29 de maio de 2013

O Gasóleo Agrícola e o Biodiesel

por José Carballal (1º da ESO)


O gasóleo B tamén denominando gasóleo agrícola, é un líquido de cor branco e verdoso e de densidade sobre 832 kg/m3 utilizado nos motores diesel de maquinaria agrícola e industrial e na calefacción. Eu aos  tractores sempre lles boto deutz turbodiesel 15w40 que tamén serve para coches pero non vale para hidráulicos. Os prezos subiron ultimamente e aínda que está subvencionado para traer 1000 litros de gasoil fáiseche pouco. Un tractor non é un coche.

Hai alternativas como o biodiesel que é un líquido feito por graxa de animais e plantas. Pódese facer na casa seguindo unhos pasos:

  • Mesturas unha garrafa con aceite das patacas fritidas cunha garrafa con metoxido.
  • Axítalo durante unha hora.
  • Cunha mangueira pequena extraemos o líquido para outro recipiente limpo e no fondo queda a glicerina porque é máis densa.
  • No frasco, coa glicerina, tamén queda metanol, xabóns e o catalizador (hidróxido potásico). Isto é un "residuo" da fabricación de BIODIESEL, e aínda que teña utilidades, non o necesitaremos. Con este residuo oscuro e denso podes facer un bon xabón.
  • Despois pásalo para outro frasco e de aí ao coche. Pero os coches de antes do 1998 hai que lles cambiar os manguitos de caucho porque o biodiesel  estrágao e habería que cambialos por outros de viton ou felton. 

http://www.malditoinsolente.com/imagenes/zonap/manual/b/biodiesel_002.jpg
Biodiesel Caseiro

1 comentario:

  1. Moi bo traballo Jose, e gracias pola receta, asi aforrome de irlle botar tanto gasoil ao meu John Deere.jaja...

    ResponderEliminar