por Brais Figueroa (2º da ESO)
Great Internet Mersenne Prime Search (GIMPS, "Grande Busca en Internet de Primos de Mersenne") é un proxecto colaborativo de voluntarios para atopar números primos de Mersenne. George Woltman fundou o proxecto e escribiu os programas que son responsables da análise dos números de Mersenne.
O proxecto foi exitoso: en setembro de 2008 foron atopados un total de 12 números primos de Mersenne (46 coñecidos), cada un dos que, agás o último, foi o maior número primo coñecido ata a data do seu descubrimento.
Todos os números atopados son da forma Mn, equivalente a 2^n - 1, onde n é o expoñente.
O número primo recentemente atopado ten 17.425.170 cifras. Farían falta 13000 páxinas para mostrar o número enteiro, con unha letra de 12pt e sen espacio.
Este número descubriuno o Dr. Cooper , prolífico colaborador do GIMPS e profesor da Universidade Central de Missouri. O premio que lle deron foi de 3.000 dolares, uns 2.294 euros.
Empecei a escribir o número nun A4 apaisado (315mm). Colleron 63 díxitos e levoume 44 segundos.
Aplicando as regras de 3 vistas na clase, calculei o que me ocuparía escribilo e canto me levaría:
Empezaría a escribir en Palas, chegaría a Lugo e remataría de novo en Palas!
E levaríame 140 días escribindo as 24 horas do día!
Moi bo traballo compañeiro! Xa tiveches que ter paciencia para facer esto. Noraboa.
ResponderEliminarGran traballo Brais!!Un traballo díficil,que só ti poderías facer.Parabéns!!
ResponderEliminar