29/04/2013

Unha Plantación de Eucaliptos

por Javier Ouro (1º da ESO)


Para plantar eucaliptos primeiro hai que desbrozar unha finca e despois os regos débense facer en relación coas medidas da finca. No noso caso fixemos seis regos de 200m cada un.

O seguinte paso é mercar o abono, para que a pranta medre con maior rapidez. Conseguidos xa os eucaliptos procederíamos a plantalos nun período de tempo o máis curto posible, xa que o viren do invernadoiro secan moi rápido.

O custo dos mesmos é variable, dependendo da raza. No noso caso custaron 25 céntimos cada un e veñen en caixas de 40 que fan un total de 10€ cada caixa.

O malo que teñen os eucaliptos é que estragan o monte, porque absorben moita auga e non lle deixa auga para as demais plantas e secan. O eucalipto, pola miña terra empezouse a plantar hai uns 25 anos, pero sempre hai algún animal que estraga os eucaliptos novos, o máis común é o xabarín, que destroza o eucalipto e fai que teñas que poñer outra vez o que el estragou.

Para plantar eucaliptos hai que deixar unha marxe de 10 metros respecto a finca do lado porque senón múltante. Vas poñendo os eucaliptos, facendo os buratos cun pau de ferro e bótaslles o abono para que medren máis rápido, hai que deixar de separación de eucalipto a eucalipto tres metros. Tardarán 10 anos en medrar pero a espera vale a pena.

Despois dun ano revísalos e se teñen moita broza, hai que desbrozalos. O eucalipto agora mesmo véndese moito e por moito diñeiro.



2 comentarios:

  1. Noraboa polo traballo javier gustoume moito

    ResponderEliminar
  2. Parabéns por este traballo, Javier! Explicaches moi ben o proceso da plantación. Agora xa sei máis cousas sobre isto, noraboa.

    ResponderEliminar