por Alba Vizcaíno (1º ESO)
A leituga é un alimento ideal para acompañar a unha carne ou a un peixe. Tamén podemos engadirlle outros alimentos, e facer unha ensalada mixta, propia para unha cea lixeira.
Pero antes de tela no prato ten que pasar unha serie de procesos para que sexa unha leituga grande e saborosa:
Primeiro dentro das leitugas, encontramos varios tipos:
A chamada Escarola, que é unha leituga de inverno moito máis dura que as outras para así aguantar o frío sen se estragar.
Despois hai unhas máis tenras para principios da primavera. Estas son as chamadas Reinas de Maio, son moi brandiñas, pero ao vir a calor espigan axiña e xa non valen para comer.
Para o verán a máis axeitada é a chamada Marabilla de Verán é un pouco máis dura que a anterior, pero aguanta a calor do verán tardando moito en espigar.
Para obter unhas boas leitugas o mellor e coller sempre a semente da casa:
Cando cortamos unha leituga o anaco de cano tapámolo cun pouco de terra, así deste cano van saíndo uns fillos que logo van botar unha flor e, nesas flores, está a semente. Temos que deixala secar ben. Logo collémola e gardámola para desfacerlle as flores á hora de sementar.
Unha cousa moi importante é ter ben abonada e traballada antes de facer o sementeiro. O mellor é abonar e traballar a terra uns meses antes para que o abono este ben curtido e a terra esté boa de debasar. Un bo abono para as leitugas é o esterco dos becerros, vacas coellos, etc..... e nada de abonos químicos, xa que ao final son malos para a nosa saúde.
A sementeira podemos facerlla a primeiros de abril, xa que moito antes fai mal tempo e non nacerían as leitugas. O primeiro que temos que facer e volver a mover a terra onde queiramos sementar. Despois deixámola máis ou menos chá e sementamos, logo de botar a semente temos que botarlle mesmo coas mans un pouco de terra por encima, pero pouca non poden taparse como se fosen as patacas.
Xa por último o mais conveniente é tapalas cun plástico transparente para protexelas do frío das noites, tamén o plástico gárdalles a calor do Sol do día e brotan mais axiña.
Cando xa son un pouco grandes, xa valen para transplantar e temos que ir arrareando nelas por onde mais xuntas están. Trasplantámolas para outra terra deixándolles un pouco de separación entra unha e outra para que teñan sitio para medrar. Xa transplantadas, debemos regalas todos os días, sobre todo se fai moita calor. Sempre é mellor regalas pola mañá que á noite xa qu pola noite pode xear ou facer néboa e ao estar molladas quéimanse.
Pasada unha semana, cando xa vemos que están prendidas, temos que moverlles a terra a todas elas para desapretalas e romper a capa dura que formou por arriba a terra ao regar.
Se seguimos estes pequenos consellos, obteremos unhas leitugas grandes e saborosas para comer.
Moy bo traballo sigue asi
ResponderEliminarsi si un traballo escelente
ResponderEliminarBo traballo Alba, gustoume sobre todo a túa maneira de redactar o texto, felicidades.
ResponderEliminarAlba encántoume o teu traballo!Parabéns!
ResponderEliminarAlba noraboa!!! Moi bon traballo.
ResponderEliminarMoi bo traballo, xa sei que leitugas coller.
ResponderEliminarAlba excelente , encantoume
ResponderEliminarAlba unha boa lección para as persoas da cidade, se queren plantar leitugas que lean o teu traballo. Parabéns!!!
ResponderEliminarmoi orixinal o traballo, parabèns
ResponderEliminar