2 de abr. de 2013

O Máis Grande Primo Coñecido

por Brais Figueroa (2º da ESO)

Great Internet Mersenne Prime Search (GIMPS, "Grande Busca en Internet de Primos de Mersenne") é un proxecto colaborativo de voluntarios para atopar números primos de Mersenne. George Woltman fundou o proxecto e escribiu os programas que son responsables da análise dos números de Mersenne.

O proxecto foi exitoso: en setembro de 2008 foron atopados un total de 12 números primos de Mersenne (46 coñecidos), cada un dos que, agás o último, foi o maior número primo coñecido ata a data do seu descubrimento.

Todos os números atopados son da forma Mn, equivalente a 2^n - 1, onde n é o expoñente.


O número primo recentemente atopado  ten 17.425.170 cifras. Farían falta 13000 páxinas para mostrar o número enteiro, con unha letra de 12pt e sen espacio.

Este número descubriuno o Dr. Cooper , prolífico colaborador do GIMPS e profesor da Universidade Central de Missouri. O premio que lle deron foi de 3.000 dolares, uns 2.294 euros.

Empecei a escribir o número nun A4 apaisado (315mm). Colleron 63 díxitos e levoume 44 segundos.


Aplicando as regras de 3 vistas na clase, calculei o que me ocuparía escribilo e canto me levaría:

Empezaría a escribir en Palas, chegaría a Lugo e remataría de novo en Palas!



E levaríame 140 días escribindo as 24 horas do día!

2 comentarios:

  1. Moi bo traballo compañeiro! Xa tiveches que ter paciencia para facer esto. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Adrián V.(2ºESO)13:17:00, 7 de maio de 2013

    Gran traballo Brais!!Un traballo díficil,que só ti poderías facer.Parabéns!!

    ResponderEliminar