3 de feb. de 2013

A Terra contra o Asteroide Apofis

por Iría (1º ESO)

 O asteroide que se supoñía que ía ameazar á Terra batendo co noso planeta no 2036 é maior do que se cría. Segundo datos que obtiveron algúns astrónomos que o seguen, o asteroide Apofis tería un diámetro de 270 metros e o seu tamaño é equivalente a 3 campos e medio de fútbol. A precisión é maior que as medidas que se tomaron no ano 2004.

Os astrónomos que fan o seguemento vírono pasar o xoves 10 de xaneiro, achegouse a 14,5 millóns de kilómetros do planeta Terra, a décima parte da distancia que hai entre o Sol e a Terra.

Se eu fora presidenta da NASA e tivera que deseñar un plan para que o asteroide Apofis non chocase contra o planeta Terra faría o seguinte. Aquí volo expoño para que vexades:

Din que o asteroide vai chocar no 2036, non? Pois eu construiría un super-cañon para desvialo da súa traxectoria. Trataríase dun cañón cun diámetro de máis de 350 metros de longo, que tería dentro máis de quince millóns de botes de pintura branca para que coa pintura se cubrira toda a superficie do asteroide. Deste xeito a luz solar faría que se desviara salvando millóns de vidas humanas. Ao lado do cañón eu construiría un mecanismo con moitas funcionalidades para controlar tanto o cañón como a pintura branca. Ademais crearía moitos postos de traballo tendo en conta que serían moitísimos mecanismos. A Terra quedaría a salvo.




13 comentarios:

  1. Meritxell de 1º ESO6 de feb. de 2013, 09:46:00

    fixechelo moi ben, eu no teu lugar tamèn imaxinaria que volvera no ano pois no 2020 que farias nese caso?

    ResponderEliminar
  2. esta ben Iria, se che digo a verdade eu faceria un cañon con dinamita e cando veña Apofis lanzarlle dinamita a ta destruilo!

    ResponderEliminar
  3. Iria está increíble este artículo.e impresionante.Pero cando vas facer o artefacto?

    ResponderEliminar
  4. verónica (1º eso)7 de feb. de 2013, 12:27:00

    moi ben gustoume moito o teu texto eu tamén o faria así.

    ResponderEliminar
  5. Iria o traballo está moi ben, pero que lle faría a pintura blanca o asteroide?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. pois que o disviaría da traxectoria!

      Eliminar
  6. Rocio B. (1º E.S.O.)7 de feb. de 2013, 12:34:00

    Iria esta estumendo pero aunque seña unha pregunta tonta por q se chama apofis e non outro nome calquera ? De onde ven ese nome ?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. non sei e que se te acordas na clase o nome xa o tiña posto,pero non sei por que

      Eliminar
  7. javier (1º da E.S.O)19 de mar. de 2013, 10:00:00

    Un artigo incrible.Felicítote.

    ResponderEliminar