capacidade cando un tempo atrás estábase a falar de fraccionar o consumo de auga por mor da seca. Eu estiven facendo un estudo meteorolóxico:

Como xa fixeramos nun traballo anterior, tomei os datos da estación de Melide (a máis cercana a Palas) da web de MeteoGalicia. A estación comezou a traballar no 2004, así que só teño datos dende ese ano. Comparei a choiva (l/m2) nos primeiros 100 días do ano en todos eses anos. Fixen unha táboa:


Observando a táboa  podemos ver que dos anos 2004 ata o ano 2013 o que máis choveu foi o 2013. En xaneiro, como podemos observar non chegou nunca a 200 litros por metro cadrado, agás este ano. En febreiro, hai uns meses case non chove e outros que xa están tocando os 200 l  por metro cadrado. En marzo deste ano foi o mes que máis choveu con moitísima diferenza. Así se desboradaron os ríos!. En  abril choveu moito, aínda que bastante menos que o ano pasado.

O gráfico é o seguinte:


Esperemos que tanta chuvia nos dé un respiro no que queda de ano!

6 comentarios:

  1. Vero, encantoume o teu traballo!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben realizado o teu traballo, parabéns.

    ResponderEliminar
  3. Moi bo traballo,prabéns Verónica.

    ResponderEliminar
  4. Encantoume parabens Veronica;)

    ResponderEliminar
  5. Quedouche moi ben parabéns

    ResponderEliminar
  6. Rocío Pérez (1ºESO)27 de maio de 2013, 09:08:00

    Chuvia e máis chuvia. Parabéns Vero, boísimo traballo.

    ResponderEliminar