30 de abr. de 2013

Terremotos en Galicia

por Adrián Rúa (2º ESO)

Na clase de Ciencias Naturais estamos dando o tema da dinámica interna do planeta e, un dos seus apartados son os terremotos.

Ollade o seguinte mapa que mostra a actividade sísmica en Galicia:

Como vemos, un dos lugares con máis sismos en Galicia é Triacastela (Lugo). Esta zona foi o epicentro de moitos sismos, pero preguntarédesvos, por qué precisamente este lugar?

Pois esta pregunta non ten unha resposta exacta, pero segundo uns datos recollidos entre os anos 1999 e 2002 din que a abundancia de sismos rexistrados en Triacastela débese a un marco tectónico situado no interior da codia terrestre, a pouca distancia da superficie.

O día 1 de xaneiro de 2013 produciuse un sismo que alcanzou unha intensidade de 3,4 graos, pero un dos máis importantes foi o ocurrido no ano 1997, que tivo unha intensidade de 5,1 graos.

Fóra de Galicia, tamén houbo importantes terremotos en España como o de Lorca (2011), que tivo unha intensidade de 5,1 graos e en Lisboa (1775), que é o terremoto máis destructivo da Península Ibérica, cunha intensidade de graos na escala de Richter (ver mapa).


4 comentarios:

  1. Andrea L. (2ºE.S.O)09:49:00, 6 de maio de 2013

    Non sabía que había tanto perigo de terremotos en Galicia. Moi ben elaborado, noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Rúa, segue así.

    ResponderEliminar
  3. Moi bo traballo para aprender algo máis sobre os terremotos.

    ResponderEliminar
  4. Andrea A.A (2º ESO)10:04:00, 6 de maio de 2013

    Excelente traballo compañeiro, parabéns!

    ResponderEliminar